Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'As reliquias da morte'

Chega Harry Potter, e faino tamén en galego

Sae á venda o sétimo e derradeiro libro do mago máis coñecido polos rapaces e rapazas de todo o mundo.

Redacción - 13:09 22/02/2008

Baixo o título de As reliquias da morte, J.K. Rowling da vida por última vez, ou polo menos iso é o que afirma a autora, ás aventuras dun dos aprendices de mago máis seguidos a nivel internacional. A partir das 18:30 do xoves 21, os rapaces encheron as librarías para coller entre as súas mans a sétima entrega da colección de Harry Potter, que desta volta, pode adquirirse á vez en galego, catalán e castelán en todo o estado así como en Latinoamérica e os Estados Unidos.

Abraxas, a libraría distribuidora das aventuras de Harry Potter para Galiza, organizou con motivo da saída do libro unha festa á que acudiron decenas de nenos e que contaba coa "presenza" dalgúns dos protagonistas dos relatos. Dende a libraría, Conchita Pardo comentounos a importancia que ten para unha parte do público poder ler as aventuras deste mago en galego, aínda que lamentou que aínda non se poidan ler todas as entregas no noso idioma, xa que tan só están traducidas ao galego a primeira, a segunda a terceira e esta última.



Neste sétimo libro, desvélanse numerosas incógnitas sobre o final dos protagonistas. O protagonista chega ao seu 17 aniversario, data na que finaliza o encantamento protector que o mantén a salvo e ten pendente un enfrontamento con lord Voldemort, no que demostrará que xa non teme ao seu destino.

A Mesa anima a mercar a versión galega

Dende a Mesa Pola Normalización Lingüística felicitaron a iniciativa da editorial Galaxia de editar o libro en galego. Dende o colectivo, fan un chamamento a toda a poboación, en especial a cativos e a mozos, para acudir ás librarías e "facerse cun exemplar de Harry Potter e as reliquias da morte no idioma propio de Galiza", como signo de compromiso e apoio ás creacións culturais feitas en galego. Para isto a Mocidade pola Normalización Lingüística anuncia que porá en marcha unha campaña de animación á lectura de Harry Potter en galego, en centros de ensino, bibliotecas e outros espazos xuvenís.


4,38/5 (8 votos)


Comentarios (4)

Gaviotero #1 23/Febreiro/2008 Gaviotero

Sería interesante saber cuántos se han adquirido en castellano y cuántos en gallego. Eso sí, excluyendo todos los que se adquieren en gallego con fondos públicos para bibliotecas, colegios, etc. con el fin de maquillar unas cifras que muchos ya nos imaginamos...

¡Ahhhhhhhhhhhhh! La imposición nacionalista lo tiene difícil con el libre mercado...

Gaviotero #2 23/Febreiro/2008 Gaviotero

Por cierto, yo ya tengo mi Harry Potter en el idioma propio de Galicia: el castellano.

luimipi #3 23/Febreiro/2008 luimipi

nese caso tamén se deberían desconta-los libros en castelán pra fondos público e bibliotecas...ou precisas axuda?.

Imposición nacionalista?, pero "rapaz", ti sabes q o 63% fala coma primeira língua o galego?????, e que o galego foi dende SEMPRE a língua máis falada aquí?, moitíiiiiisimo antes de que existira o nacionalismo.
Pffff, tes moito que aprender en tódo-los sentidos da vida. Non tomes a "federico" como modelo, pq por ahí vas levar moitas tortas na vida.


E por certo, "en EL idioma propio de galicia:el castellano"....

1. ou non sabes escribir e puxeches EL cado querías dicir UN
2.ou non sabes pq se lle chama "castelán" a ese idioma...e "galego" o noso...

e que nesa frase túa discrepo con todo.

Pra ti QUE É un idioma propio. QUE.


-estudia máis- e non escoites tanto a Federico, que estas a perder cerebro cos anos, nótaseche, antes, sendo toca-pelotas, non eras tan limitadiño e tan tan maleducado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: