Unicef alerta de que perto de seis millóns de nenos menores de cinco anos poden padecer desnutrición aguda se non chega axuda axiña.
Cómpre axuda inmediata, di a ONU
Unicef alertou, a través dun comunicado, que perto de seis millóns de nenos menores de cinco anos corren o risco de desnutrición aguda debido a continuada seca das últimas semanas. Ademais, o Programa Mundial de Alimentos (PMA) asegura que é probábel que se esgoten os abastecementos de comida licuada, suplemento especial para nenos e outros grupos vulnerábeis, en pouco tempo.
"O goberno etíope, a ONU e varias organizacións non gobernamentais están respondendo á crise, mais o problema é tan grande que se precisa máis axuda para poder atender a todos os afectados durante as próximas semanas e meses", sinalou John Holmes, secretario xeral adxunto da ONU para Asuntos Humanitarios.
A principal causa desta fame negra en Etipopía, ademais da seca, mais o aumento dos prezos no país africano tamén contribuíu ao deterioro da situación. O PMA estima que, entre setembro de 2007 e febreiro de 2008, o prezo do millo aumentou un 83% e o do trigo un 54%.
occidente ten as ferramentas necesarias para eliminar esa tensa espera e chimpalos ó momento.
Fame no mundo, COS GRANEIROS DE OCCIDENTE CHEIOS A BOTAR POR FORA.
Fame no mundo MENTRES A PRODUCCIÓN ALIMENTAR OCCIDENTAL DÁ PARA TODA A HUMANIDADE.
Desabastecimento do Terceiro Mundo como NEGOCIO: OS BENEFICIOS AUMENTAN PARA O CAPITAL FINANCIEIRO PARALELAMENTE Ó INCREMENTO DA FAME.
Os TRATADOS DE LIBRE COMERCIO (TLC) a outra cara do NEGOCIO DA FAME. Os grandes defensores (U$A, U€) do "librecomercio" INUNDAN con SUBVENCIÓNS e outras PROTECCIÓNS, a producción alimentar.
A FAME TRAE as revoltas dos famentos, que salpicarán a nosa COMODIDADE e o noso DESENROLO
FAME: a máis clara demostración da INVIABILIDADE DO MODO DE PRODUCCIÓN CAPITALISTA
E sin tapuxos. O Banco Mundial non axuda Birmania... por morosa!!!
http://www.rebelion.org/notici...