Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FEIRA DO LIBRO DA HABANA

Rosalía baila na boca de Milanés

O cantautor cubano mesturarase con Guadi Galego, Abe Rábade e Anxo Angueira, e con artistas da illa, para recrear e musicar os textos da poeta.

Redacción - 13:31 11/02/2008

O 23 de febreiro o Teatro Mella da Habana acollerá un dos actos máis emotivos de irmanamento entre Cuba e Galiza. O proxecto Rosalía XXI reunirá no escenario a artistas dun e doutro páis, destacando a presenza de Guadi Galego, Abe Rábade e o poeta Anxo Angueira pola parte galega, e de Pablo Milanés pola cubana. Ao mesmo tempo, proxectaranse pezas audiovisuais que contextualizan a figura de Rosalía, nun acto que servirá para homenaxear á colectividade galega na illa.

No mesmo escenario, e un día antes terá lugar o espectáculo Descarga ao Vivo, dirixido por Ramón Pinheiro, e que integra a músicos profesionais galegos e a músicos do Instituto Superior de Artes de La Habana nun concerto creado a partir da investigación sobre o patrimonio musical galego en Cuba.

Outros concertos
Pero son moitos máis os concertos e actividades ligadas á música que acompañarán á presenza galega na Feira do Libro da Habana. De feito, a música galega estará presente dende o mesmo comezo inauguración, que terá lugar o 13 de febreiro, nun acto na praza San Francisco dirixido por Ánxela Bugallo, e onde de seguido terá lugar un concerto de Mercedes Peón. Ao día seguinte, a cantante e gaiteira repetirá actuación no Anfiteatro do Porto. Esa mesma noite Dios Ke Te Crew trasladará aos espectadores á realidade actual galega. E nun ton máis clásico, a Real Filharmonía de Galicia interpretará un programa dirixido por Maximino Zumalave.

Sacha na horta
, gañadoras do A Polo Ghit 2007, actuarán o 16 de febreiro en El Castillito, e o mesmo día noutro espazo da cidade, o Jardín da Música, terá lguar un concerto homenaxe a Galiza do grupo cubano Síntesis con participación de artistas galegos. O 17 repetirá Dios Ke te Crew fará un segundo concerto, e tamén actuarán Marful. Ese mesmo día Abe Rábade tocará o seu Open Doors no Teatro América, dentro do Festival de Jazz da Habana. O 18 de febreiro, será a quenda de Nordestin@s no Gran Teatro da Habana, e o 19 actuará Uxía no mesmo escenario. O 21 repetirá Marful, antes de que Narf peche o día 22 no Teatro Mella esta escolma de concertos galegos na Habana.


Documentos

5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: