Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Xogando e gañando na casa

O balonmán galego pasa ás semifinais

Galiza clasificou os seus catro equipos para as semifinais no Campionato Estatal de Balonmán cadete e infantil, que se desenvolve en Vigo até a terza.

Redacción - 18:15 07/01/2008
O equipo infantil feminino galego

O equipo infantil feminino galego

Os catro equipos da selección galega (masculino e feminino das categorías cadete e infantil) clasificáronse para disputar os cuartos de final, despois duns partidos moi igualados, onde mesmo houbo (nalgúns deles) que chegar á prórroga ou aos lanzamentos de sete metros, para saber quen pasaba á seguinte fase.

Nas semifinais infantís masculinas Valencia xogou contra Galiza, (que moito se tivo que esforzar esta fin de semana para superar a Castela e León por 32-31), e perdeu por 28-25.

En infantil feminino o choque mais igualado foi o que enfrontou a Madrid e Galicia, e no que o remate acabaron sumando os puntos as galegas (17-19), non sen antes ter que pelexar, e moito. Na mañá da segunda feira as anfitrioas víronse as caras en semifinais con Andalucía, mais perderon por 19-22 .

As seleccións na categoría cadete
O encontro mais atractivo de cadete masculino foi o que tivo como protagonista a Galicia e Aragón, que tiveron que chegar a prórroga, esta fin de semana, tras a que foron os galegos os que saíron vitoriosos, por 40-35. Galiza enfrontouse na tarde da segunda feira, en semifinais, a Madrid, gañando por 29-24 e pasando á final, que se desenvolverá na mañá da terza feira.

En cadete feminino a loita por acadar as semifinais foi interesante, con todas as xogadoras dando o máximo para ficar cos puntos, mais as galegas non tiveron problemas para gañarlle a Navarra por 24-15. Na tarde da segunda feira (ás 16:00 horas) xogaban contra as valenciás, con posibilidades de pasar á final.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: