Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O NOSO EUROVISIÓN

O Liet Lavlut vai para Córsega

Jacques Culioli gañou os premios do público e do xurado. Boy Elliott recibiron 23 puntos e unha intensa ovación.

Redacción - 21:15 18/10/2008

Escoita a presentación da canción galega e o momento en que Boy Elliott interpretou 'Planeta 19' (audio de Radio Galega Música)

Escoita a canción gañadora

O Liet Lavtuv non veu para Galiza. Pasadas as nove, o corso Jacques Culioli gañou o premio do público con Hosanna in excelsis, que nas últimas semanas realizara unha campaña moi intensa a través de Facebook e, a seguir, dominou con claridade os votos do xurado. O corso é falado por un cuarto de millón de persoas.

A votación do xurado foi unha loita moi rifada entre o representante corso e os asturianos de Dixebra, seguidos moi de cerca polos artistas de Mordovia, Mordens e pola lapona Elin Kaven. Os asturianos foron moi aplaudidos na súa actuación, que se abriu cun discurso moi político, anticapitalista e lembrando a loita obreira en Asturias, e que se pechou cun 'pola oficialidá'. Boy Elliott recibiu un total de vinte e tres puntos: 7 da representante Arbereshe, oito de Laponia e outros oito de Mordovia.

A gala do Liet Lavlut
"Cantos de vós falades linguas minorizadas?". Os condutores da gala do Liet Lavlut iniciaban deste xeito o espectáculo, pouco despois das sete da tarde. A moderna e acolledora Casa da Cultura de Lulea estaba ateigada de público, que agardaba para ver e escoitar os once artistas participantes.

Ás sete e dez os Boy Elliott xa estaban listos para actuar. Os presentadores lembraron que o galego é falado por tres millóns de persoas, xusto antes de dar paso a Daniel Alonso, que nun perfecto inglés, produto dos anos vividos en Gran Bretaña ou Australia, explicou o significado da canción e dese 'Planeta 19', "o lugar no que queres estar, o lugar no que te sentes ben". Para rematar, unha chiscadela para o público local: "para nós, ese lugar é Lulea". Despois, unha actuación sen fallos, eléctrica, que pecharon cun "graciñas".

As once canción participantes

1.Boy Elliott & the Plastic Bags Planeta 19 (Galiza)
2.Surunmaa Tulethan takashin(Meänkieli)
3.Gwennyn Bugale Belfast (Bretaña)
4.Jacques Culioli Hosanna in excelsis (Córsega)
5.Spasulati Botë e shurë (Arbereshe-Albanés)
6.Elin Kåven Abbas jaska (Laponia)
7.Jelte Posthumus & Pilatus Pas De wiete wyn hellet oan (Frisia)
8.Carnicats Oz dream (Friuli)
9.Yr Annioddefol Drysu (Gales)
10.Dixebra Indios (Asturias)
11.Mordens Good will blessing (Mordovia)

Viaxe accidentada
A chegada a Lulea non foi doada para os rapaces de Boy Elliott & The Plastic Bags. O avión de Vigo a Madrid saíu cunha hora de retraso, o que fixo que perdesen o enlace de Paris a Estocolmo. Tiñan pensado chegar a Lulea ás 15 horas e chegaron á 1 da mañá, máis de 20 horas dando voltas polos aeroportos, "de todas maneiras se non pasara isto non teríamos nada que contar", dicía Dani, o cantante e líder da banda.

En Lulea, os Boy Elliott salientaron a profesionalidade da organización e a boa amizade que fixeron cos asturianos Dixebra, ademais, da entrevista que realizaron para a BBC radio.


5/5 (34 votos)

Comentarios (15)

Hispanico #1 18/Outubro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Forza isula! Forza frateddi! Pinzuti fora! Corsica libera per sempre!

http://es.youtube.com/watch?v=...

http://es.youtube...

-Xavier #2 18/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Felicitazioni, Culioli. A ringraziavi, Corsica.

Corsica nazioni indipendente!


Jacques Culioli -> http://br.youtube.com/watch?v=...

-Xavier #3 19/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Esta é a canção de Jacques Culioli que ganhou o festival Liet Lavlut este ano e que faz com que fique Córsega como país ganhador.

http://www.youtube.com/watch?v...

Intitula-se "Hosana in exelsis" e, embora a gravação não tenha grande qualidade (nomeadamente o vídeo, mas nem tanto o áudio), julgo que tem todo o interesse informativo. A gravação pertence a uma atuação ao vivo de Jacques Culioli a 1 de dezembro de 2006.

Saúde, reflexão e LÍNGUA CORSA OFICIAL JÁ!

-Xavier #4 19/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

P.S.: A canção intitula-se "Hosanna in excelsis", e não "Hosana in exelsis", como escrevi no anterior comentário. Desculpai o erro.

__

A cultura corsa nantu à u web:
http://www.adecec.net/
A Nazione:
http://www.anazione.com
Foru ''A Nazione'':
http://foru-anazione.forumotio...
Alta Frequenza:
http://www.alta-frequenza.com
Terra Corsa:
http://www.terracorsa.info
...

chegaliza #5 19/Outubro/2008 chegaliza
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quem quebra as normas abre o caminho dos sonhos... Corsica ceibe

Sheamais #6 19/Outubro/2008 Sheamais
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A canción é ben fermosa.

Por certo, hai imaxes do festival? Alguén pode dicirme onde velas?

-Xavier #7 19/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pontuação da canções participantes no Liet Lavlut 2008:

1. Jacques Culioli, Corsica (Córsega), 80 pontos
2. Dixebra, Asturies (Astúrias), 73 pontos
3. Elin Kåven, Sápmi (Lapónia), 73 pontos
4. Mordens, Mordovos da Rússia, 56 pontos
Carnicats, Friûl (Friul), 56 pontos
6. Jelte Posthumus & Pilatus Pas, Fryslân (Frísia), 54 pontos
7. Gwennyn, Breizh (Bretanha), 54 pontos
8. Surunmaa, Meänkieli / Tornedalsfinska (Finlandês do Vale do Torne, na Suécia), 51 pontos
9. Spasulati, Arbëreshë (povo de língua albanesa que vive na Itália meridional), 51 pontos
10. Boy Elliott & the Plastic Bags, Galiza, 46 pontos
11. Yr Anioddeffol, Cymru (Gales), 44 pontos

Fonte: http://www.liet-lavlut...

-Xavier #8 19/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Sheamais #6:

Do festival não che encontro nada na rede.

Este tipo de espetáculos deveriam ser polo menos gravados para a sua posterior edição e emissão na internet. O ideal, logicamente, seria também a emissão em streaming polo menos, já que não o emitem pola TV. Mas... porque a TVG não o emite? Porque não se agrupam várias televisões (TVG, TPA, etc.) e fazem comque seja possível emitir por TV este espetáculo?

Contentemo-nos, por enquanto, com ver o que há destes grupos na rede (especialmente no Youtube e noutros locais de videos).

Boy Elliott http://www.boyelliott.com no programa MIRAXES da Televisão da Galiza (emitido em 11 de outubro de 2008):
http://www.youtube.com/watch?v...

Saúde e reflexão!

mineru #9 20/Outubro/2008 mineru
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

buen papel de los asturianos dixebra,que quedaron en segundo lugar.Enhorabuena pa Asturies

semoncho #10 20/Outubro/2008 semoncho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

este verao andei pola Corsega. Infelizmente ouve-se muito pouco corso polas ruas, mesmo em vilas pequenas do interior. Mas pola rádio pode-se escuitar com facilidade música corsa, em corso.

Na Galiza fala-se bastante mais o galego, do que o corso na Corsega, mas custa trabalho escuitar música galega nas rádios. Mesmo nessa emissora chamada Radio Galega Música, que emite principalmente música em espanhol ou em inglês.

tato101 #11 20/Outubro/2008 tato101
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A representar a Asturies e ao idioma asturiano vai un grupo con máis de 20 anos de traxectoria e compromiso con Asturies e co "asturiano". A representar a Galiza e ao galego mandamos a un grupo que nin canta en galego.

Si, Saúde e reflexão!

-Xavier #12 20/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

tato101 #11:

Bem, eu por mim enviava Xabier Díaz ou Lizgairo ou Fuxan os ventos, mas é que, como bem sabes, houve um processo de seleção e saiu quem saiu. Graças a mim não foram. Imagino que tampouco graças a ti. Mas também é uma Festival, não uma guerra ou não é cousa de vida ou morte. Eu concordaria com seleccionar um grupo mais representativo da (do meu ponto de vista). Mas é que eu próprio nem considero que o Galego só o falem 3 milhões de pessoas, porque isso é reduzir o Galego à Galiza, e o Galego é um idioma internacional que é falado no resto da Lusofonia, nomeadamente bem à nossa beira por mais de 10 milhões de habitantes. Haveria muitas cousas que dizer. Também eu gostaria de que a Córsega fosse representada por I Muvrini, mas foi quem foi e conseguiu bons resultados. Mas olha que haverá mais edições e talvez possam enviar algum outro representante mais do teu gosto, e do meu. Mas, desta vez, é o que há, foi o que foi.

Saúde!

tato101 #13 20/Outubro/2008 tato101
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Totalmente de acordo contigo Xavier, somentes empreguei a tú frase de peche por crela moi oportuna. Non tiña nada de reproche ao teu comentario. E si que penso, aínda que non gosto absolutamente nada de festivais e cousas destas, que a este tipo de "viaxes" que se pagan con diñeiro público deben de enviar aos artistas que verdadeiramente representen á cultura e ao idioma galego, xente que polo menos empregue o galego nas súas composicións de maneira habitual. Coido que hai onde escoller. E vaia por diante que Boy Elliot me parecen un grupo moi interesante.

Hispanico #14 21/Outubro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

ó Saveriu, os muflos da Córsega tivessem lá ido já ganhavam sem descer da carrinha ... cantassem em corsu, pinzutu ou mesmo inglés ... beddu fàciule!

http://es.youtube.com/watch?v=...

http://es.youtube...

Por outra banda, nom sei o que adianta mandar a este tipo de festival um grupo galego que canta em inglés uma cantiga no mais puro estilo pop británico ... ?!?!

-Xavier #15 21/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ó Hispanico, concordo contigo no que dizes respeito dos Muvrini. Também concordo no referido pà participação galega, como já disse, eu mandaria Xabier Díaz ao Liet Lavlut. Verias como ganhava e os deixava a todas e todos de boca aberta.

Por outra banda, supera isto:

http://www.youtube.com/watch?v...

ou isto:

http://www.youtube.com/user/se...

Sempre Corsica! Salute è riflessione!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: