Principia a marcha do facho cara a Beixín no que son unhas das Olimpiadas máis polémicas da historia. Polo medio as revoltas no Tíbet e as ameazas de boicot.
O lume olímpico sae esta segunda feira e está previsto que percorra 137 mil quilómetros en 130 días, visitando 23 países dos cinco continentes até prender o Facho situado en Olimpia (Grecia) o vindeiro 6 de agosto, dous días antes de que comecen as Olimpiadas de Beixín 2008.
O lume prendeuse de mañá nas ruínas do templo de Hera, en Olimpia, nunha cerimonia que se puido seguir en directo na web de Beixín 2008, e na que varias actrices caracterizadas como sacerdotisas da deusa Hestia colocan o pequeno facho nun espello cóncavo que concentra os raios do sol.
A viaxe do lume olímpico na era moderna comezou en 1936, durante as olimpiadas de Berlín. Dende aquela a tradición perpetuouse en 16 Xogos Olímpicos de verán e 12 de inverno.
Beixín 2008: as Olimpiadas e os dereitos humanos
Do 8 ao 24 de agosto Beixín será a cidade anfitrioa dos Xogos Olímpicos de 2008, acollendo os milleiros de deportistas que practican, de xeito profesional, os 28 deportes de verán que enchen o programa olímpico.
Mais esta edición das Olimpiadas chega cargada de polémica, posto que a China é un dos países do globo máis sinalados pola reiterada vulneración dos Dereitos Humanos alén das súas fronteiras. De feito nos últimos días foi noticia o que, entre outros o presidente do Parlamento Europeo, Hans Gert Pöttering, denominou "xenocidio cultural do pobo tibetano" a mans do exército e da policía chinesa.
Segundo a axencia oficial de noticias chinesa, da que proveñen case todas as informacións sobre o conflito co Tíbet, após pasaren pola peneira do goberno chinés (xa hai unha semana que non se permite a presenza de prensa internacional na rexión), as autoridades deportivas tibetanas van "tomar medidas de seguridade para protexer o relevo do facho de eventuais feitos de sabotaxe por parte dos seguidores da cuadrilla do Dalai Lama".
No Tíbet, o lume olímpico ha subir até o cumio do monte Qomolangma, coñecido no occidente coma Everest, controlado en todo momento pola policía chinesa e polas autoridades tibetanas. Será en maio, pero até daquela o pequeno facho vermello ha pasar por 21.870 mans dos portadores e portadoras.
Cando Atlanta 96 non houbo boicot ningún. Porén os U$A xa andaban a ben emporcar polo mundo adiante. Nas repúblicas iugoslavas, por exemplo (hai moitos outros, non hai espazo de abondo eiquí para enumeralos), co visto bo da U€.
O señor Pöttering debía vir dar unha volta por Galiza, ou por cincuenta nacións sen Estado máis da Unión Europea, antes de falar de xenocidio cultural fóra das súas fronteiras.
Eu un Dalai non o quero pa nada,ben me chea coa mafia que hai aquí para que nos manden outro dictador teolóxico,jeje
Recoméndovos,se me permitides,esta enlace que fala do tema dos dalai:
http://www.michelcollon...
Home, dar rules polos espazos virtuais está ben aínda que eu fíome máis dos espazos en 3D.O que pasa é que China pechou o Tibet e non poden entrar xornalistas.
E logo China non é patria dun capitalismo salvaxe e dun imperialismo brutal?
TIBET CEIBE,PODER POPULAR.
Oe,independencia,non é algo contradictorio que fales de dar "rules por espazos virtuais" pero que te fias máis do que ves en 3D..e despois soltas un tibet ceibe,poder popular.
Suponho que iso implica que estiveches alí ti para ver o tibet en 3D,non?
Como non podía ser menos, seguindo sempre de frente os intereses da CIA e o rastro dos dólares, por alá andan uns mercenarios ("activistas" di a prensa convencional) dos REPORTEIROS SIN VERGONZAS (RSF) tratandp de servir ós amos e poder cobrar e incrementar a minuta!
En 1980 EEUU boicoteou as olimpíadas de Moscova e non acudiu, argumentando a invasión de Afganistán. Tampouco foron Alemaña, Canadá e Xapón. Reino Unido e Australia acudiron baixo a bandeira olímpica. Curiosamente China non acudiu porque estaba enemistada coa Unión Soviética.
En 1984 a URSS e os países soviéticos, para non ser menos boicotearon as olimpíadas de Los Angeles e non acudiron. Os soviéticos argumentaron falta de seguridade cara aos seus atletas e propaganda contraria cara aos soviéticos. China si acudiu e sacou bastantes medallas.
China está máis preto de EEUU que da Unión Soviética ou de Rusia (agora). Non por ideoloxía, pero si por diñeiro e comercio, polo que vexo moi difícil que vaia haber un boicot ás olimpíadas de China.
Non sería raro que algúns países non acudisen ás olimpíadas. Por exemplo Rusia, que lle debe unha a China, pero os demais seguro que van.
Xa se encargará Bush de tapar a imaxe. De entrada, o Dalai Lama pediu que non se boicoteasen as olimpíadas de China. E isto non o fai porque sexa un home santo, senón porque llo pide EEUU.
O mundo é máis complicado do que parece e hai demasiada corrupción e non soio en Miami.
Eu, fai moitos anos que deixei de crer no espírito olímpico, polo que persoalmente si boicotearei calquera olimpíada que se faga, xa que cada vez ten menos que ver co deporte.
¡Que el Dalai me la lama! Ohhmmmm