Unha vez vista "a porta da cova de Ali Babá", os 'populares' non pararán até "desenmascarar os 40 ladróns".
O PPdeG confirmou esta cuarta feira que acudirá aos tribunais "sen ningunha dúbida" se a comisión de investigación sobre a suposta axente electoral do PSdeG ratifica o ditame pactado por socialistas e nacionalistas este martes, onde non se lle esixen responsabilidades políticas a ningún membro da Xunta.
"Se se consuma esta comedia, os tribunais obviamente é a porta que fica aberta", razoou a preguntas dos xornalistas o secretario xeral dos populares, Afonso Rueda, aínda que, porén, antepuxo a vía política á xudicial porque o PPdeG "quere que a comisión de investigación e o Parlamento sirvan para algo".
Os populares elaborarán un ditame alternativo ao dos socios da Xunta, onde, ao seu entender, o BNG quedou "retratado para sempre". Ao respecto, considerou que os nacionalistas non poderán erixirse "nunca máis" en "representantes do colmo da ética e da honra" e achacou a "baixada de pantalóns" da formación frontista a "tres anos de coche oficial e gastos de representación".
No texto acordado por socialistas e nacionalistas, sinalou Rueda, non aparecen nin o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, malia que "mentiu" na investigación interna aberta pola Xunta, nin o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, un dos comparecentes na comisión parlamentaria. Neste senso, os PPdeG unha vez vista "a porta da cova de Ali Babá", non parará até "desenmascarar os 40 ladróns".
Quintana: "Non hai cambio de actitude no BNG"
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reclamou ao respecto que se adopten "canto antes" as medidas necesarias para solucionar o "escándalo antidemocrático" que supón o actual sistema de voto emigrante, porque presenta "mil e unha irregularidades" protagonizadas por PSdeG e PPdeG.
Na súa opinión, o "importante" das conclusións da comisión de investigación é a "recomendación moi clara e explícita" para cambiar a situación do voto exterior, e rexeitou que o feito de que o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, delegase no Goberno a toma "das decisións oportunas" sobre responsabilidades políticas signifique "un cambio de actitude" dos nacionalistas.
Núñez Feijoo: "O PSOE paga axentes electorais e o BNG mira para outro lado"
Pola súa banda, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, considerou que o BNG quedou "invalidado" para facer "ningún tipo de manifestación sobre limpeza no voto emigrante" despois de "acompañar ao PSOE na fraude da axente electoral", ao pactar xuntos o ditame sobre este caso. "É moi clarificador ver como o PSOE con diñeiro publico paga axentes electorais e o BNG mira para outro lado", criticou.
Ademais, solicitoulle ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que diga que vai facer a partir de agora por un mínimo de dignidade democrática" ao ter "implicados" neste caso a "dous conselleiros, unha deputada e ao secretario xeral de Emigración".
Ismael Rego: "Se houbese que dimitir, Feijoo non podería estar hoxe en política"
Ismael Rego, voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, retrucoulle a Feijoo que se tivese que dimitir alguén polo asunto da suposta axente electoral do PSdeG, o presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, "non podería estar hoxe en política" pola entrega dun cheque da Deputación de Pontevedra ao Centro Galego de México.
"Non hai ningunha proba que indique que haxa actuación irregular por parte da Administración", sentenciou o voceiro socialista ao respecto do ditame, e recoñeceu ademais que "non concorda" coa "interpretación da situación" que efectuou Aymerich, ao derivar á Xunta a decisión de buscar responsábeis políticos, xa que o acordo non contempla esta posibilidade.
Si ya dábamos por hecho que el PSOE ampararía una característica esencial de su acción política como es la corrupción, lo que resulta más llamativo es el amparo de tales prácticas por parte de los que supuestamente estaban en contra de los agentes electorales.
Desde ahora, a los señores del BNG, que han optado por ser la alfombrilla sobre la que pisotean los socialistas, no les vamos a creer cuando hablen de las políticas de captación de votos en América por parte de sus rivales políticos. No es creíble cuando se ampara esa misma política con tal de seguir en la poltrona.
Y de hecho, desde este momento, el BNG es tan responsable como el PSOE de este turbio asunto de corrupción.
"Se xa dabamos por feito que o PSOE ampararía unha característica esencial da súa acción política como é a corrupción, o que resulta máis rechamante é o amparo de tales prácticas por parte dos que supostamente estaban en contra dos axentes electorais.
Desde agora, aos señores do BNG, que optaron por ser a alfombrilla sobre a que pisan os socialistas, non lles imos a crer cando falen das políticas de captación de votos en América por parte dos seus rivais políticos. Non é crible cando se ampara esa mesma política con tal de seguir na poltrona.
E de feito, desde este momento, o BNG é tan responsable como o PSOE deste turbio asunto de corrupción."
desde esta data e sempre que poida efectuare traduccion ao noso idioma do que escriba o gaivotas este
sempre en galiza
Por cierto, he reabierto mi blog.
http://gaviotero2.blogspot.com
http://gaviiotero.blogspot.com
Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados
Edición xeral
Medio Rural pide aos gandeiros e á industria un compromiso decisivo cos contratos homologados
Edición xeral
Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
Edición xeral