ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O COMITÉ ANUNCIOU ESTE VENRES A SÚA DECISIÓN

Galiza acollerá os Xogos Náuticos de 2010

A boa disposición das sedes e o feito de ser un ano Xacobeo foron claves para traer ao país os XVI Xogos Náuticos Intercélticos e do Espazo Atlántico.

Redacción - 19:20 14/11/2008
Imaxe da última edición, celebrada en Euskadi

Imaxe da última edición, celebrada en Euskadi

O comité organizador dos Xogos anunciou este venres no Porto que Galiza é o país elixido para a celebración da XVI edición no vindeiro ano 2010. As principais sedes dos Xogos serán Ribeira, Compostela, Pontevedra, Nigrán e Vigo. A boa comunicación entre as sedes foi un dos motivos que levou ao comité a elixir Galiza como país organizador. Mais o factor determinante foi o feito de ser este 2010 ano Xacobeo. Até a nosa terra chegarán equipos procedentes de 10 delegacións, como son Irlanda, Illa de Man, País de Gales, Cornualles, Escocia, Bretaña, Asturias, Galiza, Portugal e Euskadi. No acto tamén se anunciou que o País de Gales tomará conta da organización da XVII edición, no ano 2011.

Os Xogos Náuticos Intercélticos e do Espazo Atlántico son unha cita obrigada nos veráns dos países ou rexións participantes. Nacen coa intención de promover a práctica de algúns deportes náuticos e tamén de espallar e intercambiar a cultura céltica existente nos lugares que participaban. No ano 2007 Euskadi incorpórase ao evento, que engade "Espazo Atlántico" ao seu título orixinal de "Xogos Náuticos Intercélticos".

No seu 16º aniversario os Xogos visitarán Galiza por terceira vez, xa que foron celebrados en Ferrol, no ano 1997; e na comarca do Salnés, no 2004.


5/5 (2 votos)

Comentarios (1)

Angolano #1 18/Novembro/2008 Angolano
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A Galiza devia acolher os jogos da Lusofonia. Estive em Macau (China) e foi maravilhoso:
http://br.youtube...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: