Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: balonman

2/Xullo/2008 /

O OAR vese obrigado a descender por problemas económicos

Volverán xogar en Primeira Estatal, tras venderlle a súa praza a na División de Honra B ao Boadilla.


19/Xuño/2008 /

O BM Coruña volve á Liga Galega

O equipo recuperouse, e volve tras dous anos fóra da competición, tempo no que crearon a Escola Tito Villar e promoveu o balonmán polos colexios.


26/Maio/2008 /

Galiza fica terceira na Copa das Nacións de balonmán

A irmandiña conseguiu o bronce tras vencer ás anfitrioas. A medalla de ouro foi para Brasil, e a prata para Euskadi.


21/Maio/2008 /

Galiza xoga esta fin de semana contra Cataluña, Brasil e Euskadi ao balonmán

A selección viaxa a Cataluña para participar neste cuadrangular froito da Declaración de San Mamés e continuación do Torneo de Baloncesto desenvolvido a fin de semana das Letras.


12/Maio/2008 /

O Porriño proclámase campión da Copa Galiza de balonmán feminino

Deron a sorpresa ao superar ao Parnaiba Guardés por 33-28.


15/Marzo/2008 /

As seleccións pequenas de baloncesto e balonmán volven á casa con medalla

Os combinados infantil, cadete e xuvenil de balonmán (masculinos e femininos) e a selección de baloncesto infantil masculina trouxeron consigo seis medallas e un cuarto posto.


4/Marzo/2008 /

Partidazo para o 20 de marzo: Galiza-Cataluña

Enfrontaranse na Coruña as mellores xogadoras da selección galega e da catalá, lembrando a un dos maiores promotores do balonmán feminino no noso país.


8/Xaneiro/2008 /

Os galegos quedan na casa, con dous subcampionatos no peto

O campionato estatal de balonmán pechou as portas coas finais, que esta terminaban esta tarde. Nelas estaban as seleccións galegas infantil e cadete masculinas e a cadete feminina.


8/Xaneiro/2008 /

Tres finais para os galegos e as galegas do balonmán

Na tarde da segunda feira os rapaces do equipo infantil e cadete clasificáronse para as finais. Pola tarde foi a quenda das rapazas da categoría cadete, que tamén pasaron.


7/Xaneiro/2008 /

O balonmán galego pasa ás semifinais

Galiza clasificou os seus catro equipos para as semifinais no Campionato Estatal de Balonmán cadete e infantil, que se desenvolve en Vigo até a terza.


3/Xaneiro/2008 /

Galiza gáñalle a Cataluña… no balonmán

A selección galega infantil masculina gañoulle a Cataluña na xornada inaugural deste campionato.


3/Xaneiro/2008 /

Comeza en Vigo o Campionato Estatal de Balonmán

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, acompañará aos equipos galegos na súa estrea. Tamén comezan as xornadas de formación para adestradores.


9/Novembro/2007 /

Galiza 22-España 19

Galiza impúxose mesmo a España, nun torneo madrileño de promesas, onde tamén xogaban Madrid e Portugal.


27/Setembro/2007 /

Dándolle pulo ao balonmán por toda Galiza

Cultura e Deporte vén de asinar un convenio de colaboración coa Federación Galega de Balonmán para fixar un programa de actividades de promoción e desenvolvemento do balonmán en Galiza.


16/Setembro/2007 /

"Na arbitraxe do balonmán non se limita a participación da muller"

O pasado domingo arbitrou o seu último partido na primeira división do balonmán estatal, o que foi a súa despedida. No entanto, agora vai traballar para o Deporte Galego.


11/Setembro/2007 /

O Pilotes Posada gañou a I Copa Galicia de balonmán

Marta Souto, presente en toda a competición, destacou o éxito desta I Copa Galicia de Balonmán, tanto a nivel de organización, como deportivo e de público.


24/Xullo/2007 /

Once equipos galegos participarán nesta competición sen precedentes en Galiza

Marta Souto e máis o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro, presentaron a Copa Galiza.


19/Xuño/2007 /

O novo adestrador do Barça dá unha charla en Pontevedra

Manolo Cadenas falará ante o público no Centro Galego de Tecnificación Deportiva e impartirá unha clase dirixida aos adestradores, na vindeira quinta feira, 21 de xuño.


20/Xuño/2007 /

O primeiro campus galego con estrelas internacionais celébrase n'O Grobe

O "Galicia 2007-I Campus Internacional de Balonmán Juan de Dios Román", contará, ademais do ex seleccionador estatal que lle dá nome, con Zupo Equisoain e Rolando Urios, entre outros.


24/Maio/2007 /

A Selección Feminina chega a Galiza para preparar o Mundial

O combinado estatal, que dirixe Miguel Ángel Florido, está concentrado en terras galegas até o 4 de xuño para preparar o primeiro encontro de clasificación para o Campionato do Mundo de 2007 ante Turquía, que se disputa o 2 de xuño no Porriño.