Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUÍZO POLO ATENTADO CONTRA CAIXA GALICIA

A Audiencia imponlle a Giana Gomes unha pena inferior á súa estancia na cadea

A independentista foi condeada a tres anos de prisión. Ugio Caamanho, cunha sentenza de 4 anos e 9 meses, podería saír do cárcere en cuestión de semanas.

Redacción - 10:10 11/11/2008
Tags: Giana Ugio
Ugio Caamanho e Giana Gomes nun momento do xuízo celebrado a semana pasada

Ugio Caamanho e Giana Gomes nun momento do xuízo celebrado a semana pasada

A Audiencia Nacional xa deu a coñecer o seu fallo no caso dos presos independentistas Ugio Caamanho e Giana Gomes. Logo de entender que os dous colocaron unha bomba contra unha sucursal de Caixa Galicia en Santiago, en xullo de 2005, o tribunal condea a Ugio Caamaño a catro anos e nove meses de prisión mentres que deixa a pena de Giana Gomes en tres anos.

A Audiencia Nacional ditaminou a posta en liberdade de Giana Gomes, ao ser menor a pena de cadea có tempo que estivo en prisión provisional (algo máis de tres anos e tres meses). O tribunal entende que é culpábel dun delito de “danos con finalidade de subvertir” e por iso a condea a tres anos. Ademais considera que é culpábel dun delito de furto de vehículo a motor polo que se lle impón unha multa de 1.620 euros.

No caso de Ugio Caamanho, a Audiencia Nacional tamén o condea a tres anos por un delito de danos e a 21 meses máis de prisión por falsidade documental. Imponlle tamén, como no caso anterior, 1.620 euros de multa por furto de vehículo a motor.

Os dous procesados deberán facer fronte aos danos que ocasionou a explosión da bomba e ás costas do xuízo. Ademais quedan inhabilitados para cargo público durante nove anos.

Ugio Caamanho podería quedar en liberdade nas vindeiras semanas

Giana Gomes chegou a primeira hora da mañá deste martes a Vigo. Arredor de trinta persoas recibiron á independentista na praia Tombo do Gato. Ás 20 horas deste mesmo día estaba previsto un recibimento no centro social "A Revolta" de Vigo.

Fontes de Ceivar consultadas por este xornal consideran que é moi posíbel que Ugio Caamaño poida quedar en liberdade nas vindeiras semanas da cadea, ao ter xa cumprido máis de dous terzos da condea. Porén, polo momento permanece no presidio de Valdemoro.


4,58/5 (19 votos)

Comentarios (62)

mnawe #1 11/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Se o que eu digo, ao final vannos a convertir en mártires...

Se tanto monta, monta tanto

galeguzo #2 11/Novembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

É lógico que lhe imponham uma pena mínima, tão mínima que obriga a pô-la na rua. Do contrário, só lhes quedava declará-la inocente (apesar de o seu companheiro tê-la exculpado...), e claro, cumpriria indemnizá-la por três anos de vida que lhe foram roubados.

E para o outro sujeito... enfim, a Fiscalia um dez, vamos, que começou pedindo 21 anos e agora bom será se lhe caem 5.

Se eu já o disse mais vezes: a Justiça (espanhola) é para rir.

pepedaconcha #3 11/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Parabéns pros abogados que lograron demostrar a farsa do xuizo e ceivar a Xiana. No xuizo díxose que se non pertencesen a AMI serían xulgados en Compostela por un delito de danos e punto, co que demostran que foi un xuizo político. Onde están agora os medios de desinformación que os chamaron terroristas?

Todos ao recibimento, que vexan que non están sos, senón que hai moitisima xente traballando pola independencia.

maruxo40 #4 11/Novembro/2008 maruxo40
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galeguzo #5 11/Novembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#4 Tu crês?

signatus #6 11/Novembro/2008 signatus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Defender a terra nom é delito. Roubar um carro, levar um cartom de identidade falsificado, colocar umha bomba... si.

Gaviotero #7 11/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -16 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



mnawe #8 11/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Concordo ao 100% con #6 signatus.

Con iso pra min está todo dito

Lead_bocas #9 11/Novembro/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

En xeral alégrame a liberdade das persoas, en particular se loitan pola liberdade do resto.

A quen tiñan que inhabilitar é a aqueles que obstentan os cargos públicos neste Estado corrupto e prevaricador e xa, de vez, pechar os tribunais políticos.

galeguzo #10 11/Novembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

#6 Sim, mas é substancialmente diferente ser acusado de terrorista ou ser acusado de vândalo ;) E para isto último (que é do que trata a pena finalmente imposta) não era necessário aplicar uma política de incomunicação, dispersão e vulneração de direitos fundamentais.

krisigz #11 11/Novembro/2008 krisigz
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Bem-vinda á terra, Giana!! A LUITA CONTINUA!!

Brais #12 11/Novembro/2008 Brais
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Alégrome de que Giana estea na rúa e que Ugio saia tamén axiña. De todos os xeitos, non podo compartir baixo ningún concepto que se poñan bombas defendendo as ideas que sexan. A forza da palabra é a única forza eticamente defendíbel. As bombas debilitan o proxecto independentista e deslexitímano diante da sociedade.

Gaby_Otero #13 11/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Estos pajáros vos son unos bloqueros etarras. Si hubiera lo que hay que tener, ya estaban en Guantánamo, junto con Ángel Quintana y el Pérez Torito, que vos son lo mismo ámbolos dos: progresía y rojerío.

Cuando gane Feijoo las elecciones, vos irán buscar a casa por la noche y vos harán justicia en una coneta, que es como se hizo toda la vida... ¡Y lo bien que estabámos todos!

Dios, ¡que nojo me dais los progres nazi-anal-socia-listos!

¡VASPAÑIA, COÑIO!

Arroas #14 11/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A ver. Eu non coñezo a esa moza e ese mozo. Alédome que non teñan saído malparados.
Pero, agora, entre nós (abstéñanse os/as que "sulfuran" facilmente):
Poñer esa bomba, artefacto ou o que for, nun caixeiro polo que podería pasar eu, ti ou a túa aboa....é defender a terra?
Seica, ademais, logo as axudas pra o xuizo eran ingresadas nesa mesma entidade financeira.
Ten senso ese discurso nun país (o pobo que queremos liberar) que bota maioritariamente a PP, PSOE, e de forma minoritaria ao nacionalismo do BNG??
NOn pensades que o discurso independentista (ou o obxectivo ideal-horizonte, que acho que ningún nacionalista rexeita) preicsa de fases previas neste país que tivo a Fraga de imperator durante máis de 3 lustros??
En que paisiño vivides??
Desculpade pola inxenuidade.

pepedaconcha #15 11/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

# Roubar un carro, levar documentación falsa e poñer unha bomba claro que é delito. O que pasa é que é un delito de 2-3 anos de cárcere se o fixese calquer persoa, e que a Ugio e Xiana lle querían meter 21 anos. O lóxico foi que os xulgaran en compostela e que pagaran os danos que fixeron e punto, pero claro como pertencían a AMI, eran terroristas e había que levalos a Madrid, telos a centos de quilómetros das súas casas, pasar pola Audiencia Nacional, etc.

Temos que deixar claras as cousas, aquí o que se solicita e que todo o mundo teña a misma xustiza e non como pasa neste caso que é un xuizo político.

Saiu esta semana o caso dos mozos de Porqueira que lle pegaron lume a unha bandeira española, os xulgan no xulgado mais próximo a súa casa e lles poñen a lei que estableza. Que pasaría se isto o fixese alguén de AMI? Lembremos os 4 de Nos-UP que queiramos o retrato do Rei e están pendentes de xuizo na Audiencia Nacional.

morotxo #16 11/Novembro/2008 morotxo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

alégrome de que as cousas vaian polo regho!
Moita sorte a Giana e a Ugio tamén.
Benvida a casa!!!!!

Arroas #17 11/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

DESCULPAS POLO "bota".........errata

alpabarda #18 11/Novembro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A Hermerico
Há por aqui muito "galleguista" tam desiluído como os próprios fascistas

Vaia, hermerico, tí si que tes a ideas claras...

curdomelidao #19 11/Novembro/2008 curdomelidao
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

BEM-VINDA À TERRA GIANA!!!
Agora queremos ver o Ugio, o Jose e o Santi fora também.

condedecotobade #20 11/Novembro/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

galeguzo: E para o outro sujeito... enfim, a Fiscalia um dez, vamos, que começou pedindo 21 anos e agora bom será se lhe caem 5.

Se eu já o disse mais vezes: a Justiça (espanhola) é para rir.

Sen ofender, pero máis ben neste caso creo que a xustiza funcionou bastante ben (non coma en moitos outros). Condeáronos polos feitos que cometeron non pola súa ideoloxía, cumpren condea e saen do cárcere. Ademáis, suponse que o papel da fiscalía en calquera sitio é pedir a pena máis alta que considere (e o dos defensores a máis baixa, claro)
De todos xeitos comprendo que se poda criticar a política penitenciaria española, a min tamén me parece bastante estúpida.
Por outro lado, lin noutros xornais que Ugio ten aínda que cumplir condea por cando tentara fugarse. Alguén sabe algo diso? Cánto tempo máis terá que estar na cadea?

fillotolo #21 11/Novembro/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Son moi crítico co uso da violencia para conseguir fins políticos e sempre o critiquei. ¿Pero a esta rapaza quen lle devolve o tempo que pasou de máis na cadea? ¿Quen xulga a violencia do Estado? (Supoño que xente tan imparcial como o Gaviotero.

LANS #22 11/Novembro/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

A rua e o lugar do independentismo exercendo pressão, liderando ao povo na sua luta contra os políticos profissionais, e contra o poder na sombra do capital e outros grupos de pressão que convertem a suposta democracia numa farsa na que cada quatro anos escolhemos a uma oligarquía que perpetua esse sistema de poder.
O independentismo deve usar neste cometido todos os meios que estejam na sua mão, na mão do povo e da nação galega, privada da sua liberdade pela mesma falsa democracia.
Quais são esses meios?, está justificado o uso da violência?. A violência e exercida desde os mercenários legais do poder, as forças de segurança, em canto ao independentismo, essa segurança é a de manter a unidade do estado espanhol e a farsa da democracia por meio das armas se for preciso. O independentismo receve violência “legal” e a questão e se temos nós o direito a nos defender usando também violência. Vejamos, o independentismo é sempre suspeito e delictivo, é violência fazer um mural?, é violência uma manifestação?, e queimar uma bandeira espanhola? e prender lume a uma foto do rei? não, mas pode e um delito, mas, retirar e destruir símbolos franquistas?, ou romper um cristal de um comércio que não respeita os direitos lingüiticos dos seus trabalhadores?, e guindar pintura a sinais de tráfego monolingües em castelam? isso achega-se a violência se faz um independentista ainda que só seja bandalismo. E sabotar a maquina que faz as obras de uma piscifactoria situada num lugar de especial interesse natural?, e uma sabotagem nas obras do AVE ou num caixeiro de Caixa Galicia?, assim poder-ia-mos seguir, sem ter claro nunca quando sobrepassamos a linha que separa o legítimo direito de resposta ao estado espanhol e ao falso sistema democrático ou quando nos convertemos em terroristas assassinos que terminam por matar a um galego inocente, quem é quem de marcar o limite?. O independentismo, pese a ter a razão não tem médios de dar a conhecer a sua mensagem, e não tem outros meios de pressão em favor do povo, contra o capital e a falsa democracia que um certo uso da violência, o problema é distinguir o legítimo uso da violência e a psicopatía terrorista, e a hora de traçar esta linha influem numerosos factores subxectivos que impedem que nenhum de nós a ponhamos no mesmo lugar. Deve o independentismo renunciar ao uso da violência antes de desacreditarse perante a população galega?
Eu mas bem acho que é o respaldo da população galega a que nos premite marcar a linha, canto mas apoio social mas direito teremos a empregar a violência para nos defrontar ao capitalismo de espanholeiro. E hoje por hoje não contamos com esse apoio da sociedade galega, assim que é necessario esquecer o uso da violência, mas não os muitos métodos de pressiom considerados delictivos pela justiça espanhola e que têm como objectivo a luta pela justiça social e a democracia verdadeira e ao mesmo tempo o de ganhar adepcións entre a população que nos legitimem no avanço da nossa luta.

pepedaconcha #23 11/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

#21 Son 6 meses, o que se teñen dúbidas e se a condea son 4 anos e 3 meses e os 4 anos e 9 meses que se publican son o total, ou se esta condea son 4 anos e 9 meses os que hai que sumar os outros 6.

De todas formas a resposta a túa pregunta son 6 meses

condedecotobade #24 11/Novembro/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Grazas, pola informaciùon pepedaconcha.

casacu #25 11/Novembro/2008 casacu
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

parabens giana!!!! bemvida a casa!!!!

Menan #26 11/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



olangullo #27 11/Novembro/2008 olangullo
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Barcelos #28 11/Novembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Ponlle 3 anos, leva 4 anos e 9 meses, e aínda ten que esperar semanas para saír. Para que? Para que lle de tempo de despedirse de todos os amigos que fixo no cárcere?

Mentres, Rodriguez Menéndez de paseo en Arxentina con pasaporte expedido en Madrid, mentres estaba de permiso. Julián Muñoz libre forrándose co diñeiro das televisións privadas e as revistas e centos de casos máis...

Xustiza! onde?

pepedaconcha #29 11/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

A ver se deixamos as cousas claras, esta é a condea a Ugio Caamanho:

“1.- CONDENAMOS D. UXíO CAAMAÑO SANTISO como autor dum delito de DANOS com finalidade de subvertir a ordem constitucional às penas de TRÊS ANOS DE PRISOM e inabilitaçom absoluta polo tempo de nove anos, como autor dum delito de FURTO de USO de viatura a motor à pena de NOVE MESES e um dia de MULTA com a quota diária de seis euros e como autor dum delito de FALSIDADE em documento oficial à pena de UM ANO, NOVE MESES e um dia de PRISOM e MULTA de SEIS MESES e um dia com quota diária de seis euros. Absolve-se-lhe do delito continuado de falsidade documentária”.

Por tanto se lle condena a 4 anos e 9 meses, aos que hai que sumar 6 meses polo intento de fuga. Saen 5 anos e 5 meses. Leva cumplidos 3 anos e 3 meses.

Agora o bon, hai unha lei que di que se te xulgan e a túa condea e menos que o dobre do tempo que levas preso, que é neste caso, serían 6 anos e 6 meses e ten que cumprir 5 anos e 5 meses que se o abogado fai un recurso quedas libre.

Así que poderiamos estar falando que nun breve periodo Ugio poderá estar de volta no país.

redaccion #30 11/Novembro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

mnawe #31 11/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Majorinus #32 11/Novembro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Snif... Nom me emocionava tanto desde que liberarom o Nelson Mandela...

chairego #33 11/Novembro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Brais #34 11/Novembro/2008 Brais
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

É evidente que Vieiros nunca estivo a favor da violencia. Comprendo que a noticia ten que dala o que non teño tan claro é se debe abrir comentarios sabendo que á xente quéntanselle demasiado as neuronas. Que pena de debate.

chairego #35 11/Novembro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo -13 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



pucelano #36 11/Novembro/2008 pucelano
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

a nova hai que dala, é algo que importa a moitos galegos, mais que nada porque as nosas rúas están pintadas con diversos grafites relacionados con estes odus suxeitos. Eu nunca amparei a violencia e agardo e confío en que o meu xornal preferido Vieiros non o faga

Barcelos #37 11/Novembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Independentemente do meu comentario #28 sobre as inxustizas que ten a Xustiza española, producida polos atrasos esaxerados nos seus xuízos, quero manifestar que non sinto ningunha pena por esa xente que non lle importa pór bombas onde a maior parte dos galegos gardamos os cuartos e onde hai traballadores galegos.

Cando es novo todo paréceche marabilloso. Normalmente os maiores culpables son os que están detrás, traballando comodamente na sombra e enviando a estes pardiños a facer o traballo sucio. Como o exército español en Afganistán. Os culpables non son os soldados, que adoitan ser uns pringados, senón a cúpula militar e o goberno.

BonKarallan #38 11/Novembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

E agora ke? koma lhe devolve os días que estivo de máis? Sos deskontan da multa? o da próxima estancia, se volve? o ten dereito a kometer delitos ata os días que pasou de mais?

Ai minha nai que manada de parvos hai en ese país dalado!Tan tolos estos hispanos!

maleiro #39 11/Novembro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

karallan, debias chamarte caraján

k3ltoi #40 12/Novembro/2008 k3ltoi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

SANTI, XOSE LIBERDADE
FENDE * TESTAS NON VOS ESQUECE

Majorinus #41 12/Novembro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



FalaGalega #42 12/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

O crime de Ugio e Giana Gomes é non aceptar ser colonizados.
Foi loitar pola liberdade.
Toda a poboación da Galiza debe estar solidária con Ugio e Giana Gomes contra os crimes que o Estado español está a facer na Galiza xa hai varios séculos resultante da ocupación ilegal da nosa Patria..
Somos unha das poucas nacións colonizadas no mundo e estamos na Europa dita democrática.

Majorinus #43 12/Novembro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Ao comentário número 30, da redacção de Vieiros, que diz:

"En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras."

... uma das quais é fazer um novo sistema de valoração de comentários que oculta os que estão mal valorados, que evidentemente vão ser os contrários à linha dominante no meio.

Típico recurso de pensamento dominante.

Por isso, o rolho de que "em Vieiros creemos que a verdade non é propiedade de ninguén", e que a participación engade valor"... tururú, no te lo crees ni tú.

Majorinus #44 12/Novembro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Estamos a ter em tempos intolerantes. Um professor que conheço deu-me uma vez uma indicação que me foi boa para fazer-me pensar como a intolerância actua nas pessoas. Ele é judeu argentino, que escapou do seu país com a chegada da ditadura militar. os seus pais, por sua vez, fugiram da Ucrânia para a Argentina, na década de 40, para não acabarem nas cheminés crematórias. Há um par de anos, ele disse-me a seguinte frase: "no hace mucho tiempo que la intolerancia estaba bien vista"

Agora, vejam-se o comentário 31, de Mnawe, negativamente valorado por, pelo menos, 7 pessoas. Por que o valoram negativamente? As pessoas que clicam no voto negativo, provavelmente não são capazes de rebater o que Mnawe diz, e eles sabem-no, mas contudo "castigam-no" com o único com que podem fazê-lo: o seu voto negativo e a consequente ocultação. Por que? O problema é que o discrepante introduz um elemento de dúvida nos esquemas mentais deles, e o "correcto", para eles, é sancioná-lo por isso.

A intolerância está bem vista.

Majorinus #45 12/Novembro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



FalaGalega #46 12/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Sr Baltazar todo o que os patriotas galegos poidan facer ou tentado facer é ridículo en relación ao crime da colonización española da galiza.
Sr. Baltazar os crimes contra a Galiza feitos polo estado español comezaran o século XVI cando prohibiran o idioma galego na Galiza e trocaran os galegos por casteláns na administración pública.
Estes crimes non caducaram porque teñen sido continuados até hoxe.
Seguín-se tres séculos de represión intensa sobre os galegos, non podían falar era imposto que "hablasem".O genucídio étnico continuou.
As valas de cadáveres comúns aínda non levantadas? As multas por falar galego? As vivas obrigadas nas rúas da Galiza a punta de fusil á bandeira española, obrigando a gritar "arriba españa"? -Do asasinato de 190.000 galegos polas súas ideas políticas entre 1936 e 1967?
Aos nosos pais fusilados por defenderen a lingua da Galiza, non foi? ... que parvoice querer falar a súa lingua, non é? que parvoice defender a cultura....
Ah, xa non me lembraba, das rapazas que raparam-lle a cabeza por agochar republicanos...Das nais que violaran diante de todos , por seren "galleguistas"
A identidade que até hoxe é negada aos galegos . Aínda hai pouco tempo Rosa Díez dixo para toda a espanha ouvir: "Non nos interesa a identidade dos galegos"
Hoxe a RAG está a inventar un crioulo da castelán co galego para roubar o noso idioma nativo. Os crimes contra os galegos practicados polo estado español que comezaran o século XVI aínda non caducaram porque teñen sido continuados ese é un principio básico de Dereito que todos os señores xuíces saben e o señor Xusticeiro Baltazar sabe mellor que ninguén.
Coloque unha acción contra o estado español mostre que é homen e está do lado da xustiza e non do Poder.....

mnawe #47 12/Novembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



companheiradometal #48 12/Novembro/2008 companheiradometal
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

eu acho que o debate entre violencia sim, violencia nom esta mal formulado, primeiro porque esta é uma falsa alternativa e segundo porque ninguem negará a eficacia face a represom de metodos como a desobediencia civil, o boicote ou a insumisom mesmo actitudes individuais de disidencia, exílio interior, etc. Muito mal estariam os operarios sem as ocupaçons, piquetes, sabotagens, barricadas. Nom há mais que ve-los agora. O problema é que os fanáticos de deixar-se malhar chamam violencia ao que em definitiva é um acto de legitima defesa das vitimas contra a violencia do poder. Estes boy scout mais que negar a violencia como metodo, negam realmente a propria necesidade da luita. Quanta gente questionou nestes comentarios a violencia do Estado? Ou é violencia mais justa e redentora a que sofreu a Giana que segundo as leis deste Estado, deveria ter saido depois de cumprir 2/3 da sua condea, é dizer há ANO E MEIO. Nom sabemos em que mundo moramos...

Arroas #49 12/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa o dicía aquel pensador arxentino, King Africa: UN MOVIMIENTOoo SEEEXYY.. ..BOOMMMBAAA....
Ai, cant@ parv@ cría o pan de millo.....

galegasenprexuizos #50 12/Novembro/2008 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Agora que houbo sorte e soltaron a Giana e dentro de pouco a Ugio, espero que non se lles ocorra facer outra a eles nin a ninguén.

stavroguin #51 12/Novembro/2008 stavroguin
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



pucelano #52 13/Novembro/2008 pucelano
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



PoboCelta #53 13/Novembro/2008 PoboCelta
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#30 hai 1 dia redaccion

Estou completamente de acordo que a redacción de Vieiros apague comentarios con insultos, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre.
Porén estou en desacordo coa censura de ideas que defenden a liberdade e o dereito á autodeterminación da Galiza.
A colonización castelá xa é castigo suficiente para a Galiza.

PoboCelta #54 13/Novembro/2008 PoboCelta
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#30 hai 1 dia redaccion

Estou completamente de acordo que a redacción de Vieiros apague comentarios con insultos, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre.
Porén estou en desacordo coa censura de ideas que defenden a liberdade e o dereito á autodeterminación da Galiza.
A colonización castelá xa é castigo suficiente para a Galiza.

PoboCelta #55 13/Novembro/2008 PoboCelta
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Giana Gomes es unha Patriota.
Se non fose a colonización da galiza a túa vida era moi mellor. Nunca terías estado presa.
Os culpable son os colonialistas.
Se houbese xustiza era o estado español que debía estar a ser xulgado e condenado polos crimes practicados contra os galegos desde o século XVI sen parar até hoxe.

Verdade #56 13/Novembro/2008 Verdade
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Galiza para os galegos a colonización castelá é a causa de todos os males para os galegos.Uxia - Cantos na maré
http://br.youtube...
http://br.youtube...

Galiza non é España quen vén de fóra ve: Cantante da 5a Estación confunde Galiza com Portugal
http://br.youtube...

galleto #57 13/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



FalaGalega #58 13/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

#57 galleto
Non se sabe exactamente o que se pasou.
Cando unha nación está ocupada por outra a culpa do que acontece de mal é do ocupante.
Cal a nación que pacifiicamente a España a descolonizou?
Sen a galiza exercer o dereito á autodeterminación a ocupación españolista é ilegal e criminal.
Son contra a violencia mais quen a fai é o estado español.
Se fose exercido o dereito á autodeterminación non había bombas nin bombeiro.

galleto #59 13/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



teixugo #60 13/Novembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



teixugo #61 13/Novembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



teixugo #62 19/Novembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Levavam-os controlados vários dias, sabian em tudo momento onde é que estavam... mas ainda assim, deixaram-os andar para colhe-los no momento ajeitado e tentar-lhes arruina-la vida, que servisse a condenação como exemplo. Vaia merda de estado... temos...

Ugia BEM-VINDA.

A LUTA (NÃO ARMADA E ÚNICA) CONTINUA.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: