O presidente do Goberno nega que a lingua sexa un problema e lembra que a norma foi aprobada por consenso.
O presidente da Xunta lembroulle este martes ao novo Valedor do Pobo, Benigno López, que “a pauta de conduta razoábel” que deben manter os responsábeis institucionais do pais é “apoiar e facer cumprir a Lei de Normalización Lingüística”.
En declaracións a Europa Press, Emilio Pérez Touriño dixo que “non debemos facer un problema co galego”, en referencia ás declaracións de Benigno López nas que dicía que era perigoso usar o noso idioma na Xustiza “se non se domina”. Segundo Touriño, “as cousas no tema do galego deberían estar claras”, pois está regulado por unha norma aprobada por consenso de todos os partidos.
O xefe do executivo dixo que a lei está “para se cumprir” e avogou por “aplicar e impulsar” o Plan de Normalización. A súa conclusión é que a lingua “nunca foi un problema en Galiza”, e pediu unha “pauta razoábel de conduta dos responsábeis institucionais”.
E quen ven sendo ese Touriño para dicirlle ó Valedor do Pobo (figura independente onde as haxa) que cumpra ou deixe de cumprir lei algunha?
Acaso o Valedor é o responsable de facer cumprir as leis?
Acaso o Valedor -por abrir a boca- imcumpiu algunha lei ?
Acaso o Consenso Parlamentario que o nomeou é papel mollado ?
Vaia país de enanos que temos:
agora nin siquera o Valedor do Pobo pode abrir a boca para falar con sentido dos 'perigos' que ten GOBERNAR POR DECRETOS!
Que eu saiba... a Lei de Normalización Lingüísica
NON IMPÓN A NIGUÉN A OBRIGA DE FALAR EN GALEGO!
Mentres co Decreto sí o fai... e ademáis sen pasar siquera pola transparencia e consenso que toda norma que afecta ós dereitos individuais dos cidadáns debera cumprir. Tal e como lle recordou o Consello Consultivo de Galicia á Sra.Conselleira de Educación, a mesma que hoxe na entrevista publicada por Vieiros negabase a dar o seu parecer sobre tal ditame: dicindo que só éra consultivo e non vinculante!!!
Pero aquí todo dios anda a meter o nariz en casa allea...
e así vainos lucir o pelo a todos de carallo (eu son calvo)!
Pois veña... que corra... que siga a bola...!!!
Erasmo:
Estatuto de Autonomia de Galicia
Artigo 5.3
Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e POTENCIARÁN o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
Eu (por outros motivos distintos dos teus) tampouco concordo com este estatuto, mas o Touriño esse, segundo creio, está obrigado a segui-lo. Tanto o Touriño esse coma o outro figura som ou representam a "poderes públicos".
Acho-te demasiado alterado. Que é o que te preocupa tanto?
Ai, ai Erasmo, e logo eiquí críticase o tipo por non falar galego, que menos que máis non o fala, ou polas súas ridículas opinións contra a normalización do galego na escola, xustiza ou medios audiovisuais, opinións que por certo van en contra dunha lei aprobada por unaminidade, e un decreto apoiado por case todo o Mundo, menos o PP a última hora, e uns tipos que nin asociación son, que se din chamar tan gallego como el gallego.
Vaia vaia estimado e activo Erasmo. Por fin nos desvelas algo interesante: estás coas estratexias españolistas de fenecemento do galego. Pasa ao seguinte chanzo home!: escrebe en español, total empregar o galego para que?
Pola outra banda a lei non obriga a falar e si a coñecer o galego, mais como cidadáns, como cargos público teñer o deber do coñecemento e do emprego cando exercen o cargo.
E amigo, máis que Erasmo es Maquiavelo ;-)
Hoxe no Faro de Vigo: "Touriño y BNG reprochan al Valedor sus palabras sobre el uso del gallego en la Justicia
PSOE y BNG han reaccionado ante las polémicas declaraciones del nuevo Valedor do Pobo, Benigno López, en las que cualificaba de "peligroso" el uso del gallego en el ámbito judicial si no se domina el idioma.
Redacción / SANTIAGO
PSOE y BNG han reaccionado ante las polémicas declaraciones del nuevo Valedor do Pobo, Benigno López, en las que cualificaba de "peligroso" el uso del gallego en el ámbito judicial si no se domina el idioma. El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, reprochó al nuevo Valedor que los responsables institucionales de la comunidad deben cumplir la Lei de Normalización Lingüística. El BNG, por su parte, se mostró más exigente, y pidió a Benigno López que rectifique sus "desafortunadas" declaraciones por el bien de su institución y de la propia acción de su cargo.
El jefe del Ejecutivo gallego aseguró que "el idioma nunca fue un problema en Galicia" y que "las cosas en el tema del gallego deberían estar claras, puesto que está regulado por una norma aprobada en el Parlamento gallego, que contó con el consenso de todos los partidos". Se trata de la Lei de Normalización Lingüística. "No debemos hacer un problema del gallego", advirtió.
Pérez Touriño incidió en que "la ley está para cumplirse" y tras rechazar la posibilidad de "crear conflictos" con el gallego, abogó por "aplicar e impulsar" el Plan de Normalización que se deriva de la legislación vigente.
El BNG, más exigente que el presidente gallego, apuesta por que el Valedor do Pobo "rectifique las declaraciones en las que cualificaba de peligroso para la Justicia el uso del gallego". Los nacionalistas consideraron que "lo verdaderamente peligroso es que los funcionarios y profesionales de la Justicia desconozcan el gallego".
El Bloque recalcó que Benigno López asumió el compromiso de velar por la defensa del ordenamiento jurídico vigente, que es parte de su cometido, y que la legalidad lingüística y los derechos lingüísticos de Galicia forman parte de ese ordenamiento.
EL Bloque se mostró crítico, al igual que la CIG, aunque la patronal nacionalista tomó una postura más tajante, pidiendo la dimisión de Benigno López como valedor do pobo.
A Mesa pola Normalización Lingüística coincide con el BNG en una "rectificación inmediata". Para este colectivo, las palabras de Benigno López "atacan gravemente la conciencia de los derechos lingüísticos reconocidos por la legislación" en Galicia.
En lo que se refiere a la opinión de Jueces para la Democracia, su portavoz, Francisco Javier Menéndez Estévez, no ve "ningún problema del uso del gallego en el ámbito judicial".
Logo porque non se reflicte en Vieiros a posición fixada polo BNG?
Diz Maquiavelo:
«E quen ven sendo ese Touriño para dicirlle ó Valedor do Pobo (figura independente onde as haxa) que cumpra ou deixe de cumprir lei algunha?»
hahahahahahahahah!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Este caralho pensa que a "figura independente" deve ser como a do Rey, que é totalmente independente e irresponsável (por não ter responsabilidade nenhuma).
A lei temos que cumpri-la TODOS. E o presidente de um governo, mesmo que seja um presidentinho e um governinho, tem o dever de cumpri-la e instar aos seus co-cidadãos a fazer o mesmo.
E tu tens a obriga de dar as aulas em Galego, rufião. E cobrando o mesmo que antes!
Por se non a recibiron en Vieiros mandoa eu, tirada da web da formacion frontista:
"O BNG confía en que o novo Valedor do Pobo rectificará as súas palabras sobre o galego polo ben da institución e dos seus cometidos
O grupo parlamentar nacionalista lembra que, precisamente, o ámbito da Xustiza é un dos máis afastados da normalización e queda moito traballo por facer para mudar esta situación
Santiago de Compostela, 2 Agosto 07. O grupo parlamentar do BNG confía en que o novo Valedor do Pobo, Benigno López, rectifique e se retracte das declaracións nas que cualificaba de “perigoso” para a Xustiza o uso do galego.
O BNG cualifica estas afirmacións de “desafortunadas” pero apela á mensaxe emitida polo propio Valedor o día da súa toma de posesión para que recapacite e mude esta actitude contraria á defensa do idioma.
Dende o grupo parlamentar, os nacionalistas lembran que Benigno López asumiu o compromiso de velar pola defensa do ordenamento xurídico vixente, que é parte do seu cometido, e a legalidade lingüística e os dereitos lingüísticos de Galiza forman parte dese ordenamento.
Para o BNG, cómpre a rectificación polo ben do prestixio da Institución e da propia funcionalidade do cargo, co obxecto de que os cidadáns poidan confiar nesa figura, tamén perante os numerosos casos que se seguen a dar de discriminación lingüística.
No caso concreto do ámbito da Xustiza, o grupo parlamentar chama a atención no feito de que o verdadeiramente “perigoso” é que os funcionarios e profesionais da Xustiza descoñezan o galego e lembran que este é un ámbito, precisamente, no que queda moito por facer a prol da normalización do idioma."
Grazas CarlosRoca polo menos emparento con un Republicano avant la letre coma Maquiavelo... iso é todo un honor que me fás!
Pero recórdoche ca Inquisición naceu no século XIII e Maquiavelo afortunadamente xa era un Renacentista do XV e polo que se ve no documento do BNG non lle fixeron ningún caso ó escuro Secretario Florentino...
"O grupo parlamentar do BNG confía en que o novo Valedor do Pobo, Benigno López, """rectifique e se retracte""" das declaracións nas que cualificaba de “perigoso” para a Xustiza o uso do galego"
Esixir 'RETRACTARSE' a estas alturas lembra máis ós xuizos
contra Galileo que outra cousa... non vos parece que estamos subindo moito o tono anti-democrático nestas cuestións?
E para maior gloria dos que pensamos ca Liberdade é fundamento dos Estados e non o medo ou a coacción, reproduzo unha liñas sobre o pensamento político de Maquiavelo tiradas ó chou:
"A pesar da mala prensa que a miudo tivo Maquiavelo, hoxe en día é considerado como o fundador do pensamento político moderno [...] Maquiavelo trata de describir na súa obra "cómo son" os Estados, e non cómo "deben ser".
Mellor nos fora facerlle caso que andar a resucitar problemas onde non os hai... Galicia é Bilingüe e así o amosa a cotío a súa poboación na vida diaria.
Pero xa sabedes como terminou o conto de Galileo... apócrifa ou non a frase pasou á Historia e ata o Papa 500 anos máis tarde tivo que pedir perdón pola aldraxe que se cometera coa Liberdade do Pisano.
Agardo que Benigno López non teña que padecer os mesmos sofrimentos por dicir o que pensa e facer o seu traballo con INDEPENDENCIA!
UNHA LINGUA NON SE FALA POR DECRETO!!!
Eppur si muove!
Erasmo.
Amante da súa Lingua e da Liberdade. (mália a quén pese!)
Pues yo estoy de acuerdo con el Valedor. Los juezes y demas funcionarios que no hablen gallego no deberian trabajar en Galicia (es peligroso). Deberian ser destinados a otras regiones. Aqui mas de la mitad de la gente habla gallego. Los funcionarios que no lo hablen no son, por lo tanto, competentes para trabajar aqui (es muuuy peligroso). Que los destinen a otras regiones donde no haya ese "problema" y todos tan contentos. Asi todos somos libres.
Que esquizofrenia: falo galego e me encanta...mais non me importa que feneza e non a defendo. Pais....
Que esquizofrenia: falo galego e me encanta...mais non me importa que feneza e non a defendo. País....
Non importan os medios, só os fins.
Non importa como Galiza se converta en "bilungüe", o caso é que fale español.
Non importa que algúns, coma o Aznar co catalán, disfruten falando o galego (na intimidade, na familia), o caso é que pensen en español e como españois.
Non importa nada, mentras as institucións en contacto ca poboación: xustiza, educación, sanidade, seguridade, igrexa... tramiten eses contactos en español.
Non importa máis ca unha cousa: Galiza ten que deixar de existir máis que coma entelequia figurativa, un adorno máis pra facer máis interesante este enclave turístico.
Así que non importa que morra Galiza e o galego, mentras España siga sendo "grande".
Ah, ler frases do estilo "unha lingua non se fala por decreto" teñen moita razón, sí Carlosroca, ahí Erasmo ten a razón, claro que non dí que con decretos sí se pode prohibir a fala dunha lingua. Ollade senón o que pasou co galego.
Miña nai cando falaba do calado que era meu pai sempre dicía unha couxa: "é máis doado facer calar ca facer falar". Sabiduría popular.
Coño, Touriño, ¿por qué no empiezas a cumplir tú la ley y te pones a hablar gallego y no el castrapo ese mal hablado que te hace decir "eneiro" en vez de "xaneiro"?
Esto es surrealista, tenemos a un ¿presidente? sociata anteponiendo el hacer como que se habla gallego, porque sólo así se puede calificar lo que él hace, al buen funcionamiento de la justicia...
Dónde ha ido a parar el socialismo gallego, mi madriña...
A lingua non se fala por decreto, falase por compromiso. A competencia e corrección na lingua adquirese coa educación. A educación regulase por lei e decretos. Hai que elixir, se nos importa ou non que morra.
A min si me importa, falo galego e fago todo o posíbel porque a xente o fale e o defenda. Todo isto depende da vontade libre e da conciencia de cada quen.
Máis claro auga....
Antes moriremos nosotros que el gallego. Eso de la muerte del gallego es una patraña sentimentaloide sin pies ni cabeza. Coño, pero si tras cuarenta años de dictadura franquista está mejor que en los últimos 5 siglos!!!
A mí me importa comunicarme con la gente de mi entorno de la mejor forma posible y no la utilización política de la lengua.
Si o galego está estupendo, en Vigo falao todo o mundo, e en todas as cidades galegas...
E a min en todos os comercios me atenden por defecto en galego, e nos colexios....