A UGC afirma nun comunicado que "non entende o profundo odio que desata a nosa lingua noutros colectivos", e din sentirse "orgullosos" dela xa que "forma parte da nosa cultura, da nosa historia".
A UGC-Galicia carga contra os que amosan unha "nostalxia preconstitucional intolerábel"
A Unión de Gardas Civís de Galicia (UGC-Galicia) fixo público un comunicado este luns onde realiza unha defensa da lingua do país, e carga contra os colectivos que amosan unha "nostalxia preconstitucional intolerábel", en clara referencia -aínda que sen citala- á Unión Federal de Gardas Civís (UFGCS).
"Non entendemos que move a persoas que descoñecen a realidade galega a intentar dividir aos galegos, cun problema inexistente. É opinar sen coñecementos, é ignorancia, sementar odio onde non hai. Nin haberá", sinalan.
"Ideas fascistas contra o galego"
Advirten de que "a Garda Civil debe extremar as precaucións para evitar que no seu seo ingresen persoas que non teñen acomodo na democracia", e recoméndalles que "abandonen a súa belixerancia reaccionaria, as súas ideas fascistas contra o galego".
Respecto á petición do BNG de que os cidadáns poidan realizar os seus trámites coa Garda Civil en galego, UGC-Galicia afirma que "por respecto a este pobo, para moitos o noso pobo, esiximos que os trámites de recollida de denuncias, etc., estean nas dúas linguas".
Comunicado íntegro da UGC-Galicia:
A NOSA LINGUA
Galicia, 13 de agosto de 2007. A Unión de Gardas Civís de Galicia (UGC-Galicia) non entende o profundo odio que desata a nosa lingua noutros colectivos. Opinar alegremente descoñecendo a nosa realidade social, cultural e histórica leva irremediablemente a grandes erros, como este. Esa ignorancia é o caldo de cultivo ideal para chegar ás afirmacións destes días en contra dun pobo que sempre foi tolerante co resto das culturas.
Os gardas civís, ante todo, son cidadáns. Os que son galegos, son totalmente bilingües. Todos eles utilizan calquera das dúas linguas para expresarse. Uns exprésanse en castelán pero a maioría exprésase preferentemente en galego, lingua materna, incluso entre eles, traballando ou usando as transmisións. Os que no son galegos sempre mostraron un profundo respecto aos galegofalantes, e estes últimos responderon de xeito idéntico. Por iso moitos gardas civís que no son galegos decidiron converter Galicia no lugar onde establecer a súa residencia definitiva.
A lingua galega nunca motivou friccións, nin se vinculou a ideoloxías políticas. Se detrás de cada galegofalante houbese unha ideoloxía política concreta, os partidos estatais nunca terían opcións de goberno en Galicia. Afirmar que un galegofalante, por ese feito, é independentista é tan aberrante como chamar fascista a quen fala en castelán. A lingua galega únenos e non nos separa, non nos marxina. Iso demostra que non sexa un arma entre cidadáns. Galicia é o único territorio peninsular cunha poboación total e absolutamente bilingüe. Intentar extrapolar problemáticas doutros territorios nun grave erro.
UGC-Galicia non entende como algunhas persoas intentan que xurda una crise, un problema onde non hai tal. Os gardas civís galegos, como o resto dos cidadáns, sentímonos orgullosos da nosa lingua. Forma parte da nosa cultura, da nosa historia. Por iso non entendemos que move a persoas que descoñecen a realidade galega a intentar dividir aos galegos, cun problema inexistente. É opinar sen coñecementos, é ignorancia, sementar odio onde non hai. Nin haberá. Só pretenden provocar unha colisión entre os gardas civís e o resto da nosa poboación. Seguen a cometer o erro de pensar que a nosa profesión vincúlanos con ideoloxías políticas concretas.
As posturas reaccionarias que vimos percibindo nestas persoas demostran que é moi necesaria a reeducación dalgúns Gardas Civís. Estes días volvemos ver un episodio de nostalxia preconstitucional intolerable. Ideas trasnoitadas. Será morriña dos tempos nos que nos perseguían aos galegofalantes? A Garda Civil debe extremar as precaucións para evitar que no seu seo ingresen persoas que non teñen acomodo na democracia.
Desde esta asociación, a única rexistrada na Xunta de Galicia, podemos asegurar que ningunha política reaccionaria contra a nosa lingua terá acollida entre os gardas civís de Galicia. No seu día o ex ministro Bono ordenounos falar só en castelán e negámonos respondéndolle a súa orde en galego.
Seguiremos servindo ao noso pobo, atendéndoo na lingua que desexe, ben en castelán ou en galego, respectando por igual a falantes dunha ou doutra e dando deste xeito un servizo adecuado a cidadanía, como ven sendo. Non esquezamos o devandito: a inmensa maioría dos gardas civís de Galicia son galegos. Absolutamente todos eles son bilingües. Repetimos: TODOS. Os gardas civís que no son galegos xa deron mostras suficientes de respecto aos galegofalantes. O seu traballo é dunha calidade incuestionable.
Por respecto a este pobo, para moitos o noso pobo, esiximos que os trámites de recollida de denuncias, etc., estean nas dúas linguas. (Artigos 3.1 pero tamén o 3.2 da Constitución e o 5 do noso Estatuto) O contrario sería un grave menosprezo, unha indignidade, unha intolerable marxinación aos cidadáns. E todos eles pagan para ter un servizo policial de calidade que non pode ser mellor en función da súa lingua.
UGC-Galicia recomenda a estas persoas que abandonen a súa belixerancia reaccionaria, as súas ideas fascistas contra o galego. Deben reconsiderar a súa postura, respectar a Constitución, entender o significado da fermosa palabra “tolerancia” e “respecto” polos demais. Opinen sobre Galicia e a súa lingua (a románica máis vella da península que falamos dende máis dun milenio) pero fágano con coñecementos previos. En Euskadi e en Cataluña talvez non haxa moitos bilingües. Aquí somos a inmensa maioría.
Parabéns, UGC, por este baño de realidade, e polo acerto na súa exposición. Hoxe síntome máis optimista con este aire fresco.
Bravo UGC! Un primeiro gran paso.
Garda Civil e Policía Nacional galegas XA!
Chapeau! Produz-me um grande contentamento e alivio constatar que a maioria dos Guardias Civis na Galiza defendem com tanta claridade e conviccom os valores democraticos e o respeito. O problema que temos hoje na Galiza e que umha minoria de fanaticos esta a tentar importar na nossa terra actitudes que valores que nos som alheios. Certos sectores da direita espanhola estam a tentar importar umha retorica de conflicto e umha retorica victimista que som verdadeiramente absurdas. O mundo ao reves. Mas o problema nom e esse. O problema e que essa minoria retrograda e nostalgica do franquismo goza dumha desmesurada difussom nos media, da que nom gozam outros colectivos mais representativos. Goza do aplauso da maioria dos media na Galiza e em Madrid e conseguiu "trazer ao rego" ao proprio PP (incluido o PPdG). Acho que e umha estrategia politica perigosa e irresponsavel e, desde as antipodas politicas, fazo um chamamento a direita democratica galega para que faza fronte a esses fanaticos e nom permitam que criem na Galiza umha fenda politica que pode ter resultados dessastrosos.
Moi boa nova por parte da UGC-Galiza!!!
O certo é que non agardaba unha resposta tan contundente por parte dos membros galegos do exército hespañol.
Haberá quen vexa teorías da conspiración nacionalistas e Clubes Bilderberg en todo isto, mais a maioría sabemos que non é máis que unha cousa ben sinxela: a realidade do noso país, Galiza; e a realidade é que a inmensa maioría d@s galeg@s (os que "traballan" nas FSE incluídas), teñen como a sua lingua o galego.
Saude!
P.D: Agardo que non sexa un espellismo e que non haxa rectificacións por parte dos asinantes do texto.
Déixanme sen palabras, se ben é certo que coñezo gardas civís que defenden este tipo de actitudes crin realmente que eran moi poucos, pero agora vemos que incluso teñen un colectivo. Estou enormemente satisfeito de saber que aínda quedan galegos con honor e patriotismo nas filas españolas (nas que moitos se meteron pola inexistencia dunha forza armada galega).
Os da UGC-Galiza son os que deben formar a nova policía galega.
POLICIA GALEGA, XA!
http://galiza-sosego.blogspot....2007/08/policia-galega-xa.html">http://galiza-sosego.blogspot....
http://galiza-sosego.blogspot....
Bravo UGC!
Ogalla canto antes contemos cunha policia galega.Formada por axentes galegos, ou que sepan e respeten a nosa lingua, por suposto.
¡Jajaja! Si estos representan a la Guardia Civil, entonces Zaplana es el líder de Batasuna...¡jajaja!
Se trata de un grupusculito insignificante de guardias civiles nacionalistas gallegos, lo cual ya de por sí es una profunda contradicción.
Harían mejor en hacer cumplir la legalidad y perseguir a los malos, muchos de los cuales seguramente conocen bien porque conviven con ellos. Sus amigos los nacis...
En primeiro lugar, os meus parabéns para a UGC-Galicia. Parece que algo está cambiando neste país. Que tomen exemplo de compromiso algúns outros colectivos que andan por ahí á greña.
Gaviotero, grazas pola aclaración. Eu sempre pensei que Zaplana, Acebes, e moitos outros, eran de Harrai. Ah. Estou de acordo contigo que a Garda Civil faga cumpli-la legalidade e persigan aos malos, a ver si así te localizan e te meten na trena por anti-democrata e deixas de da-la vara con todas esas tonterías que dis.
Picheleiro, me alegro de que al igual que los etarras, pienses que los que defendemos la libertad y la democracia y nos oponemos al tiro en la nunca que tanto te gusta a ti y a muchos de los tuyos, precisamente nosotros, seamos los malos y los que deberíamos estar entre rejas.
Pero te vas a quedar con las ganas. Te van a detener a ti. Pero no por malo. Sino por tonto.
Gaviotero, depois de aplaudir cada vez que hai um atentado ou qualquer tipo de violencia nazi (esta vez sim, no sentido estricto do termo) perdeches a pouca credibilidade que podias ter. Deixa de lixar o nome da liberdade.
O que non é da nosa cultura nin do noso país é a GC nin corpo represivo ningún, polo qsue non entendo as peticións de un outro máis para a Autonomía Galega. Vaia cegueira! Que volos metan a vós dentro das vosas casas!
A Garda Civil non é un corpo represivo. Iso que quede claro. Eu creo que simplemente deberían cumprir a lei e coñecer o galego, polo feito de que coma indica a Constitución e o Estatuto é lingua oficial. O demáis son cousas ilóxicas sen sentidiño. Que si Zaplana, que se os nazis... Paparruchas barateiras.
Efectivamente, los delincuentes siempre creen que la Guardia Civil es un cuerpo represivo y aspiran a su desaparición.
Sara_Mago, nacis como tú no me van a dar jamás ninguna lección de libertad.
PD: Me confirman desde fuentes de la propia Guardia Civil que está Unión de Guardias Civiles no les representa a ellos ni mucho menos.
Polo que vexo na web teñen algún tipo de vinculo coa UXT e si son representativos, parece que bastante máis que outros. Parabéns á UGC por manter esa posición!
Parabens para a UGC-galicia, pro por desgraza coido que sexan unha minoría os que pensan así, e posiblemente teña razon o franquista do gaviotero que non coñece a liberdade ainda que pase pola sua porta, e moitos gardas civis non sintan como súas as palabras destes autenticos gardas civis que o único que expresan na súa carta é un desexo de democracia e liberdade nun corpo que o franquismo desvirtuou e convirtiu nun corpo represivo e odiado ainda hoxe por cousas coma as que denuncia este colectivo.
Agardemos que aumenten actitudes coma as destes dignos representantes da garda civil que permiten que pouco a pouco se eleve a estima deste corpo recuperando o seu verdadeiro valor nunha democracia e agardemos tamén que vaian desaparecendo persoaxes coma o Gaviotero, carroñeiro como a ave que lle da nome, xa que so enlixan a necesaria convivencia democrática deste país.
Gaviotero, o povo galego esta a acordar apos um longo sono. Os fachas da velha guarda como tu estais nervosos porque odiais o galego e odiais os povo em geral (chusma, plebe, populacho, etc). Mas vale mais que vos vaiais afazendo. Franco morreu, Fraga perdeu e a transiçom democratica chegou a fim a Galiza. As mudanzas sociais que se estam a produzir som irreversiveis, nom sendo que tenhais em mentes fazer outra massacre. Seja como for, e como a ti ja nom che quedam folgos para isto ultimo porque som poucos os anos que che quedam de existencia, aconselho-che acougar e assumir as cousas como som. Desfrutaras muito mais do ocaso da tua vida. Quando chegares alo envia um saudo aos teus camaradas Francisco, Benito e Adolf e, se tiveres vagar entre churrascada e churrascada, manda-nos umha postal.
Lin isto nun foro e pareceume moi significativo da realidade na garda civil:
Estiven de copas no Burgo e a historia desta asociación de gardas civís contouma o meu cuñado picoleto.
Resulta que en Galicia había dúas asociacións que se chamaban asociación unificada da garda civil AUGC que era a maioritaria e asociación independente da garda civil ASIGC. Logo aparece unha máis pequena que se chama unión federal de gardas civís UFGC, máis da dereita madrileña. Hai pouco tempo dunha destas tres asociacións estatais chamada asociación unificada AUGC uns dirixentes din que os galegos teñen que ter a súa propia asociación galega e din de creala e entón desde a AUGC ameázanlles de expulsalos se non dan marcha atrás. Segundo o meu cuñado o máximo dirixente da asociación galega que tamén era dirixente da estatal chamada AUGC é un cabezón, un túzaro, e dixo que a asociación galega era innegociable que el era galego e que non renunciaba a ela e dala de alta no rexistro. Entón a asociación estatal decidiu expulsalo por crear a Unión de Gardas Civís de Galicia que daquela só era unha idea e non tiña socios e seguiu sen botar marcha atrás pois xa digo que é un cabezón. Esa expulsión conseguiu que moitos gardas civís de Galicia decidisen irse con el á asociación galega de gardas civís xa que pensaban do mesmo xeito e fóronse tantos que naceu sendo xa a segunda asociación en Galicia. Agora por orde de números asociados está a AUGC a UGC-Galiza, a ASIGC e a UFGC. Entre a primeira e a segunda moven todo o pastel en Galicia xa que son as maioritarias, unha estatal e outra galega e as outras dúas son pequenas e estatais. A última ten moi pouca xente e son os máis reaccionarios segundo me di. Os da galega teñen web galega revista en galego e son os partidarios de que Galicia teña a súa policía autonómica propia e integral, e din que os galegos gardas civís estarían orgullosos de ser membros dela, por iso son tan atacados polos colectivos estatais, e agora estanos atacando en todos os foros dos gardas civís de fóra de Galicia pois din que é unha asociación independentista sen saber de que falan.
A súa capacidade de mobilización e forza quedou clara, o meu cuñado foi un deles, cando acordaron incumprir as ordes de xefe de tráfico en Coruña e foi seguido masivamente segundo a prensa por máis do 90% dos gardas. Nunca se vira cousa tal.
O transcribo pois deixoume o suficientemente alucinado como para reformularme certas ideas que tiña. Creo que o meu erro foi considerar que un picoleto ten que estar obrigatoriamente vinculado ao falangismo.
UGC da un gran paso.
Logo a xunta ten o segundo coa incorporación da Garda Civil e da Policía Nacional a policia autonómica, ou como queira que lle chamen, podería ser a garda nacional.!
merda ao gaviotero
¡Jajaja! La "garda nacional"...lo que hay que oír. Y que escolten bajo palio a Ancho Quintana, para que así ya no sólo sea igualico a Franco en su política, sino también en la parafarnalia que lo rodea...¡jajaja!
Lo mejor de vosotros, sin duda, que tenéis cosas buenas y todo, es vuestra inmensa capacidad de imaginación.
Ya despertaréis...
E... quen nos vai espertar aos patriotas galegos? Ti? O teu país? Volvo repetirche o que xa che dixen unha vez e ao cal non respondiches (evidencia de que non sabías que dicir), o Reino de Galiza é moito máis antigo que o de España polo que xa había nacionalistas galegos antes de que os españois formaran un reino (que en realidade só é Castela e a súa cultura).
Anda con coidado, non vaia ser que un día espertes ti (como xa lle pasou a moitos galegos nos últimos anos) e te dés conta que o teu país é Galiza e o teu idioma é o galego (aínda que agora non o creas).
Por certo gaviotero, de onde eran os teus tataravós? Porque se eran de Galiza con ese idioma que empregas nunca te poderías comunicar con eles... iso si que é triste.
Gaviotero, visto que so estas pra aldraxar e faltar ao respecto a tudos os que nom participem da tua vissiom TOTALITARIA da parte da Peninsula Iberica que inclue tudo agas Portugal recomendaria-che que utilizes mais os arguementos e a interlocuzom respectabel que os rissos nus, o franquismo verbal, a agresividae e a arrogancia identica ao estereotipo dum colonizador autoritario-bananeiro e os retroussos espidos de conteudo, meras onomatopeias de tabloide pra faltar ao respecto ao que sustenta umha opiniom distinta. Por certo Gaviotero,o que ti falas de maiorias e minorias nom tem final na Historia e as tuas "teses" estam em franca decadencia. O Estado espanhol nom agoira moito futuro. A Uniom Europeia (UE)caminha cara procesos centripetos-centrifugos entre as nazons e as euro-rregions a formar entre elas e outra spartes da UE que partilhem intereses comuns, tangencias ou paralelos, para as politicas das que estados do tamanho do iberico-castelhano som grandes de mais e cedendo competencias cara a poilica exterior e macro-economica e outra spoliticas de maior fundo e practicidade num mundo onde os Brasil(pais de lingua galego-portuguessa), USA, India, China, Indonesia imponhem criterios que estes estados nom poderam xamais afrontar dende a sua cativeira dimenssom. Umha Galiza soberana numha Europa confederal nom e quimerico, na minha opiniom (e na de Jan morris por exemplo, prestigiossa jornalista do "Guardian" e escritora galesa) e mais plausivel e probabel do moitos poideram pensar. eis a minha opiniom, se tes outra plantexa-i e namais, mais nom pretendas fazer-te o engrazado a base de aldragens e provocazons. O unico que demonstras com isso e umha educazom com moitas eivas e umha enorme febleza nos teus, ao meu ver, ineditos argumentos. Pola Dignidade, Pola Solidariedade, Pola Soberania, Pola Justiza e SOBRE TUDO polo Respecto e pola Nom Violencia (principiando pola verbal)...
O FINAL E BEN CERTO O DITO. A UGC-GALICIA ESTA A SUFRIR UN ATAQUE BRUTAL POLA SUA DEFENSA DO GALEGO. Veño de atopar no http://www.xornal.com:
La UFGCS acusa de "traidores del uniforme que portan" a los dirigentes de la UGC
Los miembros de la asociación aseguran que "es el castellano la única lengua que los españoles deben conocer".
XORNAL I Lugo.- Días atrás la Unión Federal de Guardias Civiles de Galicia emitía un comunicado en
el que rechazaba la imposición de la lengua gallega a los guardias civiles en Galicia. Según la organización, "no se trataba de la discriminación del gallego sino de defender el bilingüismo y la convivencia pacífica entre castellano y gallego". Los miembros de la asociación aseguran que "es el castellano la única lengua que todos los españoles tienen el deber de conocer y el derecho a usar".
La Unión Federal de Guardias Civiles de Galicia acusa de "traidores del uniforme que portan a los dirigentes de la Unión de Guardias Civiles de Galicia, que miran más por sus intereses personales que por los del propio colectivo". Según la UFGCS, los dirigentes de esta asociación "son meras marionetas del BNG, y no se dan cuenta de que entrar en la Guardia Civil, requiere tener clara la idea de España, y su unidad territorial".
La Unión Federal destaca que "si estos señores tienen una idelogía nacionalista nosotros la respetamos y les recomendamos que cuelgen el uniforme verde y que sirvan a la sociedad gallega desde otro organismo de carácter autonómico". Recalcan que "no vamos a tolerar a nadie que nos tilde de fascistas por discrepar o por mantener una posición, totalmemente legítima, distinta a los postulados nacionalistas".
Guerra entre gardas civís pola nosa lingua.
Mal que lle pese a algúns extranxeiros e/ou mal dados,
"Inda folguexas noiva bela";
...para o gavoto das onomatopeias de tabloide, e para
os cachorros da UFGCS, co permiso de Antón Tovar (QEPD),
en galego e castelán, transcribo
LINGUA QUE REXEITARON OS MEUS PAIS
Borraran os letreiros dos camiños
cos ben amados nomes das antergas vilas,
dos silabarios das escolas algareiras
borraran o cantar humilde e puro
da língua popular.
Sóio no escuro das lareiras
no apartado silencio dos labregos labios,
esquecida das espadas poderosas,
borboriñaba a nosa lingua triste.
Aferrollada fora coma unha delincuente.
As maos sen calos do traballo,
requintadas e doces, relixiosas,
enfeitadas co ouro dos aneis
roubados ó suor dos pobres
empurraran a lingua nobre e pura
a un cadafalso de vergoñas.
Meus pais, tamén, amados ignorantes,
obedeceran as ordes que o espadón
deborcara na poza de Galicia.
E, agora, veleiquí a xenreira xusta
dos mozos nobres e libertadores
tirando do pescozo da aforcada
o barazo inxusto, o odio do canalla.
Inda folguexas noiva bela,
inda tes verbas na túa gorxa magoada,
foguetes de carraxe pra cuspirlles
ós donos madrileños do billete,
da espada e maila cruz.
Inda tes folgos lingua enxebre
nos teus labios de moza asoballada,
lingua dos meus limiaos, dos meus antergos,
inda tes folgo pra bica.
Estás agora viva nos meus beizos fondos,
estás agora viva nos meus dedos de home
e acariñando vou teu corpo rebrincante
que ten ás de volvoreta nas palabras.
LENGUA QUE RECHAZARON MIS PADRES
Habían borrado los letreros de los caminos
con los bien amados nombres de las antiguas villas,
de los silabarios de las escuelas barullentas
habían borrado el cantar humilde y puro
de la lengua popular.
Solo en lo oscuro de las lareiras
en el apartado silencio de los labriegos labios,
olvidada de las espadas poderosas,
mariposeaba nuestra lengua triste.
Había sido aprehendida como una delincuente.
Las manos sin callos del trabajo,
requintadas y dulces, religiosas
adornadas con el oro de los anillos
robados al sudor de los pobres
habían empujado a la lengua noble y pura
a un cadalso de vergüenzas.
Mis padres, también, amados ignorantes,
habían obedecido las órdenes que el espadón
arrojara en el pozo de Galicia.
Y, ahora, he aquí, la antipatía justa
de los mozos nobles y libertadores
quitando del cuello de la ahorcada
el lazo injusto, el odio del canalla.
Todavía respiras novia bella,
todavía tienes palabras en tu garganta lastimada,
cohetes de coraje para escupirles
a los dueños madrileños del billete,
de la espada y la cruz.
Todavía tienes aliento lengua pura
en tus labios de moza avasallada
lengua de mis limiaos, de mis antepasados,
todavía tienes aliento para besar.
Estás ahora viva en mis labios hondos,
estás ahora viva en mis dedos de hombre
y acariciando voy tu cuerpo rebrincante
que tiene alas de mariposa en las palabras.
Bello poema racista ("escupirles a los madrileños dueños del billete"), inexacto (por considerar el gallego la lengua "noble y pura", como si las demás no lo fueran...) e idealista a más no poder, por cuanto asume que había una lengua que fue devastada por una imposición exterior. Ya sé, ya sé...que ese cuentecillo que os han contado lo creéis de cabo a rabo. Pero qué le vamos a hacer, yo y la gran mayoría de los gallegos hablamos en castellano o en castrapo porque su utilidad comunicativa es para nosotros mucho mayor que el gallego de laboratorio propiedad no de los gallegos sino de esa lamentable institución fascistoide que es la RAG.
Co permiso dos lectores diríxome, por primeira e última vez, a este mentireiro e mal educado que asina como Gaviotero:
Non me creo ningún conto; como sabes e sabemos ben, mintes cando escribes "la gran mayoría de los gallegos hablamos en castellano o en castrapo". ¡Érache boa!
Considera, e non sexas infeliz, esa ubicuidade e fortaleza da lingua propia, malia todas as presións e descréditos de épocas pasadas; realidades que tiven a sorte de constatar dende neno tanto en ambientes urbanos (Santiago) como rurais, grazas aos desprazamentos derivados da profesión dos meus familiares, e que contrastaban co castellanito de algúns entornos moi puntuais de Santiago e da Coruña. Non precisei crer ningún conto nin acordar de ningún sono. A conciencia política veu moito despois, xunto coa formación para acadar a capacidade de discriminar a catadura moral e intelectual de falsos coma tí, e as súas causas ou raíces máis frecuentes.
E sigo a aprender e a discriminar, e canto máis vello máis radical: Merda e desprezo para as falsedades, falacias e insultos que sigas a escribir neste medio de comunicación, Gavioteiro. Aburiño!
GRAZAS VIEIROS; UN 10 PARA A VOSA LABOR E A VOSA WEB.
Perdoade pero e a primeira vez na miña vida que vexo un combate tan interesante entre dúas asociacions de gardas civis coa lingua galega como tema central. Os da unión federal que non queren o galego contestaron á noticia que temos aquí dun xeito vergoñoso. Agora a UGC responde na súa páxina web co texto seguinte que me parece interesante polo devandito, non estou afeito ver a gardas civís enfrontándose tan salvaxemente pola cuestión da nosa lingua. E que carallo, gústame velos a paos.
Algún pensaba que os da UGC ianse botar atrás pero todolo contrario. Afírmanse máis. Aquí o texto que está na web http://www.ugcgalicia.com
NOTA de UGC-Galicia (Opinión): Ante el problema que tiene la UFGCs con el uso del gallego por parte de los gallegos, guardias civiles o no, optaremos por colocar esta noticia exclusivamente en castellano, para evitar más fricciones con la UFGCs que no entiende ni quiere entender nuestra lengua, según parece (ni quiere que nosotros la usemos). Que no quiere, a nuestro modo de ver, respetar. Una lengua que ya se hablaba cuando la opción del resto era el latín (o el árabe) Esperemos que así, con su ¿idea de lengua única?, se sientan más cómodos. No serían los primeros. En el siglo XX ya pretendieron la lengua única. No lo consiguieron gracias a nuestros abuelos..
UGC-Galicia reitera lo que ha dicho hasta la saciedad: RESPETEMOS A LOS CIUDADANOS QUE SON LOS QUE MERECEN UN SERVICIO POLICIAL DE CALIDAD. YA QUE SOMOS LA INMENSA MAYORÍA GALLEGOS/AS, ATENDAMOS EN GALLEGO A QUIEN DESEE USAR ESTA LENGUA O ATENDAMOS EN CASTELLANO A QUIEN PREFIERA OPTAR POR ÉSTA ÚLTIMA. Así de sencillo. Tolerancia y respeto por los demás es lo que propugna UGC-Galicia. Total respeto a quien use el castellano, total tolerancia por la lengua castellana. No obstante, menosprecio a la lengua gallega... NI PENSARLO, EN PRESENCIA DE UGC-GALICIA. También los gallegos muestran una total tolerancia con aquellos que no conocen nuestra lengua ¿No debemos responder igual?
Defender la cultura, la lengua, no es más ni menos que cumplir con la obligación de trasladar a nuestros descendientes lo que, generación tras generación, nos han legado nuestros mayores. ¿Permitirías tal agravio? ¿Estarías dispuesto a perder parte de esta identidad? Mantén tantas culturas como desees pero no permitas agravios a la gallega.
En aras de este total respeto, hasta se podremos tolerar en otros las conductas fascistas, aunque no las entendamos ni UGC-Galicia las practique. (En este caso, la palabra "tolerar" está "cogida con alfileres") ¿Cuándo colgarán los hábitos? La Guardia Civil debe restringir el acceso para evitar que proliferen estos planteamientos trasnochados, fuera de nuestro tiempo y lugar. Comprendemos que la cultura reaccionaria ha arraigado profundamente en algunos. Tendremos que, entre todos, reeducarlos. Algún día lo agradecerán. Aumentará su autoestima y calidad como miembros de una comunidad democrática basada en la tolerancia y el respeto. Intentémoslo. Luchemos para que se adapten a la democracia. Vale la pena.
No realizaremos más declaraciones públicas (a los medios de comunicación) a este respecto pues no contarán los intolerantes con la colaboración de UGC-Galicia, para publicitarse, para aparecer en los medios de comunicación, para recibir una inmerecida publicidad, etc., aquellos que pretenden humillar a los gallegos, a quienes hemos sido, siglo a siglo, tolerante con todos los ciudadanos. No daremos facilidades a quien pretende enfrentar en Galicia a gallegos contra gallegos (en este caso, guardias civiles contra el resto de ciudadanos de Galicia) Tenemos que luchar para conseguir, es nuestra misión, mejoras laborales, mejoras sociales, dignificación de la profesión, potenciación de la seguridad pública de calidad, etc., pero nos vemos obligados a usar ese valioso tiempo defendiéndonos de quien intenta vilipendiar nuestra cultura de manera intolerable, cuando nosotros no hemos hecho nada. Sólo nos defendemos. Otros atacan con saña preconstitucional.
Esta situación es totalmente intolerable. ¿Qué hemos hecho los gallegos para merecer esto? ¿A quien hemos molestado? ¿A quien hemos humillado? Lo sentimos, pero de rodillas no nos situaremos, aunque, sin conseguirlo, nos pretendan humillar. (Practiquemos hasta el final la famosa propuesta del Dr. Guevara) Galicia, Tierra Universal, tierra de todos, pero no humillable, en nuestra presencia.
No te pedimos que abandones una lengua. Pero a cambio mantén viva la otra. Se lo debes a tus descendientes. Estás comprometido con tus ancestros. ¿Los defraudarás?
No sabemos darte ninguna explicación, salvo conclusiones reaccionarias-fascistas obvias de lo que ocurre en estas recientes fechas. ¿A qué oscuros intereses obedece todo esto? Más de dos milenios sin que este territorio haya cambiado de nombre (22 siglos de Galicia, de historia) y creen que ahora nos pueden prohibir elegir hablar entre el castellano o el gallego, (tenemos derecho a usar constitucionalmente cualquiera de los dos) cuando siempre lo hemos hecho respetuosamente, y así seguiremos. Nunca ha habido colisión. Hemos hablado como hemos querido sin problemas y votantes del PP, BNG, EU, PSdeG han convivido sin problemas linguísticos graves. En el único territorio donde no ha habido graves enfrentamientos por este motivo. Opción política=idioma concreto, en Galicia, es una ESTULTICIA de majaderos-ignorantes que desconocen nuestra realidad.
Nuestro discurso no va a variar. Tolerancia. Otros defienden hoy "sólo castellano". Mañana pretenden "prohibir el gallego, pues el cosa de independentistas", al día siguiente "abogan por un bilinguismo light", donde sea el funcionario y no el ciudadano quien decida quién puede hablar y en que idioma... (¿A quién le importa si el que paga sus impuestos conoce o no una lengua determinada?) Ignoramos los posicionamientos que tendrán en próximas fechas, con tanto cambio de tesitura con respecto al gallego y a otros temas (Hoy digo y mañana Diego). Donde hoy se hablan de "convivencia pacífica entre las dos lenguas", recientemente os llamaban a la "desobediencia contra la lengua gallega". Hasta el Movimiento por los Derechos Civiles, que había dado su apoyo a UFGCs, se lo retiró al final acusándolos de fundamentalistas contra los ciudadanos que sólo conocen el gallego. Analiza lo dicho en las últimas fechas y comprobarás los cambios de estrategia tras la afrenta que pretendieron contra el gallego, al comprobar la muralla a la que se enfrentaban, como otros, siglo tras siglo.
No queremos guerras entre asociaciones. No aportan nada. Pero eso sí, cualquier agresión que suframos, como gallegos, será respondida con la virulencia necesaria. No iniciaremos guerras. Nuestro enemigo es la Administración. así debe de ser.
¿Traición al uniforme? Ni traición al uniforme, símbolo de la defensa de los derechos de los gallegos y que vestimos con orgullo ni traición al pueblo del que formamos parte.
Guardia civil, si puedes, no lo dudes, atiende a los ciudadanos como mejor puedas. Te lo agradecerán. Comunícate en gallego si te hablan en gallego o en castellano ni te hablan en castellano. Tranquilo. Si eres un de los pocos que no conoces el gallego, la tolerancia de los ciudadanos gallegos es tal que lo comprenderán y te facilitarán tu labor. No te crisparán. Pero no restringas los derechos de nadie. Es tu deber y su derecho. Te lo agradecerán y conocerás la "satisfacción del deber cumplido" para con los ciudadanos de Galicia. El buen guardia civil es aquel que lucha por los derechos de los ciudadanos y no aquel que pretende restringirlos. Gracias.
A CONTINUACIÓN, LA NOTICIA QUE MOTIVA EL PRESENTE TEXTO:
La UFGCS acusa de "traidores del uniforme que portan" a los dirigentes de la UGC
Los miembros de la asociación aseguran que "es el castellano la única lengua que los españoles deben conocer".
XORNAL I Lugo.- Días atrás la Unión Federal de Guardias Civiles de Galicia emitía un comunicado en el que rechazaba la imposición de la lengua gallega a los guardias civiles en Galicia. Según la organización, "no se trataba de la discriminación del gallego sino de defender el bilingüismo y la convivencia pacífica entre castellano y gallego". Los miembros de la asociación aseguran que "es el castellano la única lengua que todos los españoles tienen el deber de conocer y el derecho a usar".
La Unión Federal de Guardias Civiles de Galicia acusa de "traidores del uniforme que portan a los dirigentes de la Unión de Guardias Civiles de Galicia, que miran más por sus intereses personales que por los del propio colectivo". Según la UFGCS, los dirigentes de esta asociación "son meras marionetas del BNG, y no se dan cuenta de que entrar en la Guardia Civil, requiere tener clara la idea de España, y su unidad territorial".
La Unión Federal destaca que "si estos señores tienen una idelogía nacionalista nosotros la respetamos y les recomendamos que cuelgen el uniforme verde y que sirvan a la sociedad gallega desde otro organismo de carácter autonómico" (¿a la sociedad gallega, entonces, no se la puede servir si no se trabaja en un organismo autonómico?). Recalcan que "no vamos a tolerar a nadie que nos tilde de fascistas por discrepar o por mantener una posición, totalmemente legítima, distinta a los postulados nacionalistas".
Abúrrenme os post tan longos. Non vos decatades de que se deixades esas paragrafadas ninguén as lerá?
A conclusión que se extrae desta asociación é que na Guardia Civil non se respectan os dereitos lingüísticos establecidos na Constitución.
Estos de la UGC son el Nunca Máis de hace unos años...bloqueiros acomplejados que no saben mostrarse como lo que son: nacionalistas gallegos que intentan llegar a todos los sitios y desde allí hacernos creer que sus posturas extremistas son apoyadas por colectivos de lo más variopinto.
Sería bueno saber el número de afiliados de esta seudoasociación de Guardias Civiles antiespañoles y totalitarios...Dios mío que miedo que esta gente disponga de arma reglamentaria...
Isto está algo empestado de merda de gaivota, nom si?
Domadoreinodecastela escribe máis ca min cando me emociono. Certo é que postear tan longo é incómodo.
Por outra parte...
Non alimentedes a gaivota!
Aaaaaaiiiii gaviotero meu rei,pero q ben o pasas eh?!!! dende logo o q é non ter vida social e ganas de montala .. estás en todas!! desde lueguiño...alma cándida ...cada día eres máis chistoso e máis rancio,pero non ves q a xente rise de ti?? e q estás chosco? e q non o ves??? coitadiño.....anda q.....jajajajajjajajajaja