O vicepresidente da Xunta afirma que hai un "acordo político" que figura nas actas das comisións informativas organizadas no mes de xuño.
O vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, replicoulle este mércores á titular de Administracións Públicas, Elena Salgado, que existen "probas documentais" de que hai un "acordo político" co seu predecesor no cargo, Jordi Sevilla, para executar o traspaso a Galiza de seis competencias, entre as que está Salvamento Marítimo.
"Cústame facelo, non me gusta, pero teño que contestar cando a ministra pon en dúbida a veracidade das nosas palabras", afirmou Quintana en declaracións aos medios de comunicación durante a súa visita á nova 'galescola' de Fene (Ferrol), en referencia ás declaracións de Salgado, que sinalara que "non lle constaba" que houbese ningún acordo neste senso..
Fronte a iso, o vicepresidente expuxo que, "de todas esas competencias" organizáronse comisións informativas e existen actas. "Se non houbese acordo político non se reuniría a comisión informativa que é o seguinte paso", argumentou.
Pero Quintana, recuerda que tú estás ahí no por los gallegos, que apenas te votaron, sino por esos mismos que te niegan las transferencias y que aceptaron tenerte como Vicepresidente para que dijeras a todo que sí sin rechistar como hasta ahora.
Así que ya sabes...calladito. O haciendo como que te quejas pero votando como hasta ahora a todo lo que te digan los sociatillas.
Gaviotero, non sei como fas que sempre tes algo pra lle reprochar os bloqueiros, ainda que non veña o causo, ou ainda que fagan algo bo, eu penso que xa é vicio, porque tan machecos e chenchos non se pode ser.