Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No Campionato Estatal Absoluto de Natación Adaptada

Dous ouros e unha prata máis para Cimadevila

Conseguiunas a pasada fin de semana en Barcelona. O nadador parolímpico vigués deuno todo, a pesares de ter conseguido xa o pasaporte para Beixín 2008.

Redacción - 19:00 25/02/2008

Era iso o que se xogaban moitos dos nadadores, o pase para as Parolimpiadas de Beixín. No Estatal Absoluto de Natación Adaptada había que facer a marca mínima que daba acceso para nadar en setembro en Beixín, entre os mellores do mundo.

Alí estaban os mellores nadadores estatais do momento, e alí estaba tamén Pablo Cimadevila que conseguiu dúas medallas de ouro en 100 metros de costas, e outra en 200 estilos. A medalla de prata conseguiuna en 100 metros braza.

Aínda que Cimadevila xa tiña conseguido a súa clasificación para Beixín no Open USA do pasado mes de decembro, tiña que referendar a súa marca para 2008 para cumprir os requisitos de clasificación que esixe o Comité Parolímpico Español. O pontevedrés volveu facer o tempo esixido para os 200 metros estilos, proba que domina á perfección, non en van deulle a medalla de ouro en Sidney 2000.

Porque o deporte non entende de limitacións
Segundo conta o propio Pablo Cimadevila, este ano preséntase cheo de competicións, nas que se vai medir cos seus rivais máis directos na loita polos metais parolímpicos. En marzo vai viaxa a Francia coa selección estatal para participar no Open dese país.

Cimadevila está a facer dúas cousas a un tempo: mentres se prepara fisica e animicamente para as Parolimpiadas, céntrase en desenvolver distintas accións para que a sociedade valore o deporte sen limitacións. O pontevedrés ten claro que xa conseguiu o seu maior reto deportivo en Sidney, e agora tamén é importante facer ver que os parolímpicos tamén son deportistas de alto nivel, porque o deporte non entende de barreiras.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: