O líder do Xacobeo parou o reloxo en 53 minutos e 6 segundos e colócase no 14º lugar da xeral.
Corredores do Xacobeo Galicia durante unha etapa da "Vuelta"
O de Teo foi o mellor do seu equipo con diferenza, acadando un meritorio tempo que lle permitiu rematar no 28º lugar unha especialidade que non é a súa. Con este resultado colócase a 2 minutos e 19 segundos do novo líder da carreira Levi Leipheimer, pero só a 1 minuto e 49 segundos de Alejandro Valverde que é o primeiro clasificado dos favoritos á vitoria final.
O resto de corredores do equipo galego realizaron un discreto papel, tendo que ir até o 43º lugar para atopar a Gustavo Veloso, ou o 58º para dar con David García Dapena. Con este resultado o plantel que dirixe Álvaro Pino cae do 9º ao 13º lugar na clasificación por equipos.
O sábado chega a montaña
Despois dunha etapa de transición este xoves, o venres a carreira desprázase até os pirineos onde o sábado se disputará a primeira etapa con chegada en alto. A partir de entón agárdase que medre o protagonismo dos corredores do Xacobeo a través das escapadas, así como con Mosquera que ten na alta montaña o seu terreo favorito, no cal debería cimentar o soñado asalto ao podio.
Vitoria para Leipheimer
A vitoria na contrarreloxo foi para o norteamericano Levi Leipheimer, do equipo Astana, que completou os 42,5 quilómetros nun tempo de 50 minutos e 57 segundos. Dos favoritos o mellor foi o seu compañeiro de equipo Alberto Contador, que rematou cuarto, así como Alejandro Valverde, cedendo ámbos menos de un minuto con respecto ao estadounidense.
A VIEIROS:
Levi Leipheimer é seguramente máis favorito que Valverde. O texto amosa que quen escribe non ten nin idea de ciclismo, ata cando imos ter que soportar isto os lectores?
Tanto o ciclismo galego como os seus siareiros merecen mellores crónicas.
Este comentario xa se fixo varias veces en crónicas de ciclismo por parte de varios lectores pero semella que pasades de todo. Así non imos cara ningures!!!
EPO, EPO...FRESQUIÑO...VENDESE EPO¡¡¡¡ XDDDD
Non vos metades con Valverde, que gañou 3 prestixiosas "Voltas a Murcia" Valverde é o novo Olano: O eterno favorito que nunca fai nada, pero a prensa españoleira ten que vender produtos. En fin ,nada coma o noso: Vamos Ezequiel!
Moi boas apreciacións "komun" moi comúns, si señor, ese ano Valverde só gañou a Clasica de San Sebastián, a Dauphiné Libéré, a Lieja e dúas etapas no Tour de Francia. Este corredor para ti é un eterno favorito, manda carallo
si señor komun, decir que valverde nunca fai nada fai chorar o niño jesus. Un tio que é capaz de gañarlle unha etapa de montaña a amstrong no tour, ter duas liejas, gañarlle asiduamente o campeón do mundo bettini, ser considerado polo "periodicucho" bild aleman como o mellor corredor do presente ano e do ano 2006, salir coma máximo favorito en tódalas y cada unha das probas que fai.... pareceme ben que consideremos o noso como o mellor pero non caigamos en perxuizos contra os ciclistas españois que polo feito de ser eso españois non teñen por que ser malas persoas nin piores ca ninguén. Se che gusta o ciclismo olla as probas sen bandeiras e desfrutarás moito máis.
Unha aperta
Valverde é moi bo en clásicas e probas de unha semana, pero en probas de tres semanas ata agora cagada tras cagada.
Olano era un crack contrarreloxo pero na montaña quedábase nas primeiras pendentes. Non ten nada que ver con Valverde. De tódolos xeitos Olano gañou unha Volta.
Aguanta o Q?
Como non sexa as ganas de mexar