Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PIDEN CAMBIAR AS LISTAXES DE SUBSTITUTOS

Interino cun cero logra praza, opositor cun dez queda fóra

A nova Asociación Galega de Opositores do Ensino arremete contra a Consellería de Educación polo sistema das últimas oposicións.

M. Vilas - 14:00 19/09/2007
Sánchez Piñón organizou as oposicións máis numerosas da historia do Ensino

Sánchez Piñón organizou as oposicións máis numerosas da historia do Ensino

Unha oposición amañada para colocar aos profesores interinos”. Esta é a denuncia da Asociación Galega de Opositores do Ensino (AGOE), unha plataforma que se presentou este martes en Ourense.

A AGOE atacou moi duramente a última selección de mestres organizada pola Consellería de Educación. Nun comunicado define o concurso como “unha burla e un menosprezo dos esforzos de moitos opositores que non se atopaban dentro dos supostos que a Consellería se empeñou en favorecer”.

100 prazas, 98 para interinos

Unha das voceiras da AGOE, Ilda Blanco, indica a Vieiros que houbo opositores que, malia sacar un 10 nas probas, non lograron praza. “Hai especialidades nas que se convocaban 40 prazas nas que só entraron interinos, e nas que había 100 prazas, só entraron unha ou dúas persoas que non eran interinos”.


Unha das estratexias da Xunta para favorecer aos interinos, di a AGOE, foi a presentación da unidade didáctica. E é que mentres que os opositores 'normais' tiñan que someterse ao tribunal, aos interinos abondáballes con presentar unha memoria de dez follas.

Os 'méritos' eran o 40% da nota
Ademais, Blanco denuncia que case todos os interinos lograron a máxima puntuación pola súa memoria. Sumando este dez aos puntos por ter dado clases antes -que representaban o 40% da nota final total- o resultado foi que algúns postos de traballo foron para “persoas tiñan suspendido, e ata sacado un cero na oposición”.


Blanco responsabiliza á Consellería de Educación desta discriminación. A voceira indica que o único que pretendía a Xunta era reducir a porcentaxe de mestres sen praza fixa, para cumprir as normas da Unión Europea.

Outras listaxes de substitución?

A AGOE xa presentou unha reclamación para que as novas listaxes de interinos se elaboren en función das notas das últimas probas. E é que interinos e substitutos que non lograron praza conservan a puntuación que tiveron en oposicións anteriores, por diante incluso dos que sacaron un 10 na última convocatoria

A Asociación, que botou a andar en Ourense pero que xa se está a organizar noutras cidades, anima a todos os afectados a contactar con eles no correo agoeigualdade_arroba_gmail.com.


4,5/5 (22 votos)

Comentarios (10)

baltar69 #1 19/Setembro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

os que non traballamos para ningunha administración somos interinos de por vida. e levantámonos cada mañán e deitámonos cada noite sen rechistar nin chamar o sindicato.
eu pensaba que unha sociedade moderna tendería a esgotar estas prácticas, pero vexo que non. ó fin, tanto esquerda coma dereita, parecen empecinados en manter as estructuras do vello estado, por inxustas caa poboación xeral que aquelas poidan ser. pois que siga.

BonKarallan #2 19/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso está ben. Máis vale burricán coñecido, que "listillo" por coñecer.

severino #3 19/Setembro/2007 severino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O problema e que os sindicatos (incluida a CIG!!!) só procuran polos seus afiliados, e os que nunca traballaron na administracion, ou no ensino non teñen quen faga algo por eles....

Ahi esta o principio de Merito e capacidade, nas oposicions.
!Fora concurso oposicion Xa!!!!

Por certo, a min que lle dea clase o meu fillo o que aprobou a oposicion, e non o do 0 pois parece que non ten moito que ensinar, bueno si, a rascala!!

o-moinante #4 19/Setembro/2007 o-moinante
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A corrupçom é o ligame dos políticos e dos sindicalistas de hoje. Com o dinheiro público, os nossos impostos, tenhem salários e dietas que nunca cobrariam fora da política, ademais de por estar duas legislaturas ( 8 anos) ter a jubilaçom mais alta garantida, e agora por dous anos um complemento mais de por vida de 15.000 euros/ ano, quando as pensões medias na Galiza nom chegam aos 7.000,.- €/ano. Para se manter esto precisam contaminar todo o tecido social, ter os seus lambecús, para isso lhe dam trabalho de por vida, ainda que mostrem ano trás ano a sua incapacidade e a sua burramia, som os famosos “interinos” que som permanentes. A selecçom do pessoal para Administraçom Pública nom é por capacidade senom por ser mais ignaros.

Que lhes dem...fagamos como na Itália, prescindir deles.

asarbo #5 19/Setembro/2007 asarbo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se alguén leu a convocatoria de oposición-concurso do ensino, pode deducir facilmente que é IMPOSIBLE que alguén teña aprobado cun 0 na fase de oposición.

O ter dado clases non da un 40% da nota, para ter esa nota hai que ter dado clase un montón de anos e ter outros méritos (cursos, publicacións...) que calquera pode ter (e só computa sacando máis dun 5 na oposición).

Eu, cando non traballo para a administración, chamo ao sindicato sen problemas, porque sei que o estar preparado dame outras posibilidades laborais. Ademais, se tivese traballado tantos anos para a empresa privada como levo no ensino, xa tería un contrato indefinido (por lei, aínda que saísen da facultade rapaces máis listos ca min).

¿Por que sigo traballando no ensino de interino ou substituto e renunciando a contratos mellor remunerados na empresa privada (esto último pode soar raro para os que non sexan enxeñeiros)?: pois porque sei que é maneira máis sinxela de ter unha praza fixa nunha próxima oposición e poder traballar no que me gusta.

Por certo, aínda que saquei máis dun 5 na fase de oposición, suspendín no cómputo global por ter menos méritos que outros. Non me pareceu nada raro que habendo 5 prazas e 30 interinos na miña lista todos os aprobados sexan interinos. Tendo en conta que a última oposición na miña especialidade foi no 2002 (5 prazas), é normal que haxa moita xente cun montón de anos de experiencia.

A estas horas para que comece un novo curso aínda non sei se sigo sendo interino ou son sustituto, ou a onde irei dar clase este ano... e así andamos...

asarbo #6 19/Setembro/2007 asarbo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei de onde ven esta moda de criticar as oposicións do ensino. Eu cando me presento a calquera outro concurso-oposición para un posto no que nunca traballara teño as mesmas posibilidades e nunca me pareceu raro...

Chorima #7 20/Setembro/2007 Chorima
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha aclaración: o que se di desde AGOE non é que poidan ter praza cun 0 na oposición, se non, que poden ter praza cun 0 na proba de coñecementos da propia materia a impartir. E se sacasen as notas parciais seguro que se descubrían uns cantos casos. O que si se sabe seguro é que xente con 10 quedou fóra, e con 8 e 9 patadas.
Estas oposicións están pensadas para premiar a lei do mínimo esforzo.
Por unha banda, quítanlles unha proba (a que máis impón normalmente, a encerrona), cámbianllela por un traballiño de 10 follas que da a risa só de pensalo, se non fose polo triste da situación (por riba xa saben de antemán cómo llelo avalían, quen non sacou un 10 nesa parte? Pois quen non quixo! E se non que lles pregunten aos membros dos tribunais). Así xa teñen un 3 do total. Quedan 7 puntos das dúas probas restantes, pero con 2 xa aproban a oposición, porén non aproban as dúas probas que quedan (2 sobre 7 non é aprobado). Conclusión: se unha persoa normal (é dicir, sen ningún problema que lle impida saber ler o informe co que lle van correxir a pequena memoria que entrega, e seguir o guión para facela) con informe sac un 5, ou un 6, non puido aprobar as probas restantes, tería que ter cando menos un 6,5. E houbo moitos casos entre 5 e 6 con informe.
Concretamente co da lei do mínimo esforzo refírome a que unha persoa con moitos puntos de baremo pode encargar o devandito traballo, encargar a programación, e expoñela segundo lle digan nunha academia, e non ten que estudar nada de nada. Só chapar a exposición.
Ao non seren eliminatorias as probas, non hai que aprobar a 1ª, a de coñecementos para seguir no proceso, e nin sequera sacar un mínimo.
De chiste.
Sempre houbo prexudicados polo concurso oposición, pero o de este ano non ten nome.

o-moinante #8 20/Setembro/2007 o-moinante
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Negar o príncipio de igualdade para acceder ao emprego público é retroceder mais aló de Revoluçom Francesa. Mas nesta Terra sempre o dominio foi do Arçobispado e a sua ideologia de caciquismo e arbitrariedade conforma a todas as Instintuções e Organismos. Hoje por hoje, tanto partidos que se dim progresistas como sindicatos na Galiza estám bem lonje já nom das revoltas libertarias e obreiras -Comuna de París, etc - senom até dos príncipios mais elementais de Igualdade, Fraternidade, Liberdade. Que imos pedir aos ´"burrocratas" dos sindicatos e dos partidos que nom seja atrasso e cacicadas

Gaviotero #9 20/Setembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como me decía el otro día uno: "Esto está peor que con Fraga, y parecía difícil..."

teixugo #10 20/Setembro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ninhada de ratos!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: