Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
POLA SÚA ENTREGA A GALIZA

Avelino Pousa Antelo gaña o VII Premio Ramón Piñeiro 'Facer país'

Recoñéceselle o seu compromiso como galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural.

Redacción - 18:05 27/08/2008

De entre as corenta propostas recibidas, o xurado do Premio Ramón Piñeiro na súa sétima edición optaron desta vez polo galeguista Avelino Pousa Antelo. Este galardón foi recibido anteriormente por Isaac Díaz Pardo, Luis Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas e A Nosa Terra. As credenciais de Pousa Antelo non son tampouco nimias, xa que xa conta con outros recoñecementos como a Medalla Castelao ou a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago que premian o seu labor.

Este galardón, que non conta con dotación económica, está promovido pola Asociación Val de Láncara, co apoio doutras entidades e asociacións. No seu ditame o xurado valorou " a entrega permanente ao país como galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural a prol de Galiza" e entendeu que a figura e traxectoria de Pousa Antelo cumpre as condicións do premio, que pretende recoñecer o labor desenvolvido por unha persoa ou unha entidade a favor de Galiza.

Avelino Pousa Antelo naceu hai 94 anos en A Baña, se ben agora reside no municipio de Teo. Ademais de publicar diversos libros como "Galicia, tarefa urxente" ou ser coautor de "Conversas con Pousa Antelo: memorias dun galego inconformista", tamén foi secretario xeral e presidente do Partido Galeguista dende 1978 ata 1983. Ademais, foi un dos fundadores e actual presidente da Fundación Castelao.

O acto de entrega do galardón celebrarase en Láncara previsiblemente no mes de setembro, cando se realizará unha comida na honra do premiado.


Ligazóns

4,67/5 (12 votos)

Comentarios (6)

xoca #1 28/Agosto/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabens D. Avelino. Alegrome moito de que che chegue este merecido recoñecemento.

figologo #2 28/Agosto/2008 figologo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non hai premios abondo para darlle a don Avelino. Parabéns!

mercedes #3 28/Agosto/2008 mercedes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Don Avelino é merescente desto e de moito máis, é a conciencia viva de Galiza.

Ordecaldaria #4 28/Agosto/2008 Ordecaldaria
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No nome da Confraría de San Xoán e da Orde Caldaria de Sta. María de Arzúa a nosa felicitación para un home de ben orgulloso da terra, para un sabio; Avelino Pousa Antelo.

mceleiro #5 28/Agosto/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns ao Avelino.
E também aos organizadores polo facto de homenagear em vida, costume extranha no nosso País.

moledo #6 28/Agosto/2008 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais outros enormes parabéns a Avelino Pousa Antelo assim como ao magnífico labor (bom deixemos de lado o nome :) dos organizadores do prémio.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: