Non só de literatura vive o home. As palabras tamén poden ter forma de instantánea ou de imaxes en movemento. Hai un ano, Vieiros celebraba o Día das Letras dun xeito diferente. Naquela ocasión os lectores mandaron un cento de fotografías coas que definían a lingua galega. Nesta ocasión, o certame dá unha reviravolta e tamén se abre a vídeos. O prazo para enviar fica aberto dende o 4 de maio até 17 de xuño. Os traballos que cheguen para o concurso vanse ir rotando no mosaico superior. Como exemplo, para que sirva de guía, amosamos a fotografía que gañou o ano pasado outro concurso desta casa (O silencio das palabras, de Antonio Matías ) e un curioso vídeo que chama a participar no Albaroque pola lingua
Buscamos a orixinalidade. As fotografías non poderán incluír nin retratos de autores ou xente da cultura, nin bandeiras, nin libros, nin letras, nin bibliotecas, nin imaxes de xornais impresos. As fotografías (.jpg, .png, .gif, tif) deberán ser apaisadas (1 Mb máximo) e poderán ser reencadradas lixeiramente para adaptalas ao tamaño de publicación. Quedan excluidos deseños e ilustracións. Cada foto virá acompañada do nome do autor ou autora, lugar de residencia, correo electrónico (ou teléfono) e un texto cun máximo de 250 caracteres que axuden a contextualizar a imaxe.
Os traballos deberán ter unha duración curta (recomendamos entre un e dous minutos) e en ningún caso debe de sobrepasar os catro minutos. O autor ou autores poderán optar por enviar obras onde estea ou non presente a palabra. Formatos (mpg, avi, flv, mov...) a un tamaño de 320x240. A liberdade de creación é total. Ao igual que para a modalidade de fotografía pedímosvos orixinalidade e que procuredes esquecer os tópicos...Polo demais, só ficarán fóra de concurso aquelas creacións que poidan conter ofensas contra terceiros.
23 de xuño, a poucas horas da noite das lumeiradas, darase a coñecer o fallo do xurado, que estará composto por un fotógrafo, un videocreador e un profesional que designe Política Lingüística. Unha persoa que escolla Vieiros actuará de secretario, con voz pero sen voto.
O gañador da sección de fotografía recibirá unha cámara CANON EOS 400 D, cun obxectivo EF-S-18-55 mm. O de videocreación levará unha videocámara JVC Evereio GZ-MG 275, que inclúe base e mando a distancia.
Tantos as fotos como os videos deberán ser enviados por correo electrónico a: vieiros@vieiros.com