Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SÓ POR DIANTE DE EXTREMADURA

Lemos pouco

Galiza baixa a súa media lectora con respecto ao pasado ano, cando superaba a cinco comunidades autónomas.

Redacción - 18:30 07/02/2008
Tags: lectura libro

Á metade dos galegos perségueos a cultura, pero eles corren máis. O índice de lectura en Galiza, que indica a proporción de persoas que le con frecuencia, ficou en 2007 nun 51,2%, máis de cinco puntos por baixo da media do Estado (56,9%) e só por diante da de Extremadura. En Madrid (65%), Cataluña (59,3%), Canarias (58,7%), Asturias (58,4%), Aragón (58,2%), Euskadi (57,4%) e Baleares (57,0%) lese por riba da media. O estudo foi publicado pola Federación de Gremios de Editores de España.

Galiza baixa a súa media lectora con respecto ao pasado ano, cando chegaba ao 53% e superaba a comunidades autónomas que agora figuran por diante, como Castela e León, Andalucía, Asturias, Castela a Mancha, ademais de a Extremadura.


5/5 (1 votos)


Comentarios (1)

Xabi1 #1 8/Febreiro/2008 Xabi1

Era de agardar. Quen se tome a molestia de consultar os dados de anos anteriores comprobará que Galiza é un país con escasa afección pola lectura e con cativos hábitos lectores. Pola contra edita-se neste país sen Estatuto de Nazón, cántos libros diarios, dous, dous e medio, tres, incluidas as feiras?. E os editores felices de atopar un mercado non que non só non hai clientes senón que, ademáis, é un chollo porque é imposible perder cartos pois a administración autoanémica adquire unha parte da tirada que asegura que o valente editor non perda cartos. Mercado libre e aberto chaman-lle á figura. Claro que hai que contar co libro de texto, que enche moito a estatística.
Deberían meditar os nosos xestores culturais, os xerentes de editoriais, os editores, os libreiros, os cargos políticos que se ocupan da cousa, os asesores do Cortello da Cultura Galega (ei, para cándo pasará por aí o Consello de Contas a auditar, eh, para cándo?), os asesores de presidente Touriño que proceden da Editorial Galaxia, os intelectuais do País, patrióticos ou non, que trincan en Madrid e na Galiza con ese sabor de quen se sabe intermitentemento colonizado, aqueles alegres muchachos que reuníu a Concelleira de Cultura para que meditaran sobre a Cidade da Cultura... Deberían meditar e, por favor, que non cobren tanto, que non hai tanta pasta.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: