Nos apartados de Cinema e Audiovisual; Artes Visuais; Arquitectura; e Cultura Tradicional e de Base
O xurado dos Premios Nacionais da Cultura decidiron xa catro das dez categorías. Os primeiros premiados son Margarita Ledo (Cinema e Audiovisual); Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura e Espazos Públicos); Francisco Leiro (Artes Visuais); e o Museo do Pobo Galego (Cultura Tradicional e de Base). Cada galardón está dotado de 15 mil euros.
O xurado estivo composto por María Xosé Agra, Rosario Álvarez, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xosé Luis Barreiro Rivas, Xosé Manuel Buxán, María Bouzas, Domingo Docampo, Laura Tato, María Isabel Fraga, Celestino García Braña, Ana Romaní, John Rutherford, Felipe Senén, Xurxo Souto e Ramón Villares. Mais as propostas veñen de diferentes asociacións e entidades de todo o país.
Nas vindeiras semanas iranse dando a coñecer os gañadores das categorías restantes: Artes Escénicas; Literatura; Música; Patrimonio Cultural; Pensamento e Cultura Científica; e Iniciativa Cultural.
Vídeo da presentación dos Premios Nacionais da Cultura
Eu não quero amolar-lhe à "Margarita" (Não Margarida,óbviamente) seus prémios, mas lembro-lhe que a mim censurou-me no semanário A Nosa Terra por escrever num reintegrado muito "tépedo"...Segundo ela estava em Português!! Manda caralho!!
Convivio de personalidades intitucionais, apertas hipócritas, ceia fussiom, vinhos e copas...um carguinho abofé, premios, discursos valeiros, risos, lembra o do meu subsidio..., tenho um projecto boisssimo..., pero agora quem dirixe o departamento? Si! Tesmo que apresentar!, hahahahaha...e queriam faze-lo em reintegrado...hahahaha...a aldeia nom aporta ao progreso, o ruralismo e decimonónico...vam vir uns asesores de Madrid que farán de Galiza unha célula universal de Hespañholidade...ah mira q bem agarra a copa Anxela! Seica ta líada com....