O PPdeG pide que a emisión sexa en diferido, que se cambie o escenario, ao moderador e que o seu líder protagonice o peche.
Mentres os operarios da CRTVG traballan arreo no hotel San Francisco de Santiago para ter todo listo, os tres partidos non chegan a acordo. Esta mesma tarde volveu haber unha xuntanza entre representantes do PSdeG, BNG e PPdeG. Logo de case dúas horas de reunión, o bloqueo dos populares segue a ser total. Os negociadores da formación conservadora seguen a poñerlle pegas ao escenario elixido, ao xornalista (Alfonso Hermida) e a que a emisión sexa en directo. Mais neste último encontro, as posturas, lonxe de achegarse, aínda se distanciaron máis. O motivo é que os populares esixen que Núñez Feijoo peche a quenda de intervencións.
Os representantes dos tres partidos decidiron suspender as negociacións. Non se agardan máis xuntanzas, porén socialistas e nacionalistas confían en que os populares muden a súa actitude e finalmente non se suspenda o debate previsto.
Abofé que é tan lamentable como esperado. O PP tería todo que perder, e quedaría máis en evidencia - cousa dificil xa.
mimá!, pouco pedían non?. Iso é non querer debatir. E quen teñe medo a debatir as suas ideas, é pq sabe q non son tan fortes...
So podo dicir que me da noxo. E que tería q ser obrigatorio POR LEI os debates...sempre. A ver se nas vindeiras, no 2009 quere...ou pon tamén tantas condiciós
Tamén quería unha saca de votos validada, o censo de mortos do exterior... xentalla. Pois que fagan o debate entre os outros dous e rexouben do que non está
Non importa, total estes non se presentan.
¡O que ten cu ten medo!
E todos os partidos, por turno, com igual tempo: todos os dias da campanha antes das "erecciones". Que são estas, as passadas ou as por vir? Porque parece que os que discutem são só e unicamente os que ganharam (e como ganharam) nas anteriores.
por calar voces fanse estas cousas.
Outra cousa: no caso de ser eu gostaría máis de que fosen os candidatos e non os presidentes, non son eles os van palá?
OS DO PP ESTÁN CAGADOS, TEÑENLLE MEDO SOBRE TODO A QUINTANA.
No anterior debate:
-Rueda (PP): Pouco lle quitou a Zapatero na reprobación da ministra, sr Quintana; podíalle ter kitado mais cando Zapatero fixo esa baixada de pantalóns, ainda q a expresión non lle guste.
-Quintana: Non é q a expresión non me guste, sr Rueda, ademais estou seguro q é algo q vde pratica a muido...
Ao Rueda metéuselle ainda mais para dentro esa boca de rata noxenta!
Pois se o PP non quere debatir moi ben... hai máis ideas coas que facer un debate. Por que non invitan a EU, FPG (aínda que estes últimos desta vez non se presentan), etc?
Se algún non vai, o lóxico é que debatan os que vaian, e se só vai un, que o entrevisten.