Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protestas en Cataluña

Identificado un dos encapuchados que queimaron fotos dos Reis

A Consellaría do Interior da Generalitat enviou este venres á Fiscalía da Audiencia Nacional as dilixencias abertas polos sucesos da pasada quinta feira en Xirona.

Redacción - 09:49 15/09/2007

A Consellaría do Interior da Generalitat enviou este venres á Fiscalía da Audiencia Nacional as dilixencias abertas pola queima de fotografías dos Reis esta quinta feira en Xirona nunha protesta independentista contra a visita do monarca español, documentación onde xa constan indicios para identificar a un dos dous encapuchados que as queimaron.

O secretario de Seguridade Pública, Joan Delort, explicou que os Mossos d'Esquadra teñen "indicios máis que suficientes para identificar a un dos implicados", aínda que se continúa traballando" con outros indicios para identificar ao outro autor.

Ademais, actuarase conforme dite a autoridade xudicial, que pode ordenar a detención do sospeitoso ou citalo a declarar. Interior "lamenta e condena" os feitos, aínda que "afortunadamente son minoritarios en Cataluña" e pódense "contar cos dedos dunha man" os ocorridos nos últimos anos.

O responsábel de Interior asegurou que "non é certo" a afirmación "con finalidade perversa" feita polo presidente do PP catalán, Daniel Sirera sobre que os mossos teñen ordes de non actuar en casos como os desta quinta feira ou os do pasado 11 de setembro na Diada, cando se proferiron, segundo o PP, ameazas contra dirixentes populares.

Poden ampliar a información en Vilaweb, La Vanguardia e en El Periódico de Cataluña.


2.5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: