Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INTERNACIONALIZACIÓN DA MÚSICA GALEGA

Abrindo mercados canción a canción

A participación de Galiza no Womex saldouse con éxito, e pode ser considerada un 'paso adiante' para a apertura de novos espazos de comercialización.

M.S.P. - 18:20 04/11/2008

Este tipo de feiras non están pensadas, en principio, para xerar un negocio a curto prazo. E máis aínda nos últimos tempos, en que se vén percibindo que a mercados como o Womex acoden moitos máis vendedores ca compradores, o que dá lugar a un certo desánimo. Así é todo, continúan sendo importantes para xerar movementos e construír estratexias a medio e longo prazo, como é a que se artella ao redor da marca Galician Tunes. Porén, Xabier Alonso, da Asociación Galega de Industrias Musicais (AGEM) salienta a extraordinaria corrente de negocio que se xerou neste Womex para as empresas galegas, "houbo algunha que realizou até 25 entrevistas de traballo nos tres días efectivos da feira". Alonso destacou igualmente o éxito dos artistas que actuaron na 'noite galega': Budiño, Mutenrohi e Narf, "o público destas feiras está demasiado afeito a ver concertos, e é difícil ver como se emocionan cunha actuación, como esta vez".

Tamén o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, cualifica de "moi positiva" e de "paso adiante" a participación galega no Womex: "foi recoñecido por outras delegacións presentes alí, tanto a nivel da presenza institucional, a nivel de contactos comerciais das empresas galegas, e a nivel de aceptación e visibilidade dos nosos artistas". Malia a que nos últimos anos o pop-rock galego experimentou un avance moi importante, mellorando a calidade e capacidade de exportación das súas propostas, a world music segue sendo o gran mercado para a industria musical galega, sobre todo para a música en galego, "o público das músicas do mundo é moito máis receptivo a escoitar grupos que cantan noutras linguas, e aí o galego ten cabida", di Xabier Alonso.

GalicianTunes
A consolidación da marca GalicianTunes representa unha "segunda fase" na estratexia de internacionalización da música galega. Durante moito tempo Galiza tivo que loitar contra a imaxe da música do Estado Español que se vendía no extranxeiro: ritmos (e lingua) moi alleos aos nosos. Pero a marca 'España' tiña moito camiño andado e de xeito provisional a estratexia galega pasou en parte por facer un oco nos instrumentos de exportación da música española, por exemplo a marca 'sounds from Spain', na que Galiza se insería en todos os Womex até este ano. "Fíxosenos moito dano ao impoñer un único tipo de música 'española' para a súa exportación", denuncia Xabier Alonso.

Esta semana Galiza participa de forma pioneira no festival Atlantic Waves, concibido como a porta de entrada da música lusófona no mercado anglosaxón. E en poucas semanas chegará unha nova edición de Cantos na Maré, un evento pioneiro e que cada vez esperta un interese maior en todo o mundo, principalmente en Brasil. "É un sector absolutamente estratéxico que cada vez vai cobrar maior importancia: a economía da lingua", di Alonso. "Galiza está no eixo de dous mundos: o castelán, que é unha lingua en franco crecemento, e a lusofonía, cunha importancia económica absoluta a través de Brasil".

As empresas galegas non deixaron de moverse, utilizando ademais estratexias de moi distinto tipo. Abada, por exemplo, combina o esforzo levar fóra a calidade de Marful (varios concertos en España e máis no Festival de Sines), Fía na Roca (concerto en Bos Aires), Bellón e Maceiras (Alemaña, EE.UU., Suíza, Polonia ou Barcelona) ou Leilía (Bós Aires, Brest, Lorient ou Salamanca), con utilizar as innegábeis posibilidades de Batuko Tabanka, ou representar aos grupos bretóns Les Trompettes du Mozambique e Bagad Kemper para toda a península. Mutenrohi é habitual todos os veráns nas Illas Británicas ou Francia da man de Zouma. E Nordesía exporta a todo o mundo tanto a artistas galegos como Uxía ou Narf, ou outros autores lusófonos como Nancy Vieira.

Mercados para a música galega
Os espazos para o crecemento son moitos. De feito, o camiño está pouco máis que encetado. Está o mercado lusófono, moi próximo xeograficamente a través de Portugal, pero no que até o de agora os froitos conseguidos foron pouco máis ca simbólicos. "Avanzouse pouco e hai moito camiño por andar, por moi boas que sexan as relacións persoais de Uxía, ou aínda que empresas como Abada, Nordesía ou La Fábrica de Chocolate estean realizando un traballo moi bo", di Xabier Alonso, que engade que "quizais en certa forma estase errando o enfoque por intentar ir só ou en primeiro termo a Portugal, por estar aí á beira". Alonso cre que o mercado é Brasil, por dimensión e pola distinta percepción que os brasileiros teñen con respecto a Galiza, moito máis aberta que a que teñen os portugueses. Así, nos últimos anos non deixa de crecer o interese de Brasil por iniciativas como Cantos na Maré, e por exemplo a AGEM vén de pechar un acordo de intercambio de artistas coa súa asociación homóloga no Estado de Minas Gerais, con máis de vinte millóns de habitantes. Nestes momentos negóciase a extensión deste acordo a todo o Brasil.

Está tamén o resto do Estado, no que ás veces semella complicado penetrar con música feita en galego; por esa razón Luís Bará apunta a Euskadi e aos Países Cataláns como mercados máis receptivos para a música galega, principalmente Cataluña, onde cada vez son máis os grupos galegos que se desprazan para ofrecer concertos; unha das últimas accións de Galician Tunes, o cd GZPop que se distribuíu coa revista Enderrock, apuntaba nesa dirección. Pasou xa máis dunha década dende o boom do folk no Estado Español, que levou a Luar na Lubre ou a Carlos Núñez a vender ducias de milleiros de discos; ese auxe non foi aproveitado, seguramente porque naquel momento a industria musical galega aínda non estaba madura.

Finalmente, Bara apunta tamén ao "espazo atlántico" como albo da estratexia galega de comercialización da música, en referencia aos países europeos nos que a música de raíz celta é máis popular, como as Illás Británicas, principalmente Irlanda e Escocia, así como Bretaña, onde Galiza será protagonista no ano 2009, ao ser nomeado 'país convidado' no Festival de Lorient. Outro dos obxectivos naturais debe ser hispanoamérica, polos vencellos culturais estabelecidos por Galiza a través dos seus emigrantes. Pero nun mercado global ningún espazo debe ser desprezado, como recorda Bará, que apunta aos Estados Unidos, Australia ou Asia como destinos da música galega. Coñecido é o éxito acadado por Milladoiro en norteamérica ou Xapón, por Carlos Núñez no surleste asiático, ou por artistas como Apenino na China. "É un obxectivo a medio-longo prazo", di Bará, "pero hai que ter en conta que son culturas moi receptivas".


5/5 (17 votos)

Comentarios (16)

carraxe #1 4/Novembro/2008 carraxe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mira ti por onde, resulta que cando se cre no talento dos artistas galegos, se ten autoestima polo propio e se quere compartir coas demais culturas do mundo a nosa, os galegos somos capaces de poñernos de acordo e facer un magnífico traballo. Noraboa á Consellaría de Cultura, aos sectores e aos artistas polo traballo feito (Womex, La Habana, IBBY, Saló Comic Barcelona, ...) e polo traballo que virá. Mentres tanto, La Voz de Galicia e López Chaves -a parella de feito da incultura galega- seguirán rosmando e pensando que proxección exterior é pagarlle as xiras a Julio Iglesias, Luís Miguel e Norma Duval.

FalaGalega #2 5/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A Galiza ten un mercado xigante de máis de 250 millóns de falantes no mundo lusófono a que naturalmente pertenza.
A única dificultade para a Galiza crecer nese mercado é a colonización linguistica de que está sendo vítima polo estado español ao estar a tentar impor o crioulo do portugués e castelán "portunhol" ou castrapo da RAG.

Patriota #3 5/Novembro/2008 Patriota
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Ouça:Uxia - Cantos na maré
http://br.youtube...

Depois só pode concluir que Galiza só tem viabilidade como região ou nação galega dentro da sua família da lusofonia.

A semelhança entre Portugal e Galiza é tão grande e os galegos falam que até Cantante da 5a Estación confunde Galiza com Portugal
http://br.youtube...

Patriota #4 5/Novembro/2008 Patriota
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Descubra aqui qual a diferença entre o galego e o português...
Galego-português, a língua da Galiza
http://br.youtube...

Carvalho Calero. Autodeterminaçom, língua, esperança
http://br.youtube...

Galiza insubmissa
http://br.youtube...

Para além do sotaque não há diferença. Então porque não escrevemos em galego na norma universal e temos de usar o castrapo da RAG esse crioulo de português com castelhano "portunhol". Porque quem manda é Madrid.

Castrapo #5 5/Novembro/2008 Castrapo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Co castrapo estamos moi limitados. É urxente a recuperación da nosa lingua nativa. o Galego orixinal ou portugués que é a mesma cousa.
O castrapo é a vergoña da nación galega.
Gástanse millóns de Euros dos nosos impostos a subsidiar todos os medía que promovan o ?galenhol? ou ?portunhol? da RAG. Todo isto porque o galego-portugués é un dos idiomas máis falados do mundo traendo unha autonomía á Galiza nas súas comunicacións. internacionais quere a nivel cultural como comercial. A Galiza ten sido desrespectada durante séculos , xa é tempo de nos respectar.
Imos todos facer un esforzo en escribir en galego-portugués porque máis vale escribir con erros en galego/portugués do que en ?galenhol? ou ?portunhol? da RAG como lle queiran chamar.
Fin á segregacion cultural e linguistica na Galiza.
Na Galiza os galegos e galegas queren falar e escribir a lingua de seus pais e avoas o Galego-Portugués e a RAG está a inventar un dialecto crioulo artificialmente para afastarnos das nosas orixes e cultura.
Vexan este vídeo Galego-português, a língua da Galiza
http://br.youtube...

OBSERVADOR #6 5/Novembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Sem dúvida, o mercado é Brasil.

Dá gosto ler certas afirmações cada vez mais frequentes nos meios galegos. A ver se é certo e nos lançamos de uma vez à Lusofonia.

semoncho #7 5/Novembro/2008 semoncho
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Esta muito bem isso da lusofonia, mas para mim é muito mais premente podermos escuitar música galega na Galiza.

Quando caralho vam as rádios galegas emitir música galega?

Para que serve a Radio Galega Música?

carraxe #8 5/Novembro/2008 carraxe
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Amigos reintegracionistas,
a ver se nos entendemos: se colledes por costume soltar as vosas opinións sobre o conflito ortográfico galego en calquer nova que apareza, sexa esta sobre música, sobre cociña tailandesa ou sobre a cría dos sapoconchos ides acabar resultando un pouco pesados e provocando rexeitamento. Non só os contidos son importantes, tamén as formas, e honestamente penso que nisto último, coa vosa estratexia de participación nos COMENTARIOS das novas de Vieiros errades por completo.
Por favor, defendede as vosas argumentacións, por suposto, mais nos ámbitos e notícias relacionadas co tema.
Obrigado!

onofresabate #9 5/Novembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Eí, aí, Carraxe. Somos moitos os que opinamos o mesmo ca ti. O monotema sempre aborreceu bastante.

Timorense #10 6/Novembro/2008 Timorense
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#8 #9
Eu não sou reintegracionista sou um estrangeiro timorense mas na música como em tudo se nos tiram a língua nada nos resta.
Esta é a minha opinião o idioma é a base de tudo.
Compreendo os galegos porque já senti o que é ser colonizado pelos indonésios e não poder livremente falar a minha língua.
Combati nas montanhas para hoje em Timor se poder falar livremente em português.

Timorense #11 6/Novembro/2008 Timorense
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#8 #9
Para que me entendam melhor:
A norma escrita nada tem a ver com ideologia.

A ideia de que quem escreve no galego original (português) é de esquerda está errada.
Quem à distância lê os vários comentários em Vieiros fica a pensar que na Galiza se pensa desta forma errada. Posso estar influenciado com o que se passou comigo em Timor.
Quando tinha cerca de 20 anos de idade cumpria o serviço militar obrigatório no exército português em Timor. Aqui não havia um preso político nem nenhum timorense pedia a independência. Todos nos sentiamos portugueses. Mais de 95% do exército português era constituído por locais timorenses até que o governo em Lisboa mudou e decidiu dar a independência a Timor.
Depois da independência os portugueses foram embora e a Indonésia ocupou Timor.
Nós timorenses organizamos uma força de guerrilha armada contra a colonização indonésia. Sou uma pessoa de direita como eram a maior parte dos meus companheiros patriotas. Os indonésios diziam que eramos comunistas. Falavamos e escreviamos em português que estava proibido pelos indonésios. O idioma português era conhecido como a língua dos comunistas. No meio dos guerrilheiros patriotas não havia sequer 2% simpatizantes de comunistas, a grande maioria era de direita e católicos como eu. Pela Pátria posemos de lado as diferenças idiológicas. Na Galiza devem fazer o mesmo, primeiro libertamos o país e agora somos uma jovem nação de maioria católica e ideológicamente de direita. O português é escrito por pessoas de todas as ideologias. São quase 250 milhões que usam este idioma como uma ferramenta de trabalho progresso e de unidade nacional.

FalaGalega #12 6/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#8 carraxe
Tirar a lingua a un pobo é como roubarlle a alma.
É natural que en calquera comentario a cuestión da represión sobre o noso idioma nativo veña ao de cima.
Música? Cantas en que lingua? Sen lingua non hai asunto.
A represión línguistica e agora a estupidez do crioulo castrapo da RAG é motivo de indignación para todos os galegos.

1-Os galegos están saturados con isto primeiro nos finais do século XVI ao séculoXVIII trocaran na admitistracion da Galiza os galegos por casteláns e prohibiran o galego.

2- Despois entre 1936 e 1967 o asasinato de 190.000 galegos polas súas ideas políticas e queren falar galego. As multas por falar galego. As mulleres violadas por ser galeguistas. As mozas que lle raparam a cabeza por falaren galego.

3-Agora cando o Estado español é grazas pola Unión Europea a recoñecer a lingua galega, crean o crioulo de portugués e español (portunhol) castrapo para nos roubar o galego.

A norma escrita universal do galego é algo que os galegos non prescinden.
O Estado español xoga cos galícios e co apagamento da escrita en galego na Galiza durante séculos para dividir os galegos.
Como se ve hai cada vez máis galegos a comprenderen que o Estado lles está a roubar o que de máis importante teñen como galegos a súa lingua nativa. Moitos que pensaban nacer na Galícia xa entenderan que son galegos e non galícios porque naceran de verdade na Galiza.
Un día todos os habitantes da galiza van entender que naceran na Galiza e non na Galícia e por iso deixará de haber galícios . Seremos todos galegos en paz.
Os galícios foi unha invención do colonialismo castelán.

carraxe #13 6/Novembro/2008 carraxe
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Amigo Fala Galega,

xa sei cal é a túa opinión sobre o galego, o galego-portugués e a lusofonía (termo, por certo, claramente colonialista; só tes que ouvir as cancións do angolano Bob da Rage Sense, distribuídas na Galiza pola empresa galega Kamikaze). Mais o que che digo é que sigo sen saber se tes algo que comentar sobre Womex, sobre Atlantic Waves, sobre o GZ POP!, sobre Galician Tunes, ... É máis, teño curiosidade por saber se che interesan estes temas ou só a cuestión ortográfica. Polo demais, evidentemente sei que "Sen lingua non hai asunto".

Apertas e obrigado

RedeInformar #14 7/Novembro/2008 RedeInformar
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#13 hai 14 horas e 59 minutos carraxe
É normal que num tema sobre música se fale sobre a ortografia do nosso idioma todos os comentários abordam aqui este tema e não só o fala galega. Aliás as excepções à regra só carraxe e onofresabate pensam que não é importante.
Já tivemos uma canção galega que foi probida de ser cantada em galego num festival de Eurovisão. Por acaso até ganhou esse festival da Eurovisão. Lembra-se do Lá.. Lá..Lá.. cantado em castelhano por Milu quando DEVIA ser cantado em galego.
A língua e a ortografia sempre tem algo com música pelo menos para os castelhanos espanholistas.

RedeInformar #15 7/Novembro/2008 RedeInformar
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#13 hai 15 horas e 12 minutos carraxe Ainda um esclarecimento:
O termo lusofonia não é colonialista como afirma. O colonialismo só existe quando uma nação impõe a outra a sua vontade. Como acontece na Galiza durante séculos.
A lusofonia e CPLP foi construída por iniciativa do Brasil e os países africanos de expressão portuguesa, não foi sequer ideia de Portugal.
A lusofonia representa uma irmandade e mais nada. Os irmãos são iguais e partilham bens, neste caso a língua como ferramenta de trabalho.
Veja o orgulho que os povos têm de ser lusófonos:

Por exemplo na China: http://br.youtube...

É que até a própria língua portuguesa ao contrário do que acontece com o espanhol (que é imposto de forma ditatorial) tem o Instituto da língua Portuguesa com sede no pequeno país de Cabo Verde e é administrado por todos os países lusófonos com a presidência rotativa. A língua portuguesa abrange as falas de todos. A Galiza também devia fazer parte.
Ouça cantar galego dentro da lusofonia:
Uxia - Cantos na maré
http://br.youtube...

FalaGalega #16 7/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#13 carraxe
Non teño necesidade de responder. A resposta foi dada polos comentaristas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: