Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Da man de Nordesía Producións

Uxía funde os sons da lusofonía nun novo traballo

Este venres 20 de xullo, ás 12.00, o Estudio Vale de Lobos en Sintra (Portugal) acolle a presentación do novo disco da cantante. Aquí podemos vela nunha actuación con artistas da lusofonía: João Afonso e Júlio Pereira.

Redacción - 21:00 19/07/2007



Uxía parte da tradición galega e ao tempo reinventa os sons da lusofonía, mesturando ritmos de todas as beiras do Atlántico, fusionando a esencia de Portugal, Brasil, Cabo Verde...

Este disco ten un recendo a océano en que conflúen tradicións, dende a soidade da Costa da Morte ao compás dos tambores de Cabo Verde. Nace do contacto con xentes e artistas de culturas afíns, e destila un único perfume que funde fado, alalá e morna.

Uxía embarcou neste proxecto a Paulo Borges, nativo das Azores que levou o temón e recolleu dende esa privilexiada situación os ventos musicais do Atlántico: o tamén açoriano Zeca Medeiros, as voces de Tito Paris e Sara Tavares, Júlio Pereira, Jon Luz, Guadi Galego, Manecas Costa, Ugia Pedreira, Quim Farinha, de Berrogüetto, Filipa Pais, Xabier Díaz, Santi Cribeiro, Eneida Marta, João Afonso, Anxo Pintos, Amélia Muge, Paulo de Carvalho, Rui Veloso, Sérgio Godinho... Todo gravado nos estudios Vale de Lobos, comandados por Rui Guerreiro, que neste venres acollen a estrea desta explosión de sons nunha audición.


4.89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: