Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Serafín Martínez, primeiro premio da montaña na Vuelta

O corredor do Karpin Galicia subiu ao podio despois dunha espectacular escapada. O primeiro xersei dourado foi para Daniele Bennati.

Redacción - 17:40 01/09/2007
Serafín Martínez

Serafín Martínez

A primeira tirada da Vuelta Ciclista a España, con saída e chegada en Vigo, resolveuse coa vitoria do italiano Daniele Bennati, corredor do Lampre, seguido por Óscar Freire, do Rabobank e Alessandro Petacchi, do Milram. O gañador percorreu os 153,4 quilómetros en 3 horas, 43 minutos e 9 segundos.

Durante boa parte da etapa estivo destacado Serafín Martínez, deportista do Karpin Galicia nado no Rosal, pero foi alcanzado a dúas voltas para o final da etapa. Con 23 anos, é o máis novo dos seis corredores galegos que participan na competición.

O primeiro ciclista do noso país en chegar á meta foi David García, do Karpin, no posto 31, seguido Ezequiel Mosquera, no 34, Óscar Pereiro, do Caisse d'Epargne, no 46, e Gustavo Domínguez, no 51.

A Vuelta continuará a percorrer Galiza. A segunda etapa, o domingo 2, disputarase entre Allariz e Santiago de Compostela cunha distancia de 150 quilómetros.


4.5/5 (6 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: