Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ENTRE 8 E 25 MIL ASISTENTES

Rotundo éxito da manifestación pola lingua

A chuvia non impediu que a Praza da Quintana se enchese sobradamente de cidadáns reclamando o seu dereito a facer a súa vida en galego.

Marcos S. Pérez / Vídeo: Lucía Iglesias - 15:07 18/05/2008

"Burra, no hables lenguas menores". Carlos Callón comezou o seu discurso na Praza da Quintana enumerando catro dos exemplos máis recentes de discriminacións ou ataques sufridos por galegofalantes por empregar a súa lingua en Galiza. Os protagonistas deses catro exemplos: Ana López-Suevos, Ignacio Vilar, Xesús da Torre e Eduardo Álvarez, foron os encargados de ler un breve manifesto que reivindicaba, sobre todo, o dereito a "vivir en galego", a ser quen de desenvolver a vida cotiá en todos os ámbitos na lingua propia de Galiza.

Foi a manifestación polo idioma máis numerosa que se lembra, seguramente motivada por algún destes rechamantes casos de discriminación, e nomeadamente polos ataques dirixidos meses contra a lingua galega dende distintas organizacións (encabezadas por Galicia Bilingüe), que parapetándose na defensa dunha suposta 'liberdade lingüística', teñen iniciado unha campaña contra o uso normalizado do galego. Galicia Bilingüe foi o obxectivo de moitos comentarios e berros, aínda que o máis repetido foi o xa clásico Na Galiza, en galego.

Chuviscou e choveu, intermitentemente, pero iso non influíu na asistencia a unha manifestación que resultou, sen lugar a discusión ningunha, un completo éxito, cunha moi visíbel participación de rapaces e adolescentes. A Praza da Quintana, con capacidade para unhas dez mil persoas, encheuse sobradamente, polo que parece claro que a participación superou esa cifra. A organización da marcha elevou o cálculo até as 25 mil persoas, mentres que a policía local rebaixou a asistencia até as oito mil manifestantes.

A marcha estivo encabezada por dúas fileiras de rapaces e rapazas, que portando candansúa faixa, reivindicaron o seu dereito a facer a súa vida en galego, comezando polo ensino, unha das grandes reivindicacións da manifestación, e clave para asegurar a supervivencia do idioma. Na Quintana, o presidente da Mesa, Carlos Callón, afirmou que a situación do galego é crítica, pero que aínda está na man dos cidadáns e das administracións o mudar esta realidade. Felicitouse por iniciativas como as Galescolas ou a Lei de Comercio, pero lamentou a situación do galego no ensino, tanto no universitario coma no obrigatorio, onde levan anos incumpríndose as leis que indican un mínimo de contidos na nosa lingua.

Igual de crítica amosouse a xuíza Ana López-Suevos, contra a que se abriron dilixencias opor permitir o uso do galego nun xuízo. López-Suevos criticou o escasos resultados que ao seu xuízo deron as políticas de normalización lingüística nos últimos 25 anos, e afirmou que en Galiza si existe un conflito lingüístico.

A manifestación en imaxes



A opinión da xente


4,83/5 (46 votos)

Comentarios (40)

lostrego #1 18/Maio/2008 lostrego

Asemella "anormal" que teñamos que sair á rúa na nosa nación para defender a nosa lingua, asemella "extravagante" o que lle aconteceu a Ana e tantos miles... A loita prosegue e continuará namentres existan os españolistas de folla de lata e os colonizados apáticos. Unha aperta agarimosa para a xente da Mesa.

GalizaEmGalego #2 18/Maio/2008 GalizaEmGalego

Video boísimo e que reflite a situaçom no nosso pais.

Difundeo!

http://blip.tv/file/912060/

luisfilipe #3 18/Maio/2008 luisfilipe

E porque não um referendo ao povo galego pela utilização universal e intensiva da sua língua em todos os aspectos da vida e do trabalho? Assim desapareceriam as dúvidas, de certeza.Numa fase posterior logo se discutia a forma de escrita galega,de acordo com a ortografia portuguesa ou não.

Lidor #4 18/Maio/2008 Lidor

Exactamente, luisfilipe, algo parecido a iso ou iso mesmo. E sobre todo acertas na orde de prioridades.

ecoe #5 18/Maio/2008 ecoe

Pois porque os poderes do €$tado €$pañol temen calquera CONSULTA ós pobos. (Esto é: son poderes porque NON se consultan os pobos, o que a xente pensa)

Fixerona unha ves, e nunca máis!

ecoe #6 18/Maio/2008 ecoe

O abano da noticia non é serio: 8 mil ou 25 mil!!

Sabrexo #7 18/Maio/2008 Sabrexo

Amigos, pasade por foros como os de El Correo Gallego. Dise cada barbaridade sobre o galego...

sozinho #8 18/Maio/2008 sozinho

Consultas ao pobo? A ver, a ver. Estamos en Galicia, non en Cataluña nin Euskadi. Esa consulta sería unha derrota estrepitosa que cortaría todo avance posterior na normalización. Choveu moito dende a aprobación pola mínima do Estatuto, pero inda ten que chover moito máis e con prosperidade económica en Galicia para térmo-la suficiente autonomía real (de maiorías) como para decidir.
Esta manifestación véxoa coma un éxito, sen embargo é posible non por Galicia Bilingüe, senón porque hai uns funcionarios e uns políticos que non están a cumprir coas súas obrigas ou non están suficientemente educados nos mecanismos que teñen ao seu alcance para facer fronte a este problema, todos co denominador común de:
-seriedade e construír cultura. Penso que xa pasou a idea da lingua nai e agarimosa que non pode aspirar a unha forte corrección lingüística (se queredes coherencia lingüística) que nos permita producir escritos de alto nivel.

eu_mesmo #9 18/Maio/2008 eu_mesmo

em galego!

Tarelo #10 19/Maio/2008 Tarelo

Xa eran horas de dar unha resposta digna as actuacións da campaña de Galicia Bilingue, sobre todo o acontecido o 20 de febreiro do 2008, no teatro Caixanova, en Vigo, no cal só un grupo de independentistas e algúns mestres de CIG Ensino fixeron visible o seu rexeitamento a campaña de difamación, autoignorancia e victimismo infundado, desta asociación, e sufriron unha abusiva e antidemocrática resposta da Subdelegación do Governo de Pontevedra sen que outras organización mostrasen a súa solidariedade cos/cas respendidos/das.

Algúns galegos levamos tempo esperando unha resposta clara, contundente, reiterada, etc. ás provocacións de Galicia Bilingue, de certas organizacións que se din galegas.

Despois decir que estou encantado de ter participado a pesar da chuvia, porque a chuvia nunca botou atrás a miña participación nunha manifestación.

Das manis, incomodame o exceso de publicidade que se reparte, o exceso de papel, e incomodame que vaiamos tirando lixo alí por donde pasamos, penso que non fala moi ben de nos.

Tamén decir que o son nesta manifestación na praza da Quintana, foi moi malo, non me enterei de nada do que se dixo dende o palco e eso que estiven a 10 metros escasos.

Atlantico #11 19/Maio/2008 Atlantico

Os "bilingues" quedaron hoxe sen lexitimidade nengunha, e hora que vaían pensando na disolución das suas organizacións.

Mcnally #12 19/Maio/2008 Mcnally

¿Que GB quedou hoxe sen lexitimidade ningunha? Anda, non me fagas rir. ¿Despois dos resultados da enquisa que lle encargamos a Sondaxe? Veña home, date un "barrigazo". Levamos xa 70.000 sinaturas recoliidas e mira se estamos subindo que hoxe no diario El Mundo GB e outras organizacións que loitan pola igualdade de dereitos lingüísticos - si, como o oies - en moitas partes de España, copan máis de media portada, o editorial completo e catro páxinas interiores (as primeiras de NACIONAL).

Polo de pronto xa voaron as sancións por non rotular en galego (eu tampouco quero que se obrigue a rotular en castelán), cousa que sen existir GB non se produciría (eu creo que ata o PP de G tragaría). No PS de G hai un mar de fondo que non vexas coa polémica lingüística.

Témome que non temos pensado en disolvernos, senón en aumentar a nosa presenza. Esta semana haberá novidades que a algún lle van escocer,e para a última semana de maio aínda será maior o impacto, e logo máis e máis.

A manifestación de hoxe foi como o das gaseosas, pero xa recuades en moitos argumentos sobre dereito comparado e a CELROM. Quédavos esa ridícula teima de que a lingua natural de Galicia é o galego: non hai lingus naturais, todas son artificiais. O castelán é unha das linguas do pobo galego (non hai mías que darse unha volta por moitos lugares de Galicia), e negar a condición de galegos aos que prefiren falar en castelán e un acto de puro fascismo. Sería como se os finesfalantes lle negasen a condicións de finlandeses aos suecofalantes de Finlandia (alí falan de dúas linguas nacionais, e distinguen finés - lingua - de finlandés - cidadán ou nacional de Finlandia). A ver se algúns aprendedes algo sobre democracia.

O dito, como non te disolvas ti, meu rei, ou a Mesa pola Imposición Lingüística.

Morcego #13 19/Maio/2008 Morcego

Creio que começa a aparecer gente preocupada com a manifestação de hoje e com pujança dos movimentos de cidadãos que legitimamente defende a sua cultura. Ainda bem!...é sinal que se vai no bom caminho.

sozinho #14 19/Maio/2008 sozinho

A liberdade da interpretación do dereito leva a negar que unha lingua sexa natural dun lugar? Claro, o inglés xa non é orixinario da Inglaterra, é do megaciberespazo liberal.
Todo o mundo podemos recoñecer excesos na protección por parte da Mesa, pero os excesos liberais tamén hai que avalialos e sobre todo non liberaliza-las calumnias coma a de imposición=normalización.
Hai que actualizarse tamén, pois estamos nunha sociedade de masas. A consecución dun volume importante de sinaturas depende sempre do manexo da demagoxia que se faga, con medios e cartos ao seu dispor. Todo o mundo sabe quen financia aos gobernos e aos partidos, pero quen financia a Galicia bilingüe? Nota importante: que se manexe ben a demagoxia non lle resta validez á causa, pero tampouco a demostra. Neste caso non fai falta que as miñas sospeitas son que os cartos se traduciron en sinaturas pola vía da publicidade agresiva financiada polo coñecido capital "galego" de sempre.
Pero se infantilizámolo debate en plan: "eu sei de democracia e os nazionalistas non", pois a resposta é ben simple: "e eu máis, ñañañañáña".
Sen embargo a miña postura é que Galicia necesita moito máis diálogo entre verdadeiros liberais e verdadeiros socialistas. Pero aquí todo é moi falso.

Erasmo #15 19/Maio/2008 Erasmo

Certo que Galicia precisa de moito máis DIÁLOGO entre tódolos galegos e galegas que vivimos neste país e que temos a obriga de transmitir a cultura galega ás vindeiras xeracións.

Diálogo pero non de xordos ! O Callón parece que xa ten a lección ben aprendida e agora no vídeo que remato de ver máis arriba atrévese a dicir que para reclamar o dereito a vivirmos en galego temos que AFILIARNOS á Mesa ! Xa lle vale, dentro de pouco xa o vemos de Parlamentario no Pazo do Horreo con coche oficial e todo!

Pero ó que ía:

SINCEIRAMENTE pensades que coa edición de Vídeos tan 'simpáticos' coma o que ven de colgar AMI co título VILINGUISMO podemos chegar a un diálogo responsable en Galicia ?

Digo RESPONSABLE pois o vídeo vai dirixido a unha franxa de idade cando menos preocupante pois non teñen como se defender do lavado de coco que se transmite no guión (por certo técnicamente moi ben feito e cun manexo dos argumentos a favor e en contra dignos dos mellores guionistas e non precisamente de aficionados de fin de semana).

Se este é o camiño para reclamar vivir en galego EU DOUME DE BAIXA deste país dos 'ananos' que algúns tanto lles gusta polo que se vé!

Sentidiño, pouco pero que dure...!

VEÑAN MIL PRIMAVEIRAS MÁIS... EN LIBERDADE !!!

Analizade con calma o Vídeo por favor e xa me contaredes:

http://blip.tv/file/912060/

luimipi #16 19/Maio/2008 luimipi

Erasmo...
o igual que fai Galicia"bilingue", outros colectivos reclaman as súas ideas, acaso so ten dereito galicia"bilingue"?.

ou é que depende de que ideoloxía sexa cada un...pq se falamos de radicalismos, pra min tamén é dun radicalismo supino a proposta de GB da SEGREGACIÓN.

Eles expresan as suas ideas, e están no seu dereito mentres o fagan de xeito civilizado.
agora dis que o que eles din vai pra facer un "lavado de coco"...home, supoño que eles en parte estarán encantados desa afirmación, e digo en parte po-la parte de importancia que lles confires. Son sei ata qeu punto AMI pode influir na xente que non queira xa escoitalos...

Chegar a acordos?, ISO QUEREMOS TODOS. peeeero, amiguiño, o acordo non pasa nin po-la diglosia nin po-la segregación nin por exterminar o galego. (e evidentemente tampouco por quita-lo castelán -pero e que iso é obvio-).

Dicindo que o castelán está en perigo, que o galego é unha língua imposta...chamando á guerra contra o galego, dicindo que na escola so se fala galego e se falas castelán te chaman naZi...

pffff, pero isto é unha película??. hai uqe ser máis realistas.

E o verdadeiro BILINGUISMO, non pasa po-lo SEGREGACIONISMO, nin por evitar que o galego se normalice na vida pública e logo privada do país.

o Bilinguismo real pasa por unha situación de igualdade REAL e legal, na educación e na rúa, das dúas línguas. Da competencia dos falantes. E so con unha asignatura en galego non se colle competencia ningunha en galego. (senon fai a proba, e fala con castelán-falantes q soamente tiveran unha asignatura en galego, poden leer e escribir todo o ben que queiras, pero non o saben falar ben).

Un saúdo, e a "liberdade" que sexa pra todos, incluido pra eses que botan do traballo por falar galego, ou os que non poden denunciar en galego nin un notario ou xuiz...etc etc etc.
iso tamén precisa LIBERDADE (e a de EXPRESIÓN nos foros de GB, que seica falta moita liberdade de expresión por alá).

outrolector #17 19/Maio/2008 outrolector

Ese video da AMI non lle lava o coco a ninguén, érache boa!. É unha trapallada lamentable dalgúns paspáns, que non pinta nada en relación ou comparación con esta manifestación (un éxito que me sorprendeu, que non esperaba de ningún xeito) nin coa actividade e as iniciativas da Mesa, que acadaron algunhas delas resultados sorprendentes mesmo para os que agora se benefician!!! delas (penso en concreto en Caixa Galicia - aquela campaña da mesa para que caixas e bancos atendesen íntegramente en galego aos clientes que así o demandasen - e nos réditos que lle está a dar agora poñer a súa publicidade en galego). Máis nada. Queda claro que a unha grande maioría (intelixente e consciente) dos galegos, a lingua non se lles toca. Grazas e apertas agarimosas para a Mesa!!!

EVAZSOU #18 19/Maio/2008 EVAZSOU

Que interessante.

Quando um dá um olho nas hemerotecas e bibliotecas, e lê os jornais galegos e os prólogos dos livros desde o XIX detecta que em quanto a reivindicação do galego é feita desde pontos de vista civís e/ou políticos nacionalistas e tem um mínimo sucesso público abrolham como cogumelos em outonia antiga os grupos a falarem de imposição e a coparem editoriais e destacados nos jornais galegos.

E quando há na Galiza uma série de iniciativas públicas que reunem gente e se produz um achegamento dos diversos grupos que reivindicam o uso e presença pública do galego como língua da Galiza em todos os âmbitos os jornais Madrilenhos dedicam também titulares e especiais nos que normalmente escrevem destacados académicos da RAE e da RAH.

E já quando a situação começa a ser interessante é no momento em que os meios galegos começam a se inçar, como vermes na podredume, de opiniões escritas num galego que já foi superado pela prática social (mas que até esse momento autores e meias combaterem) a falarem de concórdia, tolerância, sentidinho, diálogo, e destacando se sentirem galegos e espanhóis mas que nunca pataram com a caverna reacionária do nacionalismo, o radicalismo lusitanista e o perigo separatista...

OBSERVADOR #19 19/Maio/2008 OBSERVADOR

Porque nunca chegarão ao final do caminho, ficam sempre na metade, da parte da raia em que diz "EspaÑa".

Estas alegrias são as correspondentes ao "Día das Letras" e mais nada.

Xistral #20 19/Maio/2008 Xistral

Pobre McNally. Non es nada,daquí non queres ser e os dalí non te queren (ocórrelle sempre aos colonizados) e galego coma min desde logo que non, porque non queres ti nin quero eu. Non digas que es galego porque ser galego é outra cousa, ti es español, sínteste español e ti mesmo ou alguén antepasado teu (pais, avós...) renunciou no seu momento a seguir transmitindo a súa lingua, e os motivos habería que analizalos pero seguro que non foi precisamente a liberdade da que falades. E podes estar seguro de que sempre serás un espaol de segunda. E iso de que as linguas non son naturais dun lugar é unha estupidez, ainda que por motivos sociais, económicos e casi sempre militares e de ocupacións duns países por outros haxa linguas que ocupan outros lugares. E en Finlandia hai que saber finlandés aínda que o sueco sexa a túa lingua. E sabes como chegou o sueco a Finlandia: pois pola ocupación. Igual que que chegou o español a Galicia ou a Puerto Rico (onde exterminou o idioma de Borinquén e onde agora están moi preocupados, os da RAE, porque o español desaparece masacrado polo inglés. Podedes ir facer alí unha enquisa con Sondaxe.)Pobre, canto autoodio tes que sufrir, é a grandeza da alienación: os alienados danlle a razón aos seus amos sen darse conta. Que libre es...MacNally...

Gaviotero #21 19/Maio/2008 Gaviotero

Vaya, vaya...en la Quintana cada vez cabe más gente...Si hace unos años se llenaba con 2.500 personas, y hace tan sólo un par de años lo hacía con 5.000...¡¡¡ahora caben 10.000!!!

¿Qué será lo próximo? ¿100.000? ¿1.000.000? ¡Jajajaja!

Justificar con cuatro anécdotas una política de exterminio totalitario es peor que los actos de exaltación nazi de la Alemania de los años 40.

carlosroca #22 19/Maio/2008 carlosroca

Home, volveu Maquiavelo, baixo o nome de Erasmo como sempre.

Coa súa trapallada sofista pretende engaiolar, évos moi optimista.

Só tedes que ler as súas barbaridades nos foros de GB, non é o máis cafre certo mais lle chega ben....

rockandroll #23 19/Maio/2008 rockandroll

Alguns tenhem muita obsessom com os nazis: curioso, protegem e amamantam aos nazis de aquí e colocam-lhe a etiqueta de nazis aos que há trinta anos sofrirom prisom e torturas por luitar contra o fascismo espanhol.

Nom fum à manifestaçom,por diversos motivos; de todos os jeitos haveria que ver se GB é capaz de convocar umha manife de dimensons similares em Compostela...duvido-o. O lamentável é que nom haja unidade no movimento normalizador, entom a vitória seria mais do que segura.

luimipi #24 19/Maio/2008 luimipi

os foros de GB é do máis antiliberdades que mirei, botan de alí a todo o que discrepe, ou non activan as contas de todo o que cheire a "galego-falante"...

seica botaron a Xiao, a Lois...xente qeu non insultaba nin faltaba, e so razoaban...
(e que non saben razoar en GB, so chamar naZi ou fascista, o mais puro estilo da ghaviotiña-jimenezLosantos q temos por eiquí).

carlosroca #25 19/Maio/2008 carlosroca

Alguén con tempo debería publicar en Vieiros as lindezas do foro de GB, sobre todo as barbaridades que lle adican a quen discrepa en galego neles.
Nelas se demostra que GB son primeiro segregacionistas para a preparación dunha segunda fase de exterminio.

C29 #26 19/Maio/2008 C29

Mcnally nom tes nem puta ideia do que passa e passou em Finlándia. Esse é um povo que logrou recuperar a sua lingua nacional, o finês, depois de longuísssssimos anos de diglossía e opressom. Proponho-che umha soluçom à finlandesa: Todo o ensino em galego (finês) com o espanhol (sueco) obrigatorio como materia. Rótulos das ruas em galego (finlandés) excepto nas zonas bilingües. O galego (finês) lingua nacional, com todo o povo com direito a viver nel. Primeira língua do país, indiscutívelmente. Recuperaçom de enormes zonas do país, incluídas as cidades, para a língua galega (finesa). Desapariçom absoluta da diglóssia (hoje os diretivos de Nokia falam finês (galego). Recuperaçom dos nomes e os apelidos em finlandés (galego) quando soíam utilizar-se em sueco (espanhol)
GB, grandíssimos manipuladores da realidade. Se nom sabes ou nom queres saber do que falas, cala a boca que estás melhor. Tu e os teus companheiros NOM MINTADES.

ulo #27 19/Maio/2008 ulo

Máis aló do exito indiscutible da manifestacion, o que é evidente, como ponse de manifesto un día e outro tamen, é o caracter hipocrita da direccion do BNG. Hai que falar con claridades: non se pode estar nunhas institucions que fan politica contra o pobo traballador (ENCE, idioma, deslocalizacions e despedimentos, condicions laborais, aborto, etc.), cos gobernos ou co pobo, non ás dúas, FORA O BNG DA XUNTA.
O BNG nos movimentos sociais parece infiltrado polo PSOE para evitar que os movimentos adquiran o contido antisistema que deben ter na loita polos dereitos dos oprimidos. Que é iso de polo "dereito a vivirmos en galego" (nunha loxica de, como diria un castelan, "virgencita que me quede como estoy"), cando a xente o que berraba era "na Galiza en Galego".
O Movimento pola Base é a maxima expresion desta contradiccion, cando, por exemplo, pide a dimision de Benigno Lopez, o Valedor, que foi posto co acordo do BNG. Temos que dicerlles aos compañeiros do MpB que é lavarlle a cara ao BNG pedir a dimisión do Valedor e silenciar que foi posto polo BNG, porque, tamen ha que pedir responsabilidades dos que o avalaron.
O mesma á Mesa. Foi o BNG quen acordou co PSOE o nomeamento da que é responsable da Normalizacion... que é do PSOE. Ou o BNG non sabía o que ía acontecer cando fixeron o acordo?. Ou son inxenuos, ou son traidores.
Mais, o éxito da manifstacion da manifestacion volve a demostrar o que xa demostrou a manifestacion de Galiza Non Se Vende, as folgas metalurxicas ou o telemarketing,... ha unha esquerda social sen un referente político. Todo retraso na súa construccion é un retroceso para o movimento, pois a dereita e o PSOE, coa colaboracion inestimable do BNG cooptando activistas para as políticas do PSOE, non fican calados nin quietos. Pola contra, despois da manifestacion de onte, o PSOE sabe que o BNG xa cumpriu, fixo a manifestacion, deixou contentos aos activistas de esquerda, sacou a adrenalina dalgúns... mais, a politica non foi derrotada porque o BNG non quere derrotar a politica do seu goberno.
Esta é a conclusion da manifestacion. O BNG prepara unha grande traicio ao pobo galego, como fixo cando acordou o peche da comisión do Prestige, sen que ninguen respondera polo atentado, lavandolle a cara aos Aznar, Fraga, Rajoy, Feijoo... etc.
Desgraciadamente, as derrotas veñen precedidas de grande exitos, salvo que a xente tome conciencia de que o inimigo non só é o PSOE e a dereita, senon que o ten no seu proprio campo.

ulo #28 19/Maio/2008 ulo

E por certo, se Quintana quere parecerse a Ibarreche, indo a manifestacions e cousas polo estilo, que polo menos teña o valor que ten o basco de convocar un referendum para coñecer a opinion dos galegos sobre a autodeterminacion.-
Mais, non vexo eu valor en Quintana, senon un Fraga en pequeno.

luimipi #29 19/Maio/2008 luimipi

Ulo...mesturas moito e engades cousas que non sei de ónde saen.
acouga un pouquiño, que ningún dos 3 partidos con representación en galiza é santo. E tan malos son os radicais dun como os doutros.

pero ti estás a mesturar moito incoherentemente.

saúdos.

ulo #30 19/Maio/2008 ulo

Luimpi, non digas cousas sen explicar: ningun é un santo. Dacordo, mais uns van de "galegos", e defensores da galiza e outros non. O problema non é o que ven ás claras, como o PSOE e o PP. Sabemos quenes son.
O problemas son aqueles que decindo que son os teus, logo pactan con inimigo, e fan parte do goberno.
Ademáis, que é o que mesturo incoherentemente, que o BNG acordou a persoa que ía levar a Normalizacion, que o Valedor contou co aval do BNG, que a comision do Prestige ficou pechada co consenso de todos, incluido o BNG?.
Eso non é mesturar, e dicer as verdades. Cousa que de sempre aos traidores non lles gustou.
Mais, lembra, Luimpi.... Roma non paga a traidores. E cando o BNG xa non lle serva ao estado para frear os movimentos sociais na Galiza, deixaranno na cuneta. E senon o tempo.
O qué foi que lle pasou ao PCE cando a Transicion... No momento en que deixou de ser util para instalar a monarquía,... fora de xogo.
E iso é o que vai a acontecer. Mais non che preocupes, os Quintanas e cia xa montaran... unha nova Coalicion Galega. Que, no fondo, é que queren.
Luimpi, as afirmacios como a túa ha que demostrala, e senon calar.

luimipi #31 19/Maio/2008 luimipi

pra comezar...iso de "acordou"...é un dicir...pois eles non estaban dacordo co nomeamento, e así o dixeron nos medios.

Segundo, ti mesturas cousas, que terá que ver o PCE e a situación da transición coa actual situación de galiza...

xuntas as cousas como mellor lle veñen as túas afirmacións.

terceiro, cal é o inimigo?. Pois pra min o único que vexo posibel é aquel que queira acabar co galego...(e todos sabemos quenes son).

saúdos

Erasmo #32 19/Maio/2008 Erasmo

Que manía andar sempre a buscar INIMIGOS !

Aínda que non comparto con 'ulo' moitas cousas sen dúbida hai dúas que me parecen moi asisadas:

* a referencia a Galicia Non se Vende (vergoñento silencio do BNG Oficial ante un clamor do país)

* a insinuación sobre montar algo máis 'institucional' xa non é un futurible senon UNHA REALIDADE NEFASTA !

Parece que lles gusta o coche oficial e os despachos con moqueta !

Pero unha das cousas que non soporto -e levo xa máis dun ano dicíndollo sen éxito algún- é que non se pode ter un BLOG para falar só (no que nin siquera admite comentario algún)

http://www.falaconquin.com/bng...

Dende O Courel ata as políticas de Subvencións Lingüísticas para espabilados (50 millóns nun Plan de Lectura da Conselleira de Cultura) todo xira ó redor dos cartos e do poder ! Mal asunto!!

moledo #33 19/Maio/2008 moledo

Sim ulo, "fora o BNG da Xunta", como dizes com a "asisada" adesão de Erasmo, todo um defensor dos direitos dos operários e dos galegofalantes.
"fora o BNG da Xunta"..., que está contra o aborto, permite-me que esmendrelhe...não sabeis dizer outra cousa, hom: PSOE, PP, FPG..."fora o BNG da Xunta", que está contra o aborto, fora, que são marxistas, ah, não, são revisionistas social-democratas, fora na mesma, ah, não, impõem o galego, fora, ah, não, são uns liberais vendidos a Espanha, ah, não, amparam aos terroristas...

mceleiro #34 19/Maio/2008 mceleiro

O sucesso da "manifa" é como os jornais que o dia antes publicaram a sua capa "en gallego". Parece que se preocupam pelo idioma, coma os políticos. Alguém acredita que vá forçar mudanças na política linguística? Alguém demitiu? Alguém respostará às exigências populares?

As exigências populares são conduzidas, mitigadas e capitalizadas. Um dia feliz, mas sem consequências. Um fracasso.

Graza #35 19/Maio/2008 Graza

Porque sou português quero ter algum cuidado para que não sejam mal interpretadas as minhas palavras.

Tenho uma enorme reverência pela luta de qualquer povo pela defesa do seus patrimónios. A Língua é um património imaterial de qualquer povo que a fala e o património dos povos são património da Humanidade. O povo galego tem o direito de não querer ver esse património perdido. Compete portanto ao Estado Espanhol desenvolver as políticas que preservem esse valor ainda existente na Galiza.

Esta é uma questão a que não fico alheio porque desde menino me habituei a ouvir em Portugal a Lingua Galega (que para mim era português da fronteira Norte de Portugal) falado pelos imigrantes que nos procuraram nos tempos difíceis de Espanha e aqui se estabeleceram, fazendo a maior e melhor colónia de espanhóis em Portugal.

Sendo o meu apoio sentimental, não deixa no entanto de ser obrigatório.

Um abraço amigo aos Galegos

perplejo #36 19/Maio/2008 perplejo

Superficie de la Quintana (según sigpac): unos 2700 m2.
http://img329.imageshack.us/im...

Densidad de la concentración para obtener 25000 manifestantes: 9,26 personas por metro cuadrado.

Impresión personal. Densidad: 3 personas por m2.(cerca de 4 en la zona más cercana a Platerías, menos de 2 en el entorno de las escaleras).

Número de manifestantes: entre 8000 y 8500 personas.
500 organizaciones cívicas.
De 16 a 17 personas por organización.

prometeo #37 20/Maio/2008 prometeo

Encantoume ver tanta xente(pensaba que íamos a ser menos), a pesares do mal tempo, revindicando o dereito que tod@s temos a usalo galego e defendelo fronte os ataques daqueles que din que o galego pode provocar "graves prexuicios psicolóxicos" nos nenos, entre outra lindezas.

Polo menos que non nos tomen a todos por parvos.

ulo #38 20/Maio/2008 ulo

"... dereito que tod@s temos a usalo galego e defendelo fronte os ataques daqueles..."
Prometeo o problema non é esixir o "dereito" a usalo, senon FACENDO DO QUE ACUSAN SEN MOTIVO, IMPOÑENDOO.
A unica defensa real do galego, nun cadro de opresion nacional e de ataque dende a dereita, ppera ou pesoeira, é o da imposicion. Todo o demáis, son palabras cas leva o vento, e aceptacion, no fundo do bilinguismo.
Na Galiza en Galego, dereito que tod@s temos a usalo galego e defendelo fronte os ataques daqueles que queren destruilo, e non por razos sentimentais, senon ben materiais, O galego é a lingoa que falan os traballladores e as traballadoras, nos barrios populares e no rural. Por iso. O Castelan é, na Galiza, o idioma dos burgueses que queren manter a opresion nacional da Galiza.
E o "dereito o usalo", deixemolo para os castelan falantes. Que queira utilizalo que o use, mais que non pretenda que na Galiza as cousas se fagan que ele quere, en castelan.
Na Galiza en Galego, e "dereito a usar calquer idimoa non galego". Evidentemente, é un dereito de calquer persoa a falar o idioma que lle pete, como si é o chinés.
Mais a loxica do BNG, da Xunta e da Mesa e xusto a contrario; na Galiza "dereito a usalo". Non é dereito a usalo, é deber de usalo. Senon, morre, e o BNG fará de enterrador.
Luimpi, "acordou" pola pasivo. Vexamos, se un das túas sinais de indentidade é a defensa do idioma, e dende o PSOE che impon unha persoas, tés dúas opcions, dicer, "por aí non paso", pois toca a miña esencia como organizacion nacionaliste, e "plantarte", ou, o que fixeron, dicer coa boca pequena "non", mais seguir adiante, sabendo que van facer.
Perfecto. Esto é o exemplo do onde vai o BNG, á poltrona, e os principios facemos como os nenos na clase, a culpa o da al lado. Eu non.... ainda que este no mesmo "goberno/pupitre".
Un goberno é solidario das decisions que toma, se non non se queixen para as proximas eleccions, cando o BNG non teña a forza suficiente para negociar, deixen fora de xogo, como lle fixeron o PCE despois da traicion da Transicion.......... que Roma non paga a traidores.

ulo #39 20/Maio/2008 ulo

E si, fora o BNG da Xunta se non quere desaparecer.
Propoño unha "porra": despois das eleccions autonomicas, cantos partidos van quedar/xurdir
Pola dereita dereita, PP, Terra Galega/PG, e un sector do BNG, que ten vasos comunicantes co PP
Pola dereita do "talante", PSOE e punto. Non ten competencia.
Pola esquerda institucional... a que todo o leva as institucions e aí fican contentos, con subvecions e politicas no papel (declaracions, comunicados, e pouco máis), o resto do BNG, EU IU, se chega, en non rompe antes.
E os 100 mil votos que o BNG perdeu pola esquerda nestos anos, e os 3000 que perdou IU nas últimas. Votos que son da esquerda esquerda, os que defende os dereitos dos traballadores e as traballadores, da Galiza como nacion con dereito a auteterminacion, os dereitos das mulleres (non unha lei de prazos que só unha reforma da atual lei restrictiva sobre o aborto, senon un aborto libre e gratuito, NA saúde publica), os dereitos dos estudantes contra a privatizacion da universidade e o ensino (contra a LOU e Bolonia), contra a privatizacion dos servizos sociais, nin coa falacia da xestion privada, un transporte publico real e non ficticio o servizo do AVE.
Por que na Galiza hoxe ninguen defende esto. O BNG é mentira que o faga, é parte dun goberno que fai todo o contrario, e as súas consellerias fan o mesmo que o PSOE
1.- Consellería de Cultura, mante o Mausoleo a Fraga en Gaiás, hipotecando o conxunto da economia galega cos 600 millons de euros que vai costar, e propon a xestion privada do mesma. Que paren xa as obras e ese diñeiro vaia a contratacion, XA, de medicos e persoal sanitario para resolver as listas de espera.
2.- Consellería do Rural, manten a politica forestal da anterior.
3.- Consellería de Vivenda, non fai planos PUBLICOS de aluguer, só dá axudas, que só serven para que os propietarios dos pisos suban os alugueres, porque como ha subsidio. A unica maneira de combatir a especulacion é que a Xunta construa ela mesma pisos, e ela controle os prezo. A politica da subvencion, que é a do PP, só favorece a especulacion.
4.- Industria... Propon da man de Barreiros e Hijos a privatizacion de ASTANO, agochando trala proposta o verdadeiro problema, a negativa estatal de pór en funcionamento ASTANO como estaleiro publico. Que a Xunta, se non ten lei ca faga, expropie ASTANO e constitúa un grupo naval galego, como propón para o Leite.

Erasmo #40 20/Maio/2008 Erasmo

Lingua Galega: menos imposición e máis imaxinación !

http://www.vieiros.com/open/am...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: