Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRADICIÓNS

Touriño corrixe á conselleira de Pesca: o Plan Acuícola "non está pechado"

Afirma que se tentarán compatibilizar o respecto ao medio e a creación de emprego, mentres contradí a Pesca, que asegurara que o texto xa estaba rematado.

Redacción - 14:30 06/03/2008

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou este xoves, despois do Consello de Goberno, que o Plan Acuícola non está pechado e que é unha "aposta histórica" do Executivo. Touriño asegurou que a intención do Goberno é reforzar o ambiente sen renunciar á creación de emprego.

Segundo o presidente, "a sociedade ten que ter confianza na aposta decidida do Goberno" a favor da conservación da Natureza, "pero tamén quere ter futuro en temas de emprego", polo que avogou por un "equilibrio" entre o desenvolvemento sustentábel e a creación de postos de traballo.

Con estas afirmacións, contradi o dito por Pesca, que afirma que xa se atenderon as demandas e alegacións "serias e razoábeis" que se presentaron contra o texto, do total de máis de mil.


5/5 (2 votos)

Comentarios (3)

signatus #1 6/Marzo/2008 signatus

Vaia, o anúncio de Elorriaga nom coou. Hai que seguir a jogar ao despiste. Quando passem as eleiçons já falarám claro (ainda que como nom se apurem vam ter as autonómicas enriba e daquela o canguelo vai ser monumental).

Tino #2 7/Marzo/2008 Tino

AVISO A TODOS OS PRESIDENTES DE MESA ELECTORAL:
Os do PP, cando hai votacións mandan aos q fan 18 anos nese ano ao Concello para pedir certificados de maioria de idade.
Polo q moitos levan ese certificado pero AINDA NON TEÑEN OS 18 ANOS O DIA DA VOTACIÓN.

O PP tranpulleiro, coma sempre, intentando saltarse as normas.
Fai q rule!

Fendecroios #3 8/Marzo/2008 Fendecroios

Tino, ¿ti non seras do PSOE ou do BNG?, !non!.Digocho porque parece que se che nota un pouco, que ten que ver iso con as declaracions de Touriño.
Pois o texto non sei si estara pechado ou non. Si as correccions que lle quedan son como as que fixo (anular 5 das que tres o propio plan decia que eran non aptas) non valen de nada. Eu penso que é unha maniobra electoralista, o igual que signatus. Estes ( e mais os outros, PP) con tal de estar na poltrona fan calquer cousa. Moita labia e ao final !tatari que te vi!. !Que lle quede claro!, GOBERNE QUEN GOBERNE,GALICIA NON SE VENDE.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: