Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÁIS DE 300 MIL EUROS

Aumentan un 54% as axudas á tradución de obras literarias

As subvencións terán como destinatarios traballos de adaptación ao galego e dende a nosa lingua a outra.

Redacción - 17:30 10/06/2008

Con estas convocatoria preténdense incrementar o número de traducións, tanto do galego para outras linguas como no camiño contrario. O ano pasado presentáronse 67 proxectos de tradución ao galego e 50 do galego a outras linguas, o que supuxo un incremento notable fronte aos 37 e 21, respectivamente, do ano 2006.

A convocatoria de axudas á tradución desde e para o galego foi publicada hoxe no DOG. As axudas están dirixidas ás empresas editoras, cun orzamento de 282.689 euros.

Para favorecer a exportación de textos de autores galegos a outras linguas, este ano a Consellaría de Cultura convocou por primeira vez axudas ás probas de tradución, cunha partida de 25.000 euros. Trátase de apoiar a tradución a outras linguas de fragmentos de entre 100 e 1000 palabras cos que se procura que as persoas ou entidades do exterior poidan formar unha primeira opinión con respecto da obra, para iniciar os contactos para a edición dese texto na súa lingua.

Case medio millón de euros para o audiovisual
A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Axencia Audiovisual Galega, tamén vén de publicar no DOG as bases para optar ás axudas para a realización de filmes e teleseries en lingua galega. A contía da convocatoria ascende a 450.000 euros, de xeito que se equipara á dotación do ano pasado.

Poderán aspirar a subvención os seguintes proxectos: longametraxes de ficción superiores a 60 minutos; longametraxes documentais superiores a 60 minutos; tv-movies de máis de 80 minutos; formatos televisivos; e pilotos de series de animación para televisión.

A contía da axuda non superará o 50% dos custos totais do proxecto en cuestión, e cun tope máximo subvencionable de 30.000 por idea presentada. Nesta convocatoria poden participar tanto particulares como produtoras ou produtores independentes.


Ligazóns

4.14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: