Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Na Xunqueira do Lagares

Vigo terá nova depuradora nun máximo de dous anos

Ha custar 234 millóns de euros e as obras comezarán no primeiro trimestre de 2009. Medio Ambiente eludiu revelar se irá ou non soterrada.

Redacción - 11:35 07/10/2008
A vella depuradora do Lagares

A vella depuradora do Lagares

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, presentou esta segunda feira en Vigo o proxecto da nova depuradora que se ha situar nos terreos da actual estrutura da Xunqueira do Lagares. A súa construción custará 234 millóns de euros, as obras licitaranse no primeiro trimestre de 2009 e a duración prevista sitúase entre os 18 e os 24 meses.

Dos máis de 200 millóns que se han investir no proxecto, 104 serán para a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) en si, e os restantes, uns 30 millóns, destinaranse a construír o "emisario" que ha trasladar as augas tratadas. Os cartos poñeranos, en conxunto, a Xunta, o Ministerio de Medio Ambiente e o Concello de Vigo. A primeira xuntanza para dar a coñecer as características técnicas da alternativa elixida para a construción da EDAR será "antes do 31 de outubro", segundo explicou Manuel Vázquez e, antes de final de ano, as tres partes implicadas han asinar o protocolo de cofinanciamento.

As características da nova depuradora
Vázquez explicou que a nova estrutura ha ter unha capacidade case catro veces superior á actual, xa que está pensada para unha poboación dunhas 850 mil persoas.

Sobre os problemas co terreo, o conselleiro descartou que existan dificultades, xa que a Administración Hidráulica de Galiza contempla "como abordar a actuación coa declaración de utilidade pública", garantindo o cumprimento da lei.
Sobre a posibilidade de que a depuradora vaia soterrada ou, polo menos, parte dela, Vázquez non quixo dar detalles, polo menos até a presentación do anteproxecto, que se ha facer a finais deste mes. Porén, o conselleiro recoñeceu que a posibilidade de que vaia por baixo da terra é "difícil", tendo en conta que o lugar onde se vai situar é unha zona de marisma. Neste sentido, Vázquez continuou dicindo que antes de que vaia soterrada, a "preferencia" é "a eficacia no seu funcionamento".

Limpeza do río Lagares
Polo seu lado, o alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSdeG), sinalou que antes que pensar nos cartos que había custar este proxecto, procuráronse as mellores prestacións tecnolóxicas, o menor impacto visual posíbel e a mellora da calidade de vida dos vigueses. Caballero tamén lle restou importancia ao custe que tiveron as expropiacións de terreo na zona, tendo en conta a magnitude da obra.

Por outro lado, na xuntanza Vázquez e Caballero tamén analizaron a situación na que se atopa o río Lagares, despois dos verquidos de produtos químicos que se produciu após incendiarse unha nave no Polígono do Gorxal. Nesta liña, Vázquez sinalou que a súa Consellaría xa tiña investido un millóns de euros nos labores de limpeza.


0/5 (0 votos)

Comentarios (6)

Gaviotero #1 7/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Depuradora que ya nos prometieron hace 4 años y que nos prometerán de nuevo dentro de otros cuatro años, porque el sectario consejero de Medio Ambiente mide su ineficacia en promesas, pues hechos, lo que se dice hechos, torpedear a la ciudad de Vigo de forma sectaria y rastrera. El Consejero huele mal, muy mal, debe ser cosa de la depuradora...

lura #2 7/Outubro/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quérese escoller a peor opción, a peor situación con veciños e colexios perto, nun humidal de valor ecolóxico, unha macro en vez de unha pequena en cada cunca e interconectadas entre sí, sen investir no separamento de pluviais, sen escoitar aos cidadáns...
Small is beautiful dixera Schumacher, pero 234 millóns deben dar para que "algo" quede nas unllas de alguén

DANNY #3 7/Outubro/2008 DANNY
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O certo e que a depuradore non e mais que un dos exemplos dos xeitos da cidade de vigo e en extension en Galiza, pouco profesionalidade e moito caciquismo e improvisacion,as empresas sen licenza,os empresarios partidistas cunha vision da economia ben cativa polo escoitado ultimamente. E un pouco doado darlle so a culpa os politicos que non son mais que o reflexo da nosa sociedade. Lembrese vostede, houbo outras promesas coma as `colinas encantadas' ou temas mais serios como o hospital, a ponte de rande, o xulgado do mercantil, os museos feitos pola zona franca, etc...
A sociedade teria que deixar de facer eco de posicions partidistas e obrigar tanto a uns coma os outros independentemente da posicion politica de cadaquen.

ecoe #4 12/Outubro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dous anos!

AMÉN!!

Chardella #5 20/Outubro/2008 Chardella
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O Conselleiro que cheiraba mal foi un tal Cuíña, responsábel da construción dunha depuradora que xa se sabía insuficiente daquela cando se inaugurou para o volume de refugallos producidos pola cidade e bisbarra. Aqueles eran tempos nos que con que dilixente xestión se desvaldaban cartos da Unión Europea. Xa sabemos en que quedou toda esa eficiente xestión neoliberal. Sobre todo nos soldos que os máximos responsábeis se autoconceden.

lura #6 21/Outubro/2008 lura
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Dous anos, confiade na palabra de políticos serios. Non importa que para o 2009 só aparezan nos presupostos da Xunta 5 millóns dos case 100 que teñen que poñer. Dous anos..

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: