Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Hóckei

Un dos xogadores do Liceo, entre os mellores do deporte estatal

Pablo Álvarez lidera a listaxe dos dez xogadores escollidos da OK Liga para gañar o trofeo Solohockey que outorgan os socios desta web.

Redacción - 13:50 29/01/2008

Pablo Álvarez, o xogador do Coinasa Liceo da Coruña, é o mellor para técnicos e prensa e lidera a listaxe da páxina especializada en hóckei sobre patíns, www.solohockey.net, que lle concederá ao xogador que reciba máis apoios o I Trofeo Solohockey.

Os socios desta web, case cincocentos, serán os que a partir desta semana voten cada sete días ao seu xogador preferido da xornada entre os dez escollidos que previamente votaron todos os adestradores da categoría e algúns medios de comunicación que seguen a competición.

O xogador arxentino é até o de agora o mellor xogador da OK Liga con 27 goles.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: