As formacións políticas catalás apoian a federación do seu país para que se poida disputar o encontro de fútbol o vindeiro 14 de outubro.
A decisión da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) de prohibir que se dispute o partido entre Cataluña e os Estados Unidos, previsto para o 14 de outubro. O argumento do organismo español é que as seleccións autonómicas "só poden disputar un partido ao ano, coincidindo coas festas do nadal". As formacións políticas catalás CiU, PSC e ERC amosáronse indignadas pola decisión e apoiarán a Federación Catalá de Fútbol, que advertiu de que, se a RFEF non rectifica, levará o caso ao Tribunal Arbitral do Deporte, en Lausana.
Segundo informa Vilaweb, o presidente do Parlament, Ernest Benach, pediulles aos clubs que reaccionen, mentres o grupo de Esquerra no Congreso español pediu a comparecencia da ministra de Educación, para que dea explicacións sobre o caso. O voceiro de ERC en Madrid, Joan Tardà acusou o goberno español de estar detrás da decisión, que tachou de “abuso de dereito vergoñoso, propio dunha época cavernícola”.
Pola súa banda, Josep Maldonado, de CiU, dixo que apoiará a Federación Catalá para revogar a decisión da RFEF, e instou o goberno catalán a presionar para que a selección poida xogar contra os EUA. O responsábel de deportes de PSC, Josep Monràs, salientou que a Federación Catalá actuara cunha corrección escrupulosa en todo o proceso e dixo que o seu partido a apoiaría.
A Federación estadounidense de fútbol xa tiña previsto xogar o partido contra Cataluña, pois a súa axencia oficial de viaxes xa ofrece paquetes turísticos para asistir ao encontro en Barcelona.
Efectivamente, estos partidos folclóricos de las selecciones regionales contra selecciones nacionales están reservados a fechas folclóricas como las Navidades.
O señor Gavioto debeu aprobar algunha oposición a xuíz pois crese no dereito de decidir segundo lle sae de dentro a el cando pode e cando non pode xogar un partido unha selección nacional.
Gaviotero, nom te esforzes, a túa época rematou há 30 anos. A nom ser que actúes como o mítico japonés atrapado numha ilha deserta que nom se entera de que a II Guerra Mundial já rematara ;)
¡Manda carallo! Só déixannos ser nacións en Nadal. Como agasallo de Reyes. O resto do ano, cabróns, digo carbóns.
Parafraseando a Julio Iglesias:
"Vuela amigo vuela alto, no seas Gaviota en el mar. La gente tira a matar cuando volamos muy bajo".
Gaviotero voa baixinho, baixinho e baixinho.
Aquí hai un, que non quero dicir quen é, para que non se de por aludido, que si que é folclórico. Parece mesmo a Lola Flores disfrazada.
Que lle dean as voltas que queiran...
Catalunya, Galiza e Euzkadi SON NACIONS!!