Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate no Congreso

Nin galego na escola, nin portugués na tele, a Rajoy preocúpalle o castelán

O presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero, ironizou co feito de que "un de León" apoie máis o galego que un de Pontevedra.

Redacción - 13:00 13/12/2007

Antes xa fora o daquela voceiro de ERC no Congreso, Josep Lluís Carod-Rovira, e desta volta foi o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, quen puxo en evidencia as posicións do líder do PP, Mariano Rajoy, aproveitando a cuestión lingüística.

"Chama a atención que un presidente do goberno que é de León teña unha posición cara ao galego máis favorábel que a dun líder da oposición que é de Galiza. Isto si que é sorprendente", respondeu Zapatero fronte á interpelación de Mariano Rajoy.

"Celebro que apoie vostede que se poida estudar portugués nas escolas, pero como presidente do goberno español a súa primeira obriga sería garantir que os escolares puidesen estudar castelán no seu sistema educativo", afirmara anteriormente o líder do PP na súa quenda de palabra.

O cruce produciuse despois da intervención de Francisco Rodríguez, quen solicitara o compromiso do executivo para a recepción das televisións portuguesas en Galiza. Ao respecto, Zapatero falou de dificultades técnicas, xurídicas e económicas. No Open Vieiros poden ver tamén a análise que o Movimento Defesa da Língua fai do acontecido na Cámara baixa.

Na web AGalega.info poden ver o extracto dese momento do debate.

Hai dous anos, e durante un debate sobre o proxecto de reforma do Estatut catalán, Carod Rovira respondera en galego a un comentario anterior de Rajoy agradecéndolle aos populares que canto máis falaran do seu partido "máis sube en votos" a formación liderada por Carod. Poden escoitar aquí o audio.


4,95/5 (19 votos)


Comentarios (21)

toivonen1978 #1 13/Decembro/2007 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A política do PP en relación coa lingua e cultura galegas esta sendo para cubrirse de gloria. Afortunadamente, para eles, este país ten a costume de votar sin sabe-lo que vota polo que supoño que volverán a ser a forza máis votada baseando a súa política na patada sistemática a todo o que cheire a Galiza ou galego.

Gustaríame saber que opina Rajoy de tira-la Catedral de Santiago para facer un Hipercor. Xa postos tanta perda para Galiza é a Catedral coma unha lingua coa que Franco non foi capaz de acabar e coa que sí o van a facer Fraga e a tropa que ven detrás.

Logo darán os mítines en galego, e colará, coma sempre, igual que colou durante tempo o discurso de que os socialistas vos quitarán as pensións e os nacionalistas vos quitarán os cartos.

fillotolo #2 13/Decembro/2007 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A todo porco lle chega o seu San Martín e Rajoy non ha ser menos....

larpeiran #3 13/Decembro/2007 larpeiran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Toivonen, non lle deas ideas a Rajoy non vaia ser o demo...

trapalleiro #4 13/Decembro/2007 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

espero que Rajoi lideré o pp por moitos anos xa que co papán que é non gañan unhas eleccións nin facendo trampas

Gaviotero #5 13/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaya, pensaba que Vieiros daba noticias, pero ya veo que últimamente se inclina más por los artículos de opinión...

A Rajoy le preocupan los españoles y los gallegos, que nos sentimos mayoritariamente españoles, le vamos a apoyar masivamente en las próximas elecciones generales.

A otros, como Quintana, lo único que parece preocuparles es mantener el estado que han logrado gracias a los cambalaches en los despachos con los socialistas...Ya saben, coche oficial, secretaria, sueldazo y moqueta.

Y luego, como si hay que apoyar a Maleni. ¡Se le apoya!

Encomiable la operación de limpieza de imagen por parte de Vieiros para hacernos creer que los que se preocupan por Galicia son los bloqueiros. Pero ya no cuela. Por Galicia, el Partido Popular.

carlosroca #6 13/Decembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai Gaviotero que vedes perigar 500 anos de privilexios das e dos españolazos... Desde a morte do Marechal...;-.
Ti de que estamento es? clerical, nobre... militar se cadra?

galeguzo #7 13/Decembro/2007 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#5 Tem cuidado, Gaviotero, com como botas a pascer a tua língua, porque em anteriores comentários teus tens cometido em várias ocasiões um grave delito recolhido no Código Penal (espaÑol, como tu gostas): o de injúrias e calúnias com publicidade (arts. 206 e 209 do CP).

Em virtude da LSSI, os injuriados e calunidados podem solicitar a Vieiros os teus dados (neste caso, correio de registo e/ou IPS desde os quais accedeste) com o intuito de te identificar como pessoa física. Anda com olho... e olho com a língua.

Druida #8 13/Decembro/2007 Druida
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver, eu creo que Gaviotero é unha figura creada por un guionista de Vieiros para crear debate. O digo en serio. Eu non son bloqueiro, nen "sociata", pero o seu discurso decindo que o PP é o mellor para Galicia non ten base ningunha....Lembro que o Sr.Fraga estivo 16 anos seguidos no poder....e dos cales, 8 tiveron goberno "amigo" en Madrid....que tempos aqueles nos que Galicia progresaba....que grandes anos (1996-2004), cantos AVEs, cantas inversións, canta creación de emprego....nunca volveremos a vivir así.

Atlantico #9 13/Decembro/2007 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O de Rajoi esta moi claro, paseano por Madrid sabendo que non vai gañar as eleccions, e logo cando o sustituan por outro, traeno para aqui, de candidato a Xunta, con pinta de "home de Estado" de Madrid, como Fraga.

E mentras Feijoiño quentando o sillón.

mdl #10 13/Decembro/2007 mdl
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais informação aqui:
http://mdl-galiza.org/content/...

iaguinho #11 13/Decembro/2007 iaguinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gaivoteiro tes que andar con coidado que ultimamente hai moito arredista solto pola Galiza. eu so me preocupo pola tua saude campion, deixa de amolar anda, vai ao foro da cope que fixo que ahi atopas amiguetes

toivonen1978 #12 13/Decembro/2007 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, repasa o que puxeches. No segundo parágrafo coido que che sobra unha coma.

Ah, e perdón a todos por si o meu galego escrito non é moi bo pero é que é o que me ensinaron na escola. Unhos minutiños de galego entre horas e horas de castelán. ¿Por onde carallo andaría o meu dereito a empregar o idioma cooficial da comunidade?

Merda, confundinme de discurso, si o que está oprimido en Galiza é o castelán.

galegodosul #13 14/Decembro/2007 galegodosul
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pensava eu que Rajoy era galego,mas, afinal, é um bandido vendido aos castelhanos!

Breixo #14 14/Decembro/2007 Breixo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dificultades técnicas... A Galiza é tan lonxana de Portugal...

Gaias #15 14/Decembro/2007 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Marianico e o peor inimigo que pode ter a nosa cultura. Se por el fose impedia calquer estudo na nosa lingua, facia desaparecer a TVG, e ata regresaba as practicas franquistas respecto as linguas distintas da de Castela.
Con "galegos" asi, quen precisa inimigos.

Tavia #16 14/Decembro/2007 Tavia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Mariano, preocupa-lhe o seu futuro, nom o de Galiza,nem da sua gente, e que lhe aplaudam a COPE e demais facheria. Parabéns a Paco,seria mui útil a medida para nós, mesmo ainda pensado so nas oportunidades económicas e laborais.

piorno #17 14/Decembro/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No comentário #9, o Atlântico pujo o dedo na ferida. O pior vai ser termos que o aturar aqui depois do seu fracasso em Madrid. Um tal arrenegado que parece surgido doutros tempos e dos que já poucos ficam, felizmente.

harizti #18 14/Decembro/2007 harizti
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mariano Rajoy é gallego e español, por tanto defende consecuentemente a súa ideoloxía, ben coñecida por todos. Porén, xa vai sendo hora que na Galiza se comece a entender a diferenza entre ser GALEGO e ser GALLEGO; unha soa letra ten a culpa mais a distinción é fundamental.

galegodosul #19 15/Decembro/2007 galegodosul
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tens toda a razão do mundo, harizti.É tão diferente ser GALEGO e ser GALLEGO!
A mim, galego do Norte de Portugal (Galiza do Sul), separado dos meus irmãos pelos ventos da História, ninguém me convence que Galiza seja Espanha!!!

Gaviotero #20 17/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galeguzo, no me seas tan naci, por favor. Que a mí tus amenazas me dan risa. Y de hecho, cuando no tienes otra cosa más que amenazar demuestras los escasos argumentos que tienes para rebatir.

A ver si te voy a denunciar yo a ti por amenazas, pedazo de mendrugo.

Druida, lo de ser una "figura creada por un guionista de Vieiros para crear debate" es la decimoquinta o decimosexta teoría sobre mí, pero hay que reconocer que tiene su interés.

También se ha dicho que soy un tipo a sueldo del PP e incluso creo que en su día dijeron que éramos un equipo de gente para rebatir ideas contrarias en foros nacionalistas, etc.

Comprendo, Druida, que digas eso de que mi discurso diciendo que el PP es lo mejor para Galicia no tiene base ninguna, pero también comprenderás tú que la opción más votada en Galicia es la del PP, porque la mayoría de los gallegos considera que esta es la mejor opción para Galicia.

Y por favor, no me digas que la unión de las dos opciones perdedoras es la opción más votada, porque el PSOE y el BNG son dos opciones que luego, tras las elecciones y en los despachos, acuerdan en algunos sitios unirse para echar del poder a la opción más votada.

Y sí, Galicia lograba bastante más en los años de Fraga (que tampoco es un tipo de mi devoción, pues tenía mucho de conservador y muy poco de liberal...), que en los tiempos de Quintana y sus 51 millones de euros conseguidos en dos años. Ya sólo le quedan 20.949 millones de euros de los 21.000 millones en los que cifró la deuda histórica.

iaguinho, no te preocupes por mí y por favor, tú y todos los que como tú andáis amenazando, metéos las amenazas por el culo, porque me dais la risa y cuanto más me amenazáis más pienso estar por aquí. Cuando os molestáis en amenazar concluyo que mis intervenciones causan cierto efecto entre los descerebrados...

Lástima que no opteis por dar argumentos y opiniones sin amenazar.

galeguzo #21 18/Decembro/2007 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#20 Denuncia-me se queres, que total já tenho experiência :D

Mas advirto-che que ao próximo insulto chamando-me "naci" (sic) ou similar faço-te visitar os tribunais. Explico-che resumidamente o processo:
1.- Denúncia nos julgados.
2.- Solicitude dos dados de usuário (LSSI).
3.- Pesquisa policial até te identificarem.
4.- Juízo rápido, idemnização para mim (ao redor de 100€) e obriga para ti de pagares o custo de todo o procedimento (mais do triplo).

O único que tenho é dinheiro para ganhar, e nada que perder. Apostas algo? Atreves-te? Ah, muito melhor. Modera logo os teus comentários, porque a liberdade de expressão não ampara as injúrias e calúnias gratuitas. Portanto, se me voltas chamar "naci" (sic) sem aportares provas, já sabes o que che pode esperar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: