A alianza de investigadores presentada hai dez días suma xa uns 120 asinantes en Galiza, Euskadi e Cataluña. Falamos con Uxío-Breogán Diéguez, coordinador do colectivo.
Xa existe un Galeusca político, un Galeusca de escritores e un de editores. Parece lóxico polo tanto que naza agora un de historiadores, tendo en conta as problemáticas comúns que unen a Galiza, Euskadi e Catalunya. O obxectivo é afondar no coñecemento da historia dos tres países, con problemas e conflitos comúns no pasado e no presente, e que foron deitando pontes de unión cultural, política e económica ao longo do tempo. Fan agora 75 anos da formalización da primeira unión política e cultural das tres nacións: o Pacto de Santiago asinado en Compostela en 1933.
Trátase dun proceso que vén de atrás, de meses de conversas entre profesores e historiadores dos tres países, e que culminaron a mediados de xullo coa formalización desta alianza de investigadores da historia de Euskadi, Galiza e Catalunya. Por suposto estas relacións xa existían previamente, e este acordo non constitúe máis ca un marco no que formalizar este traballo conxunto, superar obstáculos comúns e en certa forma dar cobertura legal ao que xa se viña facendo.
A creación da nova alianza de historiadores das tres nacións sen Estado foi moi ben acollida nos tres países, xuntando en menos de dúas semanas ao redor de 120 adhesións e atopando moi escasas cautelas entre todos os investigadores que foron convidados a asinar.
"Os historiadores debemos facerlle ver á xente que o presente ten que ver cun pasado"
Nos últimos tempos intensificouse a loita simbólica entre unha visión unificadora e castelancentrista do Estado, defendida dende Madrid por sectores políticos conservadores, e as visións que dende a periferia reclaman unha concepción diversa cultural e lingüisticamente de España. Uxío-Breogán Diéguez, coordinador do grupo, reclama saír fóra do discurso estabelecido nestes termos: "eu, como investigador da historia de Galiza, considero que fago historia dende o centro; só dende unha visión que tome a Madrid como centro pódese interpretar a Galiza como periferia".
A historia é unha construción social, feita sempre a posteriori, sobre feitos consolidados, e conformando un discurso e un punto de vista sobre unha comunidade. Ten como todo discurso unha carga de ideoloxía inevitábel, que non invalida a súa validez científica. Uxío-Breogán Diéguez reclama a necesidade de que a historia adquira unha función social: "os historiadores debemos facerlle ver á xente que o presente ten que ver cun pasado, a nosa función é explicar de onde vén o presente; despois son outros os que deben actuar en función deste coñecemento".
Congreso en outono de 2009
Galiza erixiuse como motor destacado desta asociación, non só porque a alianza se presentase en Compostela, senón pola numerosa e activa presenza de historiadores do país, comezando polo propio Uxío-Breogán Diéguez e Carlos Velasco, e mesmo incluíndo neste grupo a Xosé Estévez, de orixe galega, e representante dos historiadores vascos.
Ademais da realización de investigacións conxuntas, o grande obxectivo da alianza é a organización dun congreso que reúna en outono de 2009 a historiadores dos tres países. Aínda non se decidiu onde se celebrará, pero si se anunciou que as temáticas serán amplas, estruturadas en numerosas seccións e mesas. Nos vindeiros meses sucederanse as xuntanzas para delimitar os aspectos concretos do evento. Uxío-Breogán Diéguez desprazarase por exemplo o 11 de setembro a Barcelona para continuar cos debates.
Aquí podes ler o manfesto completo e adherirte
A união cultural e política mais perfeita dessas três nações chama-se ESPAÑA é abrange mais uma nação, a castelhana.
Se tanta união querem com nações com as que nem sequer temos fronteira trabalhem por essa ESPAÑA e andando! Aliás, é o que fazem, reconheçam-no ou não.
Se España fose tan plural coma Galeusca pretende outro galo cantaría, pero claro coido que nunca acadaremos esas cotas...
A historia ao servizo da ideoloxía nacionalista. Arredemo!
#1 non me sexas demagogo,iso é darlhe a volta á tortilha para criticar por criticar sen ningún tipo de fundamento. Así nos vai,país
Concordo con Xabi1, todo isto cheira a tentar empregar a historia para xustificar posicións políticas. Non o vexo nada claro...
ACABO DE REITERADAMENTE TENTAR ME ADERIR AO MANIFESTO E NÃO SE ME PERMITE PORQUE ESCREVO O MEU NOME MANUEL LOPES ZEBRAL, autor do trabalho MANUAL GALEGO-PORTUGUÊS DE HISTÓRIA, SEMPRE ME RESPONDENDO «non cubriches ben os campos».
O CAMPO GALEGO-PORTUGUÊS E/OU A HISTÓRIA COMÚM DA GALIZA E PORTUGAL É O QUE NÃO ESTÁ BEM COBERTO.
SERIA DE OBRIGADO CUMPRIMENTO NÃO CENSURAR A HIPOTESE DE NO FUTURO CONGRESSO DE OUTUBRO PARTICIPAR PESSOAS GALEGAS E/OU PORTUGUESAS A HISTORIAREM O QUE CASTELÃO DEFINIU COMO A GALIZA DE ALÉM-MINHO, QUER DIZER, PORTUGAL.
SAUDAÇÕES SEM CENSURA DA VERDADE HISTÓRICA E DO FULCRO DO PENSAMENTO GALEGUISTA.
E se cheira, que ? Seica as posicions políticas son ilexítimas se procuran ampliar as liberdades e dereitos ? Acho que diante de provocacions como as do Manifiesto compre reforzar a nosa sociedade civil, e vascos e cataláns son cando menos aliados nesta construción de seu da nosa historia social onde o protagonista pasan a ser os galeg@s fronte ás "invencións" das elites madrileñas. Houvo de ser unha poeta do dezanove que nos aprendeu isto nun pais sen referentes.Se ainda confiamos nas leccions do pasado coma fonte de inspiración do noso futuro, bo é que os historiadores escenifiquen o noso espazo de construción nacional.Benzóns.
A historia é unha ciencia humana enton quen pensa que quen a escribe desde a optica galega esta facendo algo fora do común, igual non o sabe pero, é un españolista (in)voluntario.
Saude e adiante!
#4 Criticar por criticar? Isso o que é? Temos direito a sermos criticados, não?
Insisto: unir-se aos outros povos "españoles" acrescenta a ideia de EspaÑa como conjunto.
Nada temos a ver com catalães e bascos, deixai-vos de perder o tempo.
Non temos ese refran que dis iso de "saimos dun couto e entramos en outro". :-)
xabi, summertime, é interesante esa interpretación, pero tal e como se presentou eu véxoo máis como o contrario: unha invitación a que a historia sirva de argumento para o diálogo e non para os centralismos avasalladores.
concordo totalmente co observador. Traballar por galeusca é traballar polo unionismo, que é o que fai o bng hai anos. Aínda que tampouco se libran os que teiman en meter bandeiras castelás no Toural o 25-x, a conto de que??, ou os que van as eleccións con HB. A soluçom é Portugal e os PALOP, mais os primeiros dannos as costas e os segundos non nos coñecen de nada...así que só queda deixarnos caer polos cantís da Capelada como lemmins, non é, observador???
Lavesedo, tu mesmo te respondes. Não. Se não nos conhecem ou nos dão as costas, algo teremos que fazer nós, não? Ou tu já não tens nada que dizer?
Todo polo Bloque pero sen o Bloque
"... iso que no mundo nacionalista adoita chamarse reverencialmente a organización é a día hoxe o principal obstáculo e o maior freo para que o BNG alcance a maioría de idade."
Antón Losada
Publicado en A Nosa Terra
Cun pouco de retraso aparece este post, porque neste condenado blogspot dá o seu traballo poñer un marco como se merece a frase. Pero, ao cabo, pagou a pena.
O enunciado da doutrina "organización=0", que desde tempo atrás ven defendendo o quinismo, aparece por primeira vez enunciada en negro sobre branco. Así se sabe tamén do que trataron os altos cargos e xentes do aparato, reunidos ás agachadas, meses atrás, co portavoz do BNG nun hotel en Compostela. Hai unha variación importante á respeito do defendido polos non adscritos de Mera, agora no redil. De "menos partes, máis BNG", agora pásase directamente ao "menos partes, menos BNG".
Neste deseño se alguén se pregunta onde encaixa a UPG, a cabeza de león do BNG, a resposta terá que achala, como na canción do reseso Bob Dylan, no vento. Sí señor, no mundo do deus eolo e os seus multimillonarios fluidos.
Non fai falta ser adiviño como vai acabar isto, polo camiño que vai. A organización sobra porque os carteis póñenos as empresas, os programas encárganse aos "consulting" e a transmisión da mensaxe faise a través de "La Voz de Galicia", "El Correo Gallego", "Faro de Vigo",... sen esquecer a "A Nosa Terra"-"Construcciones San José"-Don Vitorino.
Agora tamén sabemos quen é o principal culpable do estancamento/retroceso actual do BNG: un militante de base, que pode chamarse Camilo ou Xan. Unha especie a extinguir ou deja vu, como diría 59 segundos.
publicado en: http://xgaliza.blogspot.com
Avonda com reparar no título da notícia. Se a nossa não é história periférica, então que é?, pois CONJUNTA.
De que CONJUNTO? Do espaÑol.
Não, obrigado.
Galeusca só debe ter un obxectivo: A independencia. Unha vez conseguida, cada un polo seu lado.
Tamén cando a época de Franco, todos os partidos demócratas ¿todos??? estaban de acordo (en bater ao fascismo). Unha vez conseguida a democracia, ¿conseguida???, a monárquica oligárquica..., cada un polo seu lado e e ata pola contra.
Eu opino que hai que unirse cando nos convén. Ou seica fai mal o BNG facendo bipartito co PSOE?
Eu coido que non, ainda que non son político. Son galego.
estaba a brincar, observador, máis nada, se o de "menos mal que nos queda portugal" xa é vello o mau é que se só nos queda iso, para o caso que nos fan aviados estamos...
Agora, non concordo co de que se non é periférica a historia é "conjunta". Non tal. É nosa. CENTRAL, coa cerna en nós, para min esa é a outra opción.
Levas razón lavesedo: compre mexer. De feito, o centro non existe xa que está en todas partes. Enxergar isto non é pouca cousa.
Pois se é central, com o cerne ou a cerna em nós, o primeiro que há que fazer e esquecer-se do Leste, caralho.
A respeito dunha visión periférica... Téñolle ouvido en numerosas ocasións ao Breogán dicer que non debemos asumir que somos periferia, en canto que para nós o centro é a Galiza. Non malinterpretemos o que puido indicar nestas declaracións o Uxío (el desde logo non diría nunca que facemos parte dun conxunto que é 'España')... Parabéns Breogán pola iniciativa!
Os historiadores ao servizo do nacionalismo español traballan para negar as realidades nacionais de Galiza, Cataluña e Pais Basco.
Que historiadores destres 3 territorios se unan para facer frente a isto (o inimigo común e todo iso) non me parece algo tan ilóxico.
O que xa que ven sendo unha trapallada é a Historia como disciplina en si mesma (aínda que pode que sexa necesaria). Cambia moito a "historia" segundo quen conte o conto. E en moitas ocasións quen sabe como foi o conto en realidade.
"Os historiadores ao servizo do nacionalismo español traballan para negar as realidades nacionais de Galiza, Cataluña e Pais Basco.
Que historiadores destres 3 territorios se unan para facer frente a isto (o inimigo común e todo iso) non me parece algo tan ilóxico."
Deixádevos de unionismo e farrapos degaitas que a casa non se comeza polo tellado, e polo momento a meirande parte do votante nacionalista non é independentista do mesmo xeito que pasa tanto en Euskado e Catañunya.
E imprescindible unir forzas para frear esta nova teima reaccionaria que esta a voltar a impregnar a historia.
Pois tras os comentarios fica clara a intención: non se trata tanto de facer historia coma de facer historia en razón de algo alleo á disciplina, tal é a ideoloxía política.
Seguro que haberá quen pense que a mellor historia é a que fai un que é da súa corda, alguén que comulgue coa súa ideoloxía.
Por aí imos cara ao "movemento nacional".
Facer historia para construir un País...
Isto rematará do mesmo xeito que as outras historias realizadas desde unha posición ideolóxica e xa postos case que prefiro que sexa o partido gobernante quen me diga qué historia debo estudar, qué feitos históricos son os apropiados para estudar e, sobre todo, cómo debo interpretalos.
Mao non deliraba tanto como algunha das persoas que escreben acó comentarios, con todo o respeto, iso primeiro, con todo respeto.
Agardo chegar a vello para ver cómo os nosos historiadores partidarios analisan o feito histórico da construción da Cidade da Cultura. Mostra da demencia de Fraga? Altura de miras do BNG? Espello ao mundo da nosa cultura? Mausoleo?