Defende que se amplíen de 350 a 400 o número de escanos para contar cunha "circunscrición electoral de restos".
Almudena García, coordinadora comarcal da Coruña
Esquerda Unida (EU-IU) anunciou esta quinta feira na Coruña que levará a cabo unha campaña de recollida de sinaturas en todo o Estado para modificar a actual Lei Electoral española baseada na circunscrición provincial.
A responsábel da campaña de recollida de sinaturas, Presentación Urán, afirmou que o actual sistema electoral é "inxusto, discriminatorio e limita o pluralismo democrático" que existe dentro da sociedade española.
Ante a actual fórmula que "beneficia o bipartidismo", propoñen un novo sistema baseado na "circunscrición electoral de restos". Un método que segundo Almudena García, coordinadora comarcal da Coruña de EU-IU, "permitiría que a xente non renunciase á súa ideoloxía á hora de acudir ás urnas".
50 escanos máis
O novo sistema suporía ampliar de 350 a 400 o número de escanos, tal e como permite a Constitución española. Deste xeito crearíase, cos 50 novos escanos, unha circunscrición de restos onde computen o conxunto de votos emitidos a nivel estatal que non foron utilizados para a asignación de escanos nas diferentes circunscricións provinciais.
A medida, segundo os cálculos dados a coñecer por Presentación Urán, "só prexudicaría os grandes partidos", mentres que o resto de forzas políticas manterían os mesmos deputados, a excepción de IU que pasaría de dous a catorce.
1978-2008
TRINTA ANOS PARA DESCUBRILO?
Estades de coña!
Bom, podeis dizer-lhe a Rosa Aguilar que aceite o postinho que lhe prometeu o PSOE e desde ali mudar a lei eleitoral....
Assim quereis refundar IU?
Que vergonha!!
A ver se o entendo:
"A medida, segundo os cálculos dados a coñecer por Presentación Urán, "só prexudicaría os grandes partidos", mentres que o resto de forzas políticas manterían os mesmos deputados, a excepción de IU que pasaría de dous a catorce."
¡Caralludo!. E a min que non me saen as contas. Se hai 50 escanos a repartir, o PP e o Psoe perden escanos, os nacionalistas non ganan ningún e IU gana 12, ¿onde van os outros 38 sen contar os perdidos? ¿ A UpyD?.
A noticia non é moi extensa, pero do que se di dedúcese que o computo de restos farase a nivel ESTATAL, de forma que aqueles escanos que sobraron á hora de obter representante PROVINCIAL súmanse nunha UNICA circunscrición estatal, e nesa circunscrición repártense os 50 novos escanos. En resume, do que di Purificación Urán o único certo é que os partidos nacionalistas manterían os mesmos deputados, pois en España hai 54 provincias (se non me equivoco) e en Galiza ou Cataluña, 4 e en Euskadi 3. Así poucos restos poden ter.
Así que os 50 escanos repartiríanse entre os partidos de “ámbito estatal”, é dicir entre o Psoe, o PP, IU e UpyD. O que di esa señora sobre que IU conseguiría uns 12 deputados máis (de 2 a 14) pode ser certo (dubidoso, pero posíbel), pero o que é totalmente falso é que PP e Psoe sairían prexudicados. ¿Non serían eles os que se repartirían os outros 38 escanos, menos algúns para UpyD.” Deste xeito seríalles máis fáciles de conseguir maiorías absolutas ao PP ou ao Psoe.
Iso si. IU sería a terceira forza política. E o nacionalismo e a esquerda ficarían máis debilitados. E o gran ganador sería a España de Savater.
Nota: O anterior comentario está feito exclusivamente a partir do artigo e, por tanto, pode ser erróneo, pero é o único dato que teño. IU ou Vieiros ou mesmo o BNG poden facer unha demostración de como quedaría o parlamento actual con esta reforma, á vista dos últimos resultados electorais. Sería vital coñecer ese dato antes de apoiar a campaña de IU.
En calquera caso. ¿Non sería mellor apoiar a circunscrición autonómica para todas as eleccións (salvo as municipais, claro) e deixarse de caralladas?
Cada partido político que recolla as sinaturas polo sistema electoral que máis lle benficie. A ver quen colle máis? Esto non se fai ásí Esquerda Unida. Deixade de mareala perdiz! Ainda por riba ampliar o número de chupóns e aproveitados, e que? aumentamoslles o plus de altos cargos, tamén? Veña, máis escanos, máis diputados, máis conselleiros, máis alcaldes, máis tenentes alcaldes, más concelleiros, que algún lle á de tocar a IU. Non lle fagades gastar as poucas forzas que lles quedan as vosas bases e simpatizantes nesta paiasada , abordade dunha vez os temas realmente importantes, Cando demiten os responsables locais, comarcais, nacionais, e federais, da debacle de IU? e da falta de democrácia interna? Cando? Ah, si, inventemonos unha trangallada nova chamemoslle IU abierta e tiremos para diante .... coma sempre. Os problemas é mellor non abordalos, esquivalos, xa se solucionan por si sos, ¿non?
¡Jajaja! Estos de IU, o lo que queda de ellos, son unos cachondos. Se han tirado dos legislaturas de apéndice del PSOE y ahora que se le han ido los votantes al PSOE quieren que pongan más escaños en el Parlamento para ver si les cae alguno...¡¡¡NI DE COÑA!!!
Circunscripción única y un porcentaje mínimo de votos para tener representación en el Parlamento Español, de forma que queden fuera todas las fuerzas políticas cuyo ámbito de actuación sea regional y no nacional: CiU, PNV, BNG, etc.
Así, que gobiernen alternativamente, de acuerdo con los votos obtenidos, PSOE y PP, sin ataduras ni chantajes nacionalistas.
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral