ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Declaracións do ex presidente

Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras

"Os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia, só queren que se lles merque o seu silencio con cartos", afirmou este luns nunha cena homenaxe en Cabanas.

Redacción - 13:45 28/08/2007
O ex presidente Manuel Fraga

O ex presidente Manuel Fraga

O ex presidente do Goberno, Manuel Fraga, foi o protagonista este luns dunha cea homenaxe por parte do PPdeG de Cabanas e de Pontedeume. O fundador do Partido Popular afirmou que "do que estou máis orgulloso da miña época como presidente da Xunta é da planta de Reganosa e da Cidade da Cultura", informa este martes El Correo Gallego.

Ademais, engadiu que "os que critican esas dúas xestións son os que nunca fixeron nada". Respecto aos que protestan contra a regasificadora dixo que "semella que a xente tolea", e xustificou o seu funcionamento para darlles servizo aos ciclos combinados das Pontes e de Sabón.

Segundo Fraga, "os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia só queren que se lles merque o seu silencio con cartos". O ex dirixente cualificou tanto esta obra como a da Cidade da Cultura como "moi positivas", e engadiu que "tamén o Palacio de Versalles recibira críticas no seu día".


1,4/5 (5 votos)

Comentarios (9)

xacataca #1 28/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O rei da comedia. O rei da traxedia.

Pablinho #2 28/Agosto/2007 Pablinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A este home lle tiñan que facer un exame psiquiátrico dunha vez e publicalo nos xornais, así xa se vería que as súas desviacións son produto dunha mente enferma.

Por certo, as súas declaracións e as do presidente de Corea do Norte ao fio das súas iniciativas persoais son moi semellantes e ao coreán lle din que son culto á persoalidade. As do Fraga que son? retranca galega? senilidade? Alhzeimer? ou seica se pasou có viño como o seu amigo Ansar?

Gaviotero #3 28/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La desgracia del nacionalismo gallego es que Anxo Quintana es el político más parecido a Manuel Fraga que tenemos en Galicia.

Y Beiras tampoco le quedaba lejos, precisamente...

OBSERVADOR #4 28/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

«Os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia, só queren que se lles merque o seu silencio con cartos»


Claro, cada um conta a feira segundo lhe vai...

atoladomonte #5 28/Agosto/2007 atoladomonte
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

agora o pp poderá criticar a xestión do psoe-bng no de reganosa?

reganosa e a cidade da cultura están sendo o buraco negro por onde se colan todas as incompetencias. uns porque o fixeron os outros, e os outros porque xa non están...

e despois está fraga. que panorama!

BonKarallan #6 28/Agosto/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vin hoxe na tele falar a Fraga e é unha vergoña que ainda o saquen. Igual que ocorre con Carmen Sevilla, Cañita Brava, a duquesa de Alba...

"As momias para os museos".

Pero que di este home. Desvaría. E fala un galego de alta velocidade. Non se lle entende un carallo.

"As miñas mellores obras". E terá razón. O cal non quere dicir que sexan boas. Son malas. Malísimas. Así que as demais, xa non digamos...

xansenmedo #7 28/Agosto/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fraga xa pasou e hai que mirar para adiante, para o futuro.

Bardo-do-vinho #8 28/Agosto/2007 Bardo-do-vinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso que o que di Fraga, non é mais que o que pensa pois co tempo vai deise despoxando da pel de ovella de democrata coa que se disfrazou para poder adapatarse os novos tempos.

Este señor, nunca renegou do seu pasado no goberno franquista e hai poucos meses escoite na televisión unhas declaracións suas que merecian a ilegalización do pp. Non entendo como é que se pode ilegalizar un patirtido como Batasuna e non se ilegaliza un partido
que descende do fascismo.


pd: Aínda así queda claro que o señor Fraga pese a ser un cacique e todo un franquista fala o galego mellor ca moitos outros politicos e pese a ser xa malior segue a colocar ven os pronomes cousa que non adoitan facer os do psoe ou bng.

jujolor #9 29/Agosto/2007 jujolor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eso si que un bo chiste.
mais o que fixo anteriormente no lle queda a zaga.
grazas pola tua dedicacion, ainda que debias haber posto un pocu menos empeño en elo


SEMPRE EN GALIZA

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: