Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTA FIN DE SEMANA

Puntogal reúnese con candidaturas bretoas e galesas

A asociación galega xunta en Compostela ás organizacións que buscan novos identificadores na rede para as súas culturas.

M.V. - 14:40 28/09/2007

A Asociación Puntogal organiza en Santiago unha xuntanza das organizacións que buscan que a ICANN, o ente que controla os dominios de internet, aprobe novos identificadores lingüísticos e culturais. Na xuntanza deste fin de semana estarán presentes, ademais da asociación galega, as candidaturas para o galés e o bretón.

Reunión da ICANN en outubro
Con esta reunión Puntogal quere “abrir liñas de diálogo e poñer en común ideas e propostas de para consolidar estas candidaturas diante da ICANN”. E é que o vindeiro 22 de outubro comeza en Los Ángeles un novo cumio deste ente, no que se tratará a posíbel apertura do proceso de novos dominios durante 2008.

De cara a ese proceso, ao Puntogal pode resultarlle útil facer fronte común con outras candidaturas de tipo lingüístico, fronte a iniciativas puramente comerciais. E que, debido ao éxito do Puntcat, a ICANN superou os seus medos a creación de novos identificadores de carácter cultural.

Mentres tanto, Puntogal segue recabando apoios dentro do país. Esta semana asegurouse o respaldo de todas as forzas parlamentarias. Os internautas tamén poden contribuír asinando en liña, algo que xa fixeron máis de 6.700 persoas.


5/5 (4 votos)


Comentarios (11)

O_Castrexo #1 28/Setembro/2007 O_Castrexo

Dise "bretoas". O sufixo "ona" en galego é pexorativo. Só se utiliza para adxectivos tipo "lambona". Consultade o VOLGA.

O_Castrexo #2 28/Setembro/2007 O_Castrexo

A non ser que os bretóns non vos chisten moito...

Wagneriano #3 28/Setembro/2007 Wagneriano

BRETOM, masculino
BRETÃ, feminino
Acho que essas seriam as opções mais harmónicas com o nosso sistema lingüístico.

Wagneriano #4 28/Setembro/2007 Wagneriano

E aproveito para deixar uma ligaçom que permite uma utilizaçom mais correcta da nossa Língua ao mesmo tempo que nos divertimos:

http://www.agal-gz.org/estravi...

O_Castrexo #5 29/Setembro/2007 O_Castrexo

bretã... Hahaha. Iso como soa? bretán!?

Hahaha.

O Volga di "bretoa" e ninguén está a preguntar como se di en portugués.

En francés é "bretonne" e en castelán "bretona", e? A alguén lle importa como se diga noutros romances? Ninguén preguntou polo portugués.

"Bretoa" é o correcto.

jujolor #6 29/Setembro/2007 jujolor

deixade as parvadas isto e mais serio que todo eso



SEMPRE EN GALIZA

O_Castrexo #7 29/Setembro/2007 O_Castrexo

Eeeeeei fixéronme caso! ;)

Wagneriano #8 29/Setembro/2007 Wagneriano

Vai aprender algo de Língua aos brinquedos do Estraviz, CastreÑÑÑÑo

O_Castrexo #9 29/Setembro/2007 O_Castrexo

Fodeuche?

Wagneriano #10 29/Setembro/2007 Wagneriano

Tu a mim? Tam importante pensas que és? Por favor...

A2b2 #11 30/Setembro/2007 A2b2

Sodes uns colonizadores. Esixides o respeto para a toponimia galega e pasadesvos polo forro dos "güevos e dos ovarios" as toponimias dos demais povos.
Por favor, máis coherencia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: