Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Celta Wild Rovers

Crean unha peña celtista en Irlanda

A "conexión Celta" e as ganas de sufrir polo equipo chegaron até Dublín e Cork. Hai galegos, pero tamén moitos irlandeses que na vida pisaron Galiza.

Redacción - 13:15 11/07/2008
Escudo da peña celtista de Cork

Escudo da peña celtista de Cork

Segundo explican na súa web, o Celta Wild Rovers é un "club de fan do Celta de Vigo en Irlanda". Teñen membros nas cidades de Dublín e Cork, "moitos deles, sen ningunha relación con Galiza".

Por que non un equipo Celta nun país celta?

Por que o Celta? Preguntan na súa páxina, e a seguir responden: porque o nome do clube significa celta ("Celta means 'celtic' in the galician language"), porque Galiza é un país Celta no verde recanto noroeste de Europa e porque o noso país comparte con Irlanda "tradicións, paisaxes, a cultura e a música tradicional".

A seguir din que o "RC Celta de Vigo é un equipo de fútbol que representa á cidade máis importante de Galiza, Vigo, pero ten seguidores en todas as provincias do país, en España, Europa e América. As cores do Celta son as da bandeira galega e o seu escudo a cruz de Santiago, coma Santiago de Compostela é a capital de Galiza.".

Por todo isto, terminan, "Por que non un equipo Celta nun país celta?".

Na súa páxina (que está tamén en galego) inclúen o manifesto elaborado por un grupo de celtistas (Salvemos o noso Celta), traducido ao inglés, ao que tamén se adheriron, e varias ligazóns a peñas celtistas (Comando Celta, Centolos Celestes, ou á Canteira Celeste...) e, entre outras cousas, á web do Celtic, clube homónimo do galego da cidade de Glasgow (Escocia).


Ligazóns

4.55/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: