A poeta afirma que "durante todo o proceso non houbo por parte dos ASF intento algún de se poñer en contacto" con ela, e que non se resigna a "ter que dicir que chove".
Comunicado da poeta Yolanda Castaño, recibido este sábado, a propósito da polémica xurdida cos responsábeis da web Aduaneiros sem fronteiras (ASF):
Levo 13 anos traballando na literatura en galego e noutros ámbitos culturais, convivindo cunha certa imaxe pública que me expón a críticas de todo tipo, pero tanto a imaxe como as críticas fan parte da liberdade de cadaquén. Algo moi distinto é que e se caia en insultos, inxurias e alusións soeces e gratuítas (non me refiro á valoración das miñas decisións ou do meu traballo). O insulto polo insulto é algo que nin eu nin ninguén debería ter que aturar e penso que só é de calidade unha xestión responsable dos contidos que se colgan en Internet.
Sorprendinme de que unha web á que supoñía certa madurez e criterio non peitease os comentarios claramente insultantes, dando por suposto que eu estaría encantada –ou ben absolutamente submisa- co tratamento que estaba recibindo. Decidín esperar un tempo para dar suficiente marxe á consciente reacción por parte dos responsables da web. Cústame entender que alguén necesite da manifestación da vítima para ser consciente de ter feito un dano, que estea disposto a facer mal ata que non se lle queixen ou mentres non lle protesten. Sempre pensei que en calquera ámbito hai que responsabilizarse do propio comportamento e das súas posibles consecuencias, con madurez e aínda valentía. Sorpredeulle os ASF que me molestase que me insulten?
Facíaseme costa arriba ter que dirixirme persoalmente onda eles a pregar polo meu respecto sendo eu a inxuriada; daí a idea de facelo a través dun terceiro, un amigo avogado. Escollemos o que entendiamos a maneira máis suave de establecer o primeiro contacto: un mail. Calquera que coñeza a linguaxe xurídica minimamente sabe que o remitido polo meu avogado non é senón un convite a achegar posturas. Reservarse o dereito de acollerse ao amparo legal non é de ningún xeito unha ameaza. Acusar diso a alguén que advirte da posibilidade de defenderse ante unha inxuria paréceme unha maneira de criminalizar á inxuriada en beneficio propio. Os prazos establecidos non son máis que unha rutina de traballo e neste caso foron tomados por nós cunha elasticidade absoluta (10 días acabaron sendo un mes sen problema pola nosa banda).
Durante todo o proceso non houbo por parte dos ASF intento algún de se poñer en contacto comigo: non rexistraron chamada algunha os meus teléfonos nin enderezos electrónicos. Unha postura tallante ou programáticamente agresiva contra Aduaneiros tería suposto denunciar os feitos. Se optei pola comunicación foi porque sempre pensei que dariamos chegado a un acordo.
Comezou así un proceso de negociación amparado por uns protocolos tipo, os que se produciron entre o meu avogado e a avogada dos ASF (o primeiro mail e a súa resposta, e logo unha chamada telefónica entre eles dous). A postura inicial foi solicitar -sempre se comeza pedindo o máximo desexado- que se retirasen os comentarios que incluían palabras malsoantes a xeito de insulto, uns 4 ou 5, e a ilustración que encabezaba o resto dos 80 e pico comentarios. No meu ánimo sempre gardei a disposición a chegar a admitir que se deixase a caricatura, pero non as inxurias gratuítas e groseiras. Que a miña proposta primeira fose entendida como imposición é algo que escapa ao meu control. O punto exacto no que quedaramos coa avogada contraria era que falaría cos seus clientes para –entendiamos e esperabamos- ofrecernos algunha proposta e/ou informarnos das decisións dos autores. Cal sería a nosa sopresa cando os Aduaneiros deciden rebentar a negociación, saltar todos os protocolos establecidos e saírse do rego cunha manobra como á que acabamos de asistir.
Se aos Aduaneiros non lles gustou o meu método ou as miñas formas intentando defenderme dun ataque como é o meu dereito; ou se acaso existiu entre as dúas partes algún tipo de malentendido (a estas alturas non o descarto), debería terse tratado de arranxar en privado e non coa sucia manobra de facer desta discrepancia un circo. Os ASF, en canto alguén levantou a voz e non se estivo quietiña dabondo, incomodados despregaron a arma máis afiada que posúe a rede. E decidiron enarborar tan alta bandeira coma a da liberdade de expresión –seica esa liberdade non é igual para todos/as.
Non quixera colgarme medallas que non me corresponden: eu non pechei ASF nin comprendo que estes sentisen ameazada a súa liberdade de expresión. Nunca desexei impoñer o meu criterio, pero recibín a imposición do criterio deles: o de converter un desacordo privado nun espectáculo público e abondo patético. Total, que eu cargarei cos meus erros pero non cos dos demáis, que xa somos maiores. Non quero ofender a ninguén con estas liñas, pero tempouco pedir perdón por un pecado que creo que non cometín. Se houbo algún mal entendemento entre os Aduaneiros e máis eu laméntoo, pero non me resigno a ter que “dicir que chove” . Esta situación paréceme absurda, sobredimensionada e lamentable. Que os ASF fagan o que crean correcto e xusto, que tamén é precisamente o que veño de facer eu.
Yolanda Castaño
Vamos, que todos "santos". Mas quem tem "mais" verdade?
A min o que me sorprende é que Yolanda mintise (no primeiro comunicado)e pase todo iso por alto. Ela segue a meter a zoca aínda máis dentro da estruma.
A putada é que agora non pode ver os gráficos anteriores de aduaneiros. Encantábame aquel do centolo no monte ao estilo do touro de osborne, pero máis achegado á realidade galega. Vamos, unha faena o peche da web, unha das máis imaxinativas que se facían no noso país.
Como diría Gila, si no sabe llevar una broma, que se vaya pueblo.
Coidadiño cos comentarios non vai ser que agora peche Vieiros¡¡ Polo que a min respeta, esta tipa caeme como unha patada no cú, non a coñezo pero a súa aparición en cifras e letras dame arcadas, e moito máis despois de todo isto.
Pois tem toda a razom esta mulher. Eu faço igual. Quando quero comunicar-me com alguem mando a Guardia Civil. Mas, fica claro, trada-se apenas dum acto de conciliaçom para ir achegando posturas.
Mas menos mal que Diaz Pardo tem melhor perder. Senom que havia fazer ele? Chamar o Equipo A? Ou Terminator?
Fica claro que as escussas som-vos como o cu e que, se Roma nom paga traidores, Galiza sim.
Para min que o de pechar a web é algo planeado polos Aduaneiros, non unha imposición xudicial, que eu saiba, polo que máis alá das opinións que se poida ter de Yolanda Castaño,e da súa capacidade para aguantar as críticas, creo que os Aduaneiros están manipulando a opinión facéndose as víctimas, claramente.
Homem, Xos, o feche da página é uma decisão dos ASF, sim. Mas está motivada pela ameaça do advogado a respeito do desenho e dos comentários.
Eu também quero que reabram.
A todo isto... por qué a insultaron?
A Yolanda Castaño,
Como sei que lerás todos os comentarios (asidua mírase que es) gustaríame dicirche:
1. É unha mágoa que non rectificases. Es unha fanfurriñeira.
2. Es unha diglósica recoñecida que no teu programa de "Cifras e Letras" dás consellos aos concursantes para que aprendan e falen galego, pois é a nosa lingua e só nós podemos falala. Es unha falsa, hipócrita e cínica.
3. O teu co de Isaac Díaz Pardo non ten bula papal, nin explicación, nin xeito ningún. Es unha traidora, unha má persoa, unha vingativa e fanchendosa aproveitada.
4. Oxalá que o grupo que che sostén (o da Coruña) che deixe ciscada no mundo da literatura. Non te creas que gustas a todos e todos somos poucos no sistema literario galego. Es unha diva da literatura antimanuelantoniana.
5. Só che desexo que baixes das nubes, que non te creas importante por escribir ou saír na tele. Outros traballamos dignamente na rúa e somos coma ti. Es unha incosciente con proglemas mentais.
6. Agardo tan só que non me censures, nin me envies emails. Eu tamén son "Aduaneiros sem fronteiras".
Clodio.
Clodio, estou totalmente de acordo con todo o que apuntas. Eu tamén son un aduaneiro e un desexoso de que eses círculos de divas que sosteñen figuriñas de porcelana desaparezan. Somos moitos os que lemos en galego, os que loitamos pola nosa cultura e non precisamos de zapatiños de agulla para iso.
Typical from Galiza. Somos expertos en tentar tumbar a aqueles que destacan por algún motivo ou simplemente están expostos públicamente polo seu traballo (así nos vai). Yolanda deixa claro que o que lle molesta non son as críticas senón os insultos. E a quen non! Penso que non é tan raro que pretenda defenderse precisamente diso, dos insultos, e diso deberían ser conscientes os ASF. Ademáis é moi doado calumniar amparados polo anonimato que nos ofrece a rede. Xa somos maiores e cada un que asuma a súas responsabilidades. A miña solidaridade con Yolanda, supoño que non estará a pasar moi ben con todo isto. Eu tamén son Yolanda!
Os aduaneiros fizeram o que tinham que fazer.
Que querias? Que choraram? Que se ageonlharam ante ti suplicando perdão? Que tremeram perante o teu advogado? Que procuraram eles outro?
-Buaaaaaahh, Iolanda, perdoa-nos!
-Bueeeeeeno, vaaaale (a parte de guapa e elegante, que guai son eu, hehehehe)
Tu, bonequinha, ou o teu advogado (não te fies deles, que o inferno está cheio) tomastes a iniciativa. Que os ASF não entrem no jogo diz muito ao seu favor. Eles são imaginativos, não frios e calculadores.
Não entendes que a postura dos aduaneiros não é por uma denúncia de merda? É por uma ACTITUDE.
A tua actitude de censora, de tencionar proibir a livre opinião da gente, de crer que es alguém intocável. Intelectuais, gostais de chamar-vos, quando o que sois é "trepas". Tão jovem e já tão prepotente!
É também um problema de FORMAS. Quando um escritor/escritora necessitou de um advogado para contra-restar as críticas?
Tu mesta te puseste à altura dos comentaristas mais palurdos e brutinhos daquela página. Qualquer pessoa com estilo, não perderia o tempo com aquelas tonterias, porque elas mesmas se descalificam.
Se o problema é o desenho dos ASF, definitivamente careces totalmente do sarcasmo galego. E agora chegas com este comunicado infantil, tecnico e frio no que segues sem reconhecer a tua grande cagada.
Deverias de centrar os teus esforços no teu TRABALHO, não na tua IMAGEM PÚBLICA, que aos escritores de verdade é o que lhes interessa, não os comentários e mexericadas que qualquera deixa numa página sarcástica na internet.
Mas neste nosso país a IMAGEM, o PARECER é bem mais importante que o SER, por desgraça.
O humor dos aduaneiros é um humor inteligente, subtil, e de bastante qualidade estética, e não são responsáveis de que tu não o comprendas, com-prendas ou sem-prendas.
Voltade quanto antes, que vos botamos em falta, e a esta que lhe dêem cifras e letras.
A verdade que estou de acordo con platelminto. Eiquí tentamos derrubar a quen sobresae un pouco. Non temos mais que ver o que fixeron co probe Cuiña. ¡Antropófagos!
CastaÑo deixa claro que contrata a um advogado.
O resto são lérias. Ela não gosta do humor dos ASF e contrata um advogado. Pronto.
Outros entram por Andaluzia com um exército para salvar "la Patria"...
E qué terá que ver Cuiña con todo isto? Un pouco palurdos si que somos.
esta tia é do peor..caghouna e agora quere arranxalo...pero resulta máis patética aínda do q é...moi triste..
A min Iolanda lembrame a unha mistura entre Morticia Adams e Cuíña, que lle vou facer. Platelminto, o sinto. Habería que darlle co diccionario de xerais na Cachola a ver se espabila.
Eu non entendo moitas cousas, nin comparto moitas outras, coma sempre unha batalla esteril.
Isaac Díaz Pardo é un guerrilleiro falando, solta un mitins nas charlas que parece que se vai botar ao monte. Logo pula polo PSOE.:-((¿?
Iolanda Castaño solidarizase con Díaz Pardo pola suposta inxustiza que se cometeu con el ao lle quitaren o control de Sargadelos, e de alí a unhas semanas marcha traballar cos supostos verdugos. ¿¿?? :-(((
Os Aduaneiros aplican o seu inxenio habitual ao asunto e receben unha demanda da Castaño.... e fechan a páxina, sen se resistiren. Cando o asunto da demanda é ridículo e con nulo futuro....¿¿¿¿????!!!!!:-(((((
E os comentarios non resisten un mínimo de análise nin teñen siso, que terá que ver se che gusta ou non o que fai Yolanda Castaño para opinar sobre o tema.
Un pouco de sentidiño por favor que isto parece unha trapallada desas de programas da TV con laricador@s falabarat@s...
mestura entre morticia e cuiña??? jajajajajajajaja moi bó jajajajajajajajajaja
a min lémbrame a Débora hombres jejeje agora q o penso ..jiijijij
Yolanda: que o teu nome "público" sexa en castelán é un insulto ao galego.
Pero, por riba, que cando mandes escritos "serios" o fagas en castelán, é un indicativo moi claro de a que nivel colocas o galego (refírome á carta do teu avogado, que se pode ler na páxina de ASF).
Unha mágoa.
Concordo co Espasende e con mceleiro. O desta muller segue sen ter nome: "A postura inicial foi solicitar -sempre se comeza pedindo o máximo desexado- que se retirasen os comentarios que incluían palabras malsoantes a xeito de insulto, uns 4 ou 5, e a ilustración".
Xa o di todo ela, xa define que tipo de xente é.
Eu tamén son aduaneiro. Cando vai aparecer un concursante no Cifras e Letras que leve unha camisola dos aduaneiros, eu volvín mirar o programa só para presenciar ese momento...
(Por certo, hoxe a ghicha foi procurar aleta no dicionario, dubidou se sería unha palabra galega a que, -seica di algún/ha-, sobrancea na nosa literatura)