ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECISIÓN DA XUNTA DE TRATAMENTO DE TEIXEIRO

Piden o segundo grao para 'os tres do Eixo'

Se a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias acepta a solicitude, os veciños poderán saír da cadea para ir traballar.

Redacción - 13:37 23/11/2007

A Xunta de Tratamento do cárcere de Teixeiro, en Curtis, solicitou o segundo grao penitenciario para os tres veciños do Eixo, de xeito que poderían ir traballar. A medida teraa que decidir a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias do Ministerio do Interior.

A solicitude confirmáronlla a Europa Press fontes penitenciarias, que afirman que nos vindeiros días se enviará a Madrid un amplo expediente que inclúe a proposta de segundo grao. A Dirección Xeral dispón dun prazo de 45 días para tomar unha decisión.

Os tres do Eixo atópanse nun módulo de réxime normal de Teixeiro, dous xuntos e o máis novo separado. Alí agardan noticias sobre a petición de indulto que presentaron perante o Consello de Ministros os seus avogados, co apoio institucional e social. Simón Márquez, Xosé Moreira e Xesús Montoiro cumpren unha condena de sete anos por teren agredido un axente policial durante unha manifestación veciñal en 1998.

Están convocadas manifestacións de apoio aos tres veciños para este venres 23 de novembro, coa participación de actrices, actores e representantes veciñais, máis unha concentración o día 29, na praza do Toural de Compostela, un concerto o 14 de decembro no Auditorio de Galicia e unha manifestación o 16 de Nadal.


4,17/5 (6 votos)

Comentarios (3)

mceleiro #1 23/Novembro/2007 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quem caralho pode respetar um sistema jurídico que se deslegitima a ele mesmo uma e outra vez. Aumenta o absurdo deste caso uma e outra vez.

BonKarallan #2 23/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que segundo grao? Eu creo que hai que darlles a Secundaria e tamén o Bacharelato.

E suspenso para o Tribunal por ese fallo...tan bestial.

Gaviotero #3 24/Novembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que cumplen su condena de una puñetera vez y nos dejen tranquilos...Y de paso, que cuando vaya a visitarles el adulador de ZP, Susito de Toro, que lo dejen a él también dentro, por pesado y por sectario.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: