Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A espectacular I Copa Cantábrica

Galiza gáñalle a Asturias o último punto e proclámase vencedora do internacional

En exclusiva para Vieiros, "polo constante apoio á nosa loita contra o imperialismo deportivo", O Varal envía unha crónica do intenso internacional da billarda.

Redacción - 13:15 05/11/2007
Imaxe da selección galega coa I Copa Cantábrica

Imaxe da selección galega coa I Copa Cantábrica

Indiscutibelmente Fram Folgueira, o novo palanador e debutante na Auténtica, foi o gran protagonista desta espectacular I Copa Cantábrica xa que decidiu cun espectacular match point o destino final da Copa que se disputou este domingo 4 na pista polideportiva de Piyarnu entre Asturias e Galiza.

Despois de empatar a 2 setos nun igualadísimo partido, no seto definitivo e de desempate entre as dúas seleccións de países aínda sen estado, a maior experiencia dos palanadores da Galiza na alta competición fixo desnivelar a balanza a tan só unha carreira para o remate do encontro. E foi cun espectacular golpeo do mozo Fram o que desnivelou a balanza e fixo que a I Copa Cantábrica cruzase a Ponte dos Santos de volta coa expedición Galega de terras asturianas.

Os mellores do partido
Especial mención merece a gran aportación dos debutantes na Selección coma Delfranco. O italo-galego amosouse implacábel e xunto con Daniel, Juán Pico e o campión galego de Varados, o Coruñés David Fontán, dirixidos esplendidamente dende a banda polo tamén debutante coma seleccionador nacional Ismael, O Zidane da Billarda, fixeron xunto con toda a expedición que Galiza acadara a tan desexada I Copa Cantábrica.

Asturias consolídase definitivamente coma un país cun potencial billardeiro espectacular e crecente. A LNB crea, xunto coa Liga Nacional del Lirio, un importantísimo epicentro en Piyarnu, incluso co explícito apoio e interese do Concello de Castrillón por establecer este xogo como algo duradeiro, e tentar realizar máis torneos tanto individuais como entre clubes de billardeiros dos dous países, así como o inicio de contacto con outros colectivos do país veciño para realizar actos conxuntos.

Copa Cantábrica racha moldes e fronteiras coa forza das olas do cantábrico rompendo nas rochas.

Unha pequena mostra do acontecido, tirada da TV da billarda, TELE-Varal:


Ligazóns

5/5 (13 votos)

Comentarios (15)

ranciadas #1 5/Novembro/2007 ranciadas

Desde cando en galego é o invento de "Asturies".

EN GALEGO É ASTURIAS, ASTURIAS, ASTURIAS, a ver se nos enteramos en Vieiros.

Orlando #2 5/Novembro/2007 Orlando

Querido ranciadas... Asturies non é "inventado", é a denominación que o pobo asturianu lle dá á súa terra, ao seu país, mal que che pese...

lavesedo #3 5/Novembro/2007 lavesedo

querido orlandín...iso será de lluarca pra alló, porque no occidente, os asturianos desa parte sempre dixeron asturias,...ou ti pensas que eses non son asturianos???

Orlando #4 5/Novembro/2007 Orlando

e logo vós ao voso non queredes que se lle chame Galiza??? eu flipo con vós e coas vosas estrañas reivindicacións... e mira que a min os asturianos me dan igual, os de aquí e os de alí...

ranciadas #5 5/Novembro/2007 ranciadas

Orlando, viche algún medio rexionalista asturiano que poña Galiza acaso? Desde cando se di "Asturies"? Dimo campión. O 99% (por poñer unha cifra agradecida) dos asturianos din ASTURIAS e na comarca do Eo-Navia aínda máis, o 100%. "Asturies" é un invento dos rexionalistas asturianos, non din máis ca eles e os mapas franceses. A terminación -as é maioritaria xeográficamente e en número de falantes en Asturias.
Polo tanto calado, informado, viaxado estás MELLOR.

¿O pobo asturiano? CAL, CARO ORLANDO? VIAXA.

Orlando #6 5/Novembro/2007 Orlando

óstia! agora os asturianos non teñen dereito a ser pobo! carallo! os "rexionalistas" asturianos... como andamos! porque eles non poñen Galiza ns seus "diarios rexionalistas" nós non podemos poñer Asturies nos nosos (diarios rexionalistas??? en que ano ou século vives?)En fin, pola miña parte dou por pechado o debate e voume flipando de aquí.

BonKarallan #7 5/Novembro/2007 BonKarallan

Internacional raro, raro entre unha nación e unha rexión.

Kbelho #8 5/Novembro/2007 Kbelho

"A terminación -as é maioritaria xeográficamente e en número de falantes en Asturias."

Non é por levarche a contraria meu caro ranciadas, pero con botar unha simple ollada aos datos estatísticos de Asturies verás que a zona central asturiana, aquela que ten os finais femeninos en -es, é con moito a que máis falantes concentra, moitos máis que a suma do occidente máis o oriente.

Polo tanto fago miñas as tuas palabras e dígoche: "Polo tanto calado, informado, viaxado estás MELLOR."

Un bico doce,

ranciadas #9 6/Novembro/2007 ranciadas

Pois ala viaxa un pouco, xeograficamente é claramente demostrábel que a terminación -as gaña en Asturias. A -es como ti dis só é da área central. E inxenuo de ti, pensas que nesa área central alguén di Asturies senón os rexionalistas? Só coa suma de emigración que hai nesa área fica reducida a terminación -es do termo "Asturies" nun fósil.
Próbame ademais que é histórica. Ao lado de Oviedo existe terminación -as e é área central. Exemplo: Trubia. Vai por alí ou de paso mira un bo manual de dialectoloxía. Despois falamos, campión.
Os falantes mídense por porcentaxe e eses falantes do bable mostran na área occidental e oriental unha porcentaxe moito maior que na central, moi castelinizada, quita as cidades de Oviedo, Gijón e Avilés e a ver que che queda.

mineru #10 6/Novembro/2007 mineru

Por esa regla de tres galiza tambien es un invento,porque yo tambien viajo,y "galiza" no lo dice NADIE en galicia...Solo lo dicen 4 "regionalistas exaltados"

BonKarallan #11 6/Novembro/2007 BonKarallan

E tí, que aquí en GALIZA non hai ningún REXIONALISTA... exaltado. Somos todos NACIONALISTAS o INTERNACIONALISTAS.

¡¡Vai a haber ondonadas de ostias, carallo!!.

lavesedo #12 6/Novembro/2007 lavesedo

mimá a que se está a montar!!!

A ver...se en asturias unha parte da poboación fala galego e teñen nome de seu para o seu país, ou rexión ou o que queirades..., o normal é que un medio galego empregue ese nome, porque existe no galego, no falado en asturias e no falado en galicia. Do mesmo xeito pomos nós castela e non "castilla" en galego, existe ese nome no noso idioma.
Agora, mineru, o de que galiza non o di ninguén... pois será sen contar os portugueses, xente coma castelao, risco, os políticos do bng,...

mineru #13 7/Novembro/2007 mineru

NADIE,en galicia NADIE dice galiza;yo veraneo en portonovo,sanxenxo y toda esa zona y NUNCA escuche a nadie decir galiza,ni viejos ni jovenes,asi que ya sabeis...me parece muy bien que buestro deseo fuese que todo el mundo fuese nacionalista,pero la realidad es otra,el partido mas votado es el pp y despues el psoe,y el bng perdiendo votos cada eleccion....y despues cuatro neo-nazis con delirantes ideas de conquistar todo el noroeste de la peninsula iberica!!!!!estamos todos para callar amiguinos!!!!!

BonKarallan #14 7/Novembro/2007 BonKarallan

Home Gaviotero é asturianu.

En Sanxenxo, Portonovo son todos madriles o fillos de papá.

palleiro #15 8/Novembro/2007 palleiro

En fin, creo que aquí o tema era o encontro entre as seleccións da Galiza e de Asturies, mais como é habitual a xente dedícase a meter baza e discutir o de sempre...
Eu estiven alí, e, por se a alguén lle interesa, o que pasou o domingo en Piyarnu foi un acontecemento importantísimo para esta selección e para o noso deporte! Avante a Auténtica!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As seleccións nacionais, escoitando os respectivos himnos
As seleccións nacionais, escoitando os respectivos himnos
David Fontán, o coruñés campión galego de Varados foi un dos debutentes na auténtica
David Fontán, o coruñés campión galego de Varados foi un dos debutentes na auténtica
Fram Folgueira , o gran protagonista do internacional, recolle de mans de Bernabé Peña, a Copa Cantábrica de Billarda
Fram Folgueira , o gran protagonista do internacional, recolle de mans de Bernabé Peña, a Copa Cantábrica de Billarda