Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DATOS DO INE DO 2007

Crece o número de libros editados en galego

O pasado ano publicáronse 1472 obras na nosa lingua, seis de cada dez das que se imprimiron en Galiza.

Redacción - 11:14 29/04/2008

En realidade, o mercado editorial galego e español rexistra variacións moi leves, segundo os datos publicado polo Instituto Nacional de Estatística este luns. Medra lixeiramente o número de títulos publicados na nosa lingua, pasando de 1406 (2006) a 1472 (2007), cun ascenso meirande se comparamos os datos cos de 2005, cando se editaron 1165 obras. Pola contra, a cifra total de libros publicados en Galiza descendeu en case cen títulos. Iso implica unha mellora na proporción de publicación en galego fronte a castelán: máis de seis de cada dez libros editados no noso país está escrito na lingua propia de Galiza (o 62,26%), cinco puntos máis que o pasado ano, cando a publicación en galego situábase no 57%.

A debilidade da industria editorial galega, superada en número de títulos por comunidades autónomas con menos poboación, como Euskadi e Castela e León. Galiza é o sétimo territorio do Estado en publicación de libros.

En canto á lingua, malia ao aumento en cifras absolutas dos libros editados en galego, en proporción co total da produción editorial do Estado, a nosa lingua perde peso, representando o 2,02%, fronte ao 2,12% do 2006 e ao 2,27% do 2004. Oito de cada dez libros edítanse en castelán (78,58%), e un de cada dez en catalán (10,37%); o euskera fica por debaixo do galego, co 1,51%.


4,25/5 (8 votos)


Comentarios (2)

Tino #1 29/Abril/2008 Tino

E baixa o número de falantes de maneira catastrófica. Hai amaño para isto? Si INDEPENDENCIA XA.

baltar69 #2 29/Abril/2008 baltar69

o outro día, na feira do libro da habana, donde á nosa conselleira e un pequeno grupo participaron para apuntalar a imaxe de galicia e contra os que se leva lanzado moitas invectivas e recriminacións ( algunhas das cales entendo xustificadas, outras non ), vendíase o último libro de galeano, " espejos " no equivalente a 50 céntimos da moneda da europa putocrática.
aquí, neste prodigioso lugar de occidente gobernado por unha das ramas máis necias de tódalas monarquías mundanas, neste altar da democracia e da intelixencia supervisada pola filla de emilio botín, o mesmo mamotreto cóbrase a 19 euros ( o que non me parece excesivo, a tenor de como se marcan outros productos de menor calidade e empaque físico, pero si mo parece si teño en conta o monto mensual das pensións non contributivas, que a pesares do que diga touriño, non subirán mensualmente para acometer este dispendio ).
o asunto é que a industria editorial confórmase coma unha quintacolumna ideolóxica para apuntalar o sistema e recibe do poder todo tipo de prebendas, lisonxas e subvencións, polo que raro sería que dende dentro se conculcasen os preceptos da burguesía industrial e económica. e dentro de esas correntes de pensamento non se topa o de concienciar ó lector nin de que lea e fale galego nin o de que galicia é unha nazón.
e aquelas aditorias que naceron ó carón desta concepción do mundo, ó carón da idea de que somos un país de séu, unha nazón, están máis pendentes de sí mismas como fin que como medio para acadar tal futuro.
mal asunto, freixanes.
de todas formas resulta increíble que se publique tanto, que se de voz a tanta cousa, ahora que xa encendémolo lume cos cadradiños esos
( coño, si vira esto pepe carvalho )e nos limpámolo cú co papel ssuaaavvvee do canciño branco. solicito volver ( por ben de todos ) a un sistema mixto e que os volumens de montaigne, de borges, de boris izaguirre, de eduardo mendoza, de pepe miranda, de noam chonsky ou de césar vidal podan acadar acocho en calquera de estos altos desempeños unha vez leídos ou intuídos e non se transformen en tristes portadores de po e ácaros na empolvada librería do salón.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: