O bilingüismo "en liberdade" do presidente do PPdeG admitiría a metade de materias en galego, malia que pediu esperar.
Sorprendeu este xoves o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, ao emprazar a súa reflexión completa sobre a polémica lingüística para máis adiante, chamando a "esperar a que o programa electoral estea impreso". Xa que logo, dixo Feijoo que non coñece aínda "con exactitude" a proposta de Mariano Rajoy, malia que supostamente el mesmo formou parte do equipo que durante varias semanas elaborou o programa do PP para as próximas eleccións xerais.
Con todo, insistiu Feijoo en negar que Rajoy "queira prohibir" o galego, indicando que o líder do PP "só fala de cumprir a Constitución". "Non temos por que importar o modelo vasco ou catalán, xa que en Galiza hai vida propia e xa había un modelo", teimou Feijoo, criticando o decreto sobre o galego no ensino que en principio o PPdeG aceptara e que máis tarde rexeitou. Paradoxalmente, na súa opinión foi o PSdeG "o responsábel do maior retroceso no consenso lingüístico conseguido entre todos".
O adanismo deste home é insuperabel.E como tal, agarda con sosego a chegada do redentor.Por que disimular ? Por que facer da necesidade virtude ? Alvíssaras !!Alvíssaras !!
O que non entendo é que no PP alporícense cando se lles dí que dependen de Madrid e logo de xeito indirecto, ou non tan indirecto, veñan a ratificar que é ben certo esa dependencia.
Non e o PP de Galiza, e o PP en Galiza (o de Madrid).
Este home e o peor inimigo que podia ter a nosa lingua dende tempos dos dictador Franco.
Feijoo non ten personalidade, nin autonomia nin nada. Para cada proposta ten que telefonear a Madrid para recibir ordes. Pasou co estatuto, que o principio apoiaba e logo boicoteou, pasou co actual decreto de ensino en lingua galega, o principio primeiro SI e despois Non.
Moi ben Frijolito, así vas levar unha de votos de carallo. Penso que a meirande parte dos votos ó PP en Galiza van grazas ó sector da "boina", que son free styles e non dependen tanto dos Madriles, aínda que sexa tan nefastos coma estes.
É patético o deste home, rodeado dunha grea de trosmas de moito coidado, que só devecer por recuperar de algo de poder e de "postiños" para a familia e amigos. Pero xa se lles viu o plumeiro abondo, e se non afundiron (de todo) a Galicia con Fraga á fronte, malo será que estes pimpíns consigan enganar ao pobo agora. Dan moita vergoña e moita pena!
Para que logo digan que o PPdeG ten independencia de Madrid, que defende os intereses galegos, que ten peso no partido estatal...cantos galegos terán que pasar por Madrid en partidos estatais para que haxa un que tire pola terra???
que o diga xa que rexeita ao galego e punto pero non se atreven porque iso é perder votos nonsi senor feijoo????ten que agardar que en madrid lle digan como ten que gobernar e galiza.....que vergoña e este é galego
que o diga xa que rexeita ao galego e punto pero non se atreven porque iso é perder votos nonsi senor feijoo????ten que agardar que en madrid lle digan como ten que gobernar en galiza.....que vergoña e este é galego
Peor es lo de Quintana y el BNG que votan en el Congreso lo que les dicta el PSOE, que ni siquiera es su partido...
Peor es lo de Quintana y el BNG que votan en el Congreso lo que les dicta el PSOE, que ni siquiera es su partido...
#12 Iso viuse claramente cando soubemos que o traballo dos dous deputados do BNG duplicaba ao do resto dos deputados "galegos" xuntos. Ou que cando o perigoso nacionalista radical Fernando Ónega saiu a palestra denunciando que só escoita falar de Galizano Congreso nos escasos minutos que corresponden ás intervencións do BNG.
Claro coma a auga.
A Feijóo e a Rajoy a lingua gústalle máis estufada e castellana, por suposto.
Dubido moito que Quintana vote o que lle dita Touriño, pero se Gaviotero dio é porque seguro sábeo de primeira man. (Díxollo Feijóo)
Ós administradores de Vieiros:
Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.
Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...
Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.
Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡
P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

Bo, tampouco hai que esaxerar, xa sabemos que Gaviotero é unha estrela, pero non de Galiza, senón máis ben un "buraco negro"
Entón á claras fica que a política de Feijoo cara ó galego é con precisa exactitude á que Rajoy vaille dictar dende o castelanizante Madrid.
Non vos queixades de Gaviotero que o día que nono teñamos máis ímolo extrañar.Súmome eu tamén cun...Longa vida para Gaviotero !!! para este espécimen.
Quintana explica en Madrid que el BNG no es independentista
http://www.elpais.com/articulo...
??????????????????????
e iso a que vén?
é o seu problema e máis o teu.