Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Actos reivindicativos polo 20-N

Pintura rosa contra a nostalxia da ditadura

Militantes de Nos-Up tinguiron outra vez de rosa a "cruz dos caídos" de Ferrol e retiraron o busto de Calvo Sotelo do Concello de Tui e varias placas de lembranza no de Ames.

Redacción - 19:40 20/11/2007
As placas que retiraron dunha igreza de Ames

As placas que retiraron dunha igreza de Ames

O día 20 de novembro algunhas vilas galegas amenceron coas cousas algo mudadas e noutras as cousas foron mudando ao longo da mañá. Foi o caso de Tui, onde varios militantes de NÓS-Unidade Popular retiraron de mañá, o busto de Calvo Sotelo da Casa do Concello, onde continuaba presente, 71 anos despois do levantamento militar e 32 anos despois da morte do ditador fascista. A seguir, levaron a cabeza do "protomártir do movemento nacional" á fundición, e desfixérona, "erradicando", segundo contan nun seu comunicado, por medio da "acción directa" os "vestixios de 40 anos de terror".

"A acción directa introduce hixiene, xustiza e dignidade democrática" no país

Varios militantes de NÓS-UP tamén actuaron de madrugada en Ames, onde retiraron dúas placas, (de metro e medio e de mármore) de lembranza "aos caídos" do bando franquista (22 deles da vila de Ames, encabezados polo nome do fundador da Falange, José Antonio Primo de Rivera), así como unha coroa de loureiro que as acompañaba, situadas nun monolito no campo da igrexa da Parroquia de Santo Tomé.

A organización independentista xa lle tiña solicitado ao goberno municipal de Ames a súa retirada, e ao non teren resposta, quitaron eles mesmos as placas, nunha acción, segundo contan "realizada no trixésimo segundo aniversario da morte do xenocida Franco como un modesto contributo da esquerda independentista galega para homenaxear e lembrar a toda a veciñanza de Ames asasinada polo fascismo español".

Eliminando a "simboloxía do terror"

Outro ano máis tamén chegou a quenda de Ferrol, cidade natal do ditador e unha das galegas que até hai nada aínda mantiña unha chea de símbolos franquistas nas súas rúas.

En Ferrol, un ano máis, a "cruz dos caídos" da Praza de Amboaxe amenceu tinguida de rosa, a "cor do antifascismo", segundo contan dende NÓS-UP. Esta non é a primeira vez que isto acontece, (naquela altura foi limpada polo goberno municipal). O ano pasado tamén retiraron o escudo franquista situado na base da cruz, após a negativa da anterior corporación municipal (PPdeG e Independentes por Ferrol) de o facer.

Ademais de achegar este vídeo das accións, a organización puxo na súa web unha relación da iconografía fascista que aínda persiste na comarca de Trasancos, entre os que figuran varias "cruces dos caídos" e placas de lembranza, así como a famosa estatua ecuestre de Franco, que aínda se garda no arsenal militar de Ferrol.


4,6/5 (10 votos)

Comentarios (7)

mceleiro #1 20/Novembro/2007 mceleiro

Tinháis que deixar de tinguir de cor-de-rosa aos símbolos fascistas de pedra e tinguir aos fascistas vivos, que há muitos e passeando com total impunidade.

Nem um só franquista com a cara limpa!

Barcelos #2 20/Novembro/2007 Barcelos

No asilo hai a milleiros.

Barcelos #3 20/Novembro/2007 Barcelos

E na COPE está o peor de todos.

COURELAO #4 21/Novembro/2007 COURELAO

Em tres comentários destes-lhe a publicidade que justamente procura todo portador de mensagem. Nom lhe fagades o travalho de balde.
Só digo umha cousa, que o descrédito ao contrário nom nos faga esquezer as nossas ideias.

fervenza #5 21/Novembro/2007 fervenza

Na praza da Quintana hai unha parede que ten o nome de José Antonio Primo de Rivera.

Gaviotero #6 21/Novembro/2007 Gaviotero

Mal hace Vieiros alentando estas algaradas callejeras. Pero nada, si este es el camino, nos tendremos que poner también los demás a echar pintura rosa en los bustos del embustero de Castelao, por poner un ejemplo.

ecoe #7 21/Novembro/2007 ecoe

Fóra fascismo das rúas e das zonas públicas, e detención e xulgamento dos criminais asasinos de xa 26 antifascistas desde 1980.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: