Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
'UNHA IMAXE PARA O GALEGO'

Ti es a re(cámara) do idioma

A partir do día 15 abrirase o prazo para captar en fotografía ou en vídeo as mellores historias sobre a lingua.

Redacción - 10:57 18/05/2008

Nesta fin de semana hónrase as Letras en Galiza. Precisamente, dende esta fin de semana e até medidados de xuño en Vieiros imos estar buscando Unha imaxe para o galego. Un ano máis buscamos fotos e vídeos que retraten o noso tesouro máis prezado como pobo: o idioma. Nesta edición centrámonos na transmisión xeracional do idioma, ese nó que permite que a lingua perviva no tempo e á mesma vez sexa a nosa herdanza.

Este foi o vídeo gañador o pasado ano

Temos premios para os mellores traballos. Envía xa a túa proposta ao concurso Unha imaxe para o galego. Estas son as bases:

A) Fotografía

Buscamos a orixinalidade. As fotografías (.jpg, .png, .gif, tif) deberán ser apaisadas (1 Mb máximo) e poderán ser reencadradas lixeiramente para adaptalas ao tamaño de publicación. Quedan excluídos deseños e ilustracións. Cada foto virá acompañada do nome do autor ou autora, lugar de residencia, correo electrónico (ou teléfono) e un texto cun máximo de 250 caracteres que axuden a contextualizar a imaxe.

B)Vídeo


Os traballos deberán ter unha duración curta (recomendamos unha duración máxima de tres minutos). O autor ou autores poderán optar por enviar obras onde estea ou non presente a palabra. Formatos (mpg, avi, flv, mov...) a un tamaño de 320x240. A liberdade de creación é total. Ao igual que para a modalidade de fotografía pedímosvos orixinalidade e que procuredes esquecer os tópicos...Polo demais, só ficarán fóra de concurso aquelas creacións que poidan conter ofensas contra terceiros.

Tamén volverá haber premios (unha cámara fotográfica e unha videocámaral) para os traballos que escolla o xurado. Cada semana iremos subindo a portada unha escolma dos vídeos e fotos que chegan á redacción. Ide preparando os vosos traballos. Cando os teñades mandádeos axiña a vieiros@vieiros.com


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



"Saca a lingua a flote" de Manu Lago impúxose o ano pasado no apartado de fotos
"Saca a lingua a flote" de Manu Lago impúxose o ano pasado no apartado de fotos