O goberno do país veciño mostrou interese na posibilidade de que as televisións lusas poidan transmitir para o noso país.
Trala presentación ao goberno español dunha proposta do deputado nacionalista Francisco Rodríguez, na que solicitaba un múltiplex adicional para Galiza co fin de que se puidera ver así a televisión portuguesa, os dirixentes lusos non tardaron en dar o seu apoio á iniciativa. O ministro de Comunicação Social, Augusto Santos Silva declarou o seu total apoio a este proxecto e o interese de colaborar para lograr que saia adiante.
Santos Silva declarou que dentro das súas competencias e con respecto ás normas legais aplicábeis, “colaborarei nese desenvolvemento”. Dende o Portugal aseguran que o goberno luso está aberto a estudar a posibilidade de dar medios técnicos adicionais para a difusión da televisión portuguesa en Galiza. Malia isto, tamén mostraron a súa desconfianza dado que “este é un tema complexo, con dificultades técnicas, económicas e xurídicas”.
A Fundación Vía Galego (FVG), defendeu tamén a necesidade de que haxa unha vontade política para que as dificultades técnicas sexan “facilmente” superadas. Dende esta organización propoñen á Xunta “dar un paso ao fronte” e realizar a “análise rigorosa e profunda” solicitada por Zapatero para a aprobación do proxecto.
As "dificultades técnicas, económicas e xurídicas” traduzido á língua comum, quer dizer que aqui alguém vai ter que botar mao à algibeira.
E... Caixanova (R), Caixa Galicia, UNIÓN FENOSA (R), Grupo El Progreso (R), El Correo Gallego (R), La Voz de Galicia, Banco Pastor (R), Pescanova, Zara-Inditex, Telefónica... Que opinam de isto todo?? É que só lhes interessam Portugal e Galiza para apanhar os cartos ("a massa") e botar a correr?