Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FERVE A REDE

"Meu osiño, meu candidato", a campaña tamén se pon a cen

Quédanche dez días para 'quentar' o teu microrrelato erótico. Até agora recibimos case douscentos, que compiten por gañar e viaxar a Venecia.

Redacción - 14:00 01/03/2008

O certame de microrrelatos eróticos organizado por Vieiros e a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a ser un éxito dende que se abriu a convocatoria. Continuamos recibindo textos, ao redor de dez por día, sumando xa máis de 175. O prazo continúa aberto até o 10 de marzo, momento en que o xurado comezará a examinar os relatos recibidos.

O erotismo é un tema moi amplo, presente en todos os aspectos da vida, e entre os case douscentos textos hai xa case de todo, dende as creacións máis directas, até aquelas máis poéticas, nas que a sensualidade disfrázase, presentándose a través de símbolos os referencias: ABÁTEME tépeda coa lava doce de molengas amoras que ferve na cova de lapas en que me adentro ou Envoltos no bochorno,incontibles,fruíndo as peles,pasando a formar parte do entorno coloidal.

Descríbese o acto sexual con mestría e variedade: Succión dos meus beizos na túa erecta virilidade. O son das sabas, remexidas polos nosos corpos frenéticos, acoplándose. (...) Despois a Calma, nalgúns casos cun gran sentido do ritmo: e tes tempo para saborear e morder as miñas pestañas e vai e ven e vai e volve e vai e vaite e ven e voume

O sexo na campaña electoral
Tamén a campaña electoral e a política entra nos microrrelatos eróticos: Tesme que facer caso, meu neno, son o teu asesor, oiches? meu osiño, meu candidato. Ou por exemplo nestoutro: Lámbeme a ría de Vigo. Pousa o bico da túa lingua viva no Morrazo e recítame as 500 páxinas do Sempre. Penétrame polas Portelas e mórdeme en cada cume do Xistral. Déitame na bandeira, aberta de pernas e brazos, eu toda vermella e trebéllame, meu patriota, enriba do branco e azul.

Tamén aparece a lingua, a lingüistica e a morfolinguïstica: Así, a monte, cos teus rotacismos, as túas gheadas faringais, os teus seseos predorsais, os teus xes despalatalizados, as túas síncopas. Non deixes nada fóra.

Ou a situación das marisqueiras: Son unhas trinta e todas locen os seus fermosos, redondos traseiros. Dobradas pola cintura, coas pernas un pouco abertas, rabuñan na area cu en pompa. As marisqueiras, na beira do mar, apañan ameixas pintas. O home sementa a area.

Experimentos lingüísticos
Houbo quen experimentou co gíglico, como fixera Cortázar en Rayuela: Completamente buados, gulpámonos a gusto. Criscrós por aquí, fruifrás por alá, sisiamos ata achufar o trusco. Entón foi un murmur e un globglob e un lup lup e vinivai, e todo se silibou por xunto ata que iiiiiiiiish... aaaaaaah. E tamén hai que preferiu investigar os sons do sexo, no canto das palabras: Sigh! Hmmmm Grrrrr Mmmm Wow! Uau! Ai-ai! Slurp! Hum! Así? Si... Aquí? Siiii!

Anímate e participa ti tamén


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: