Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
BARCELONA POESÍA E DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Unha semana chea de poesía e de letras galegas en Barcelona

Alfredo Conde, María do Cebreiro e Suso de Toro no Día das Letras e, participando na Semana Barcelona Poesía: Pura Salceda, Xiana Arias, Iria Fernández, Miguel Anxo Fernán-Vello e Xoana López García.

Redacción - 15:00 12/05/2008

O día das Día das Letras Galegas deste ano, dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez, celébrase en Barcelona coa presenza do escritor Alfredo Conde, que pronunciará a conferencia “A importancia das Letras Galega”, nun acto no que tamen participarán Suso de Toro e María do Cebreiro, xunto cos poetas cataláns Carles Rebassa i Gerard Vergés. O evento está organizado pola Institució de les Lletres Catalanes e a Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya.

A poesía galega e poetas galegos tamén van estar presenten en diversos actos da 12 edición da Setmana Barcelona Poesia (do 14 ao 21 de maio). Pura Salceda lerá co grupo poético “El Laberindo de Ariadna”. Xiana Arias Rego participará no anual encontro de poetas catalás, galegas e vascas no Centro de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison. Iria Fernandez lerá os seus poemas canda outras nove poetas na presentación do libro Quàntiques! 10 poetes joves en diferencial femení, editado por QUARKpoesia. Miguel Anxo Fernán-Vello falará nunha mesa redonda titulada “O Oficio de poeta” e participará nun acto encol da obra poética de Mercè Rodoreda. E Xoana López García colabora nunha montaxe escénica.

Podes ver aquí os vindeiros actos polo Día das Letras Galegas en Barcelona e a presenza de poetas galegas na Setmana Barcelona Poesia, pero aínda non peches a axenda: o “Maio Cultural Galego” de Rede.cat axiña anunciará moitos actos máis.

Sábado 17 de maio, 19 h
Celebración do Día das Letras Galegas

Conferencia “A importancia das Letras Galega”, a cargo de Alfredo Conde, e coa intervención de María do Cebreiro, Suso de Toro, Carles Rebassa i Gerard Vergés.

Organiza: Institució de les Lletres Catalanes e a Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya.

Saló dels Cònsols de la Casa Llotja de Mar
Pg. d'Isabel II, 1.


Venres 16 maio, 19 h
Lectura poética d’El Laberinto de Ariadna.

Este grupo poético presenta unha lectura con Ricardo Fernández, Josep Anton Soldevila, José Gómez Jiménez, Felipe Sérvulo, Antonio García Lorente, José Costero, María de Luis, José Florencio Martínez, José Luis García Herrera, Miguel Reija, Juan Pablo Martínez, Carmen González, Maite León, Marisa Morali, Ambrosio Gallego, Agustín Calvo Galán, Marga Clark, Pura Salceda, Andreu González Castro, Helga Otero, Àngels Cardona, Guillem Vallejo, Micaela Serrano i Araceli Palma Gris.
Presentación a cargo de Maria Lluïsa Pazos Noguera. Coa presentación do número 17 (edición especial) do “Plec de poesia”.

Casa del Llibre
Pg. de Gràcia, 62


Luns 19 maio, 17.30 h
Mesa redonda “O oficio de poeta”
Dentro das XIV Jornades de Poesia i Mestissatge 2008, os poetas homenaxean Cesare Pavese.

Coordinación: Jordi Virallonga. Coa participación de Maurizio Cucchi, Miguel Anxo Fernán-Vello i Francesc Parcerisas

Aula Magna, Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585.


Luns 19 maio, 19 h
Quarkpoesia

Presentación dos novos libros da colección “Refraccions”, do Servei de Publicacions de la UAB.

Quàntiques! 10 poetes joves en diferencial femení

Len: Anna Ballbona, Clara Comas, Iria Fernández, Anna Lacruz, Laia Martínez, Anna Miralpeix, Ivette Nadal, Txell Pucurull, BlancaVidal e Jahel Virallonga.

Coa preseza de Anna Aguilar-Amat, Josefa Contijoch i Magda Polo (Estuche de lijas - Capsa d’escats), do autor Javier Carnicer e os tradutores Paco Cantero e Eduard Sanahuja.

FNAC Triangle
Pl. de Catalunya


Luns 19 maio, 19.30 h
Un dia era jo un arbre i estava subjecta

Mesa de poetas presentada por Helena González e Francesco Ardolino. Poetas: Itxaro Borda (vasca), Margarita Ballester e Gemma Gorga (catalá), e Xiana Arias Rego (gallega).

Organiza: Centre Dona i Literatura. Coa colaboración da Secció de Basc da Universitat de Barcelona - CCD Francesca Bonnemaison

Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison
Sant Pere Més Baix, 7


Martes 20 de maio, 19 h.
MERCÈS, RODOREDA

A obra poètica de Mercè Rodoreda será tratada nunha mesa redonda na cal tamén se presentarán as primeiras traducións dalgúns dos seus poemas ao vasco, ao galego e ao castelán. Organiza Biblioteques de Barcelona, dentro do ciclo “De pensament, paraula i obra”.

Participan: Marta Pessarrodona, Felipe Juaristi, Miguel Anxo Fernán-Vello e Jordi Virallonga

Biblioteca Guinardó-Mercè Rodoreda
C. de les Camèlies, 76-80


Xoves 22 de maio, 20.30 h
Oh! Menage (Ala PoeSía +)

Montaxe escénica con acción, dirección e selección de versos de Joan-Ignasi Ortuño, coa colaboración de Xoana López García. Unha mirada orixinal e transgresora á lírica castelá de todos os tempos.

Espai Escènic Tísner. Centre Cívic Cotxeres Borrell.
C. de Viladomat, 2-8


2,85/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: