Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
HOMENAXE A RAMIRO FONTE

"Antes que ti foses viaxeiro..."

Luciano Rodríguez, Ana Romaní, Anxo Angueira, Gonzalo Navaza, Xavier Seoane, Álvarez Cáccamo e García Bodaño participaron no recital.

M.S.P. - 09:30 05/11/2008

O acto de clausura da II Bienal Literaria 'De Pedra e de Palabra' do Pen Clube, completouse cunha homenaxe ao recentemente falecido Ramiro Fonte. Seis poetas, amigos e algúns deles moi próximos xeracionalmente a Fonte, participaron nun recital, presentado por Luciano Rodríguez. A homenaxe consistiu na lectura, a cargo de cada un dos participantes, dun poema do autor eumés, e doutro texto propio.

Ana Romaní, Anxo Angueira, Xavier Seoane, Salvador García-Bodaño, Xosé María Álvarez Cáccamo e Gonzalo Navaza foron os participantes nun acto emocionante que ademais coincidiu no día en que se coñecera a nova da morte de Anxo Rei Ballesteros. Xabier Seoane leu Regálame os teus ollos, Ana Romaní Un desexo cumprido, Gonzalo Navaza Adeus norte, Xabier Seoane Memorial dos retratos, e Xosé María Álvarez Cáccamo Antes que ti foses viaxeiro.

Ana Romaní

Anxo Angueira

Xavier Seoane

Salvador García Bodaño

Xosé María Álvarez Cáccamo

Gonzalo Navaza


4.96/5 (23 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: