Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Sería a XVI edición

Galiza podería organizar en 2010 os Xogos Náuticos do Espazo Atlántico

Os anteriormente coñecidos como Xogos Intercélticos desenvolvéronse este ano en Euskadi. Xuntan os diversos deportes náuticos.

Redacción - 19:00 21/10/2008
Os países participantes neste xogos

Os países participantes neste xogos

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o xerente da Fundación Deporte Galego, Xabier Rico, estarán esta cuarta feira en Brest (Bretaña) para asistir á xuntanza do Comité Internacional dos Xogos Náuticos Intercélticos e do Espazo Atlántico.

Alí han presentar a candidatura de Galiza como país organizador e sede dos Xogos para 2010. os últimos xogos desenvolvéronse este verán nas vilas de Getxo e Sopelana, en Euskadi, e Galiza desprazou a máis de 70 mozos e mozas para participar.

Os Xogos Náuticos do Espazo Atlántico
Até o ano 2007 este evento denominábase Xogos Náuticos Intercélticos, e nel participaban as rexións e países celtas (o País de Gales, Galiza, Cornualles, Escocia, Asturias, o Norte de Portugal e Irlanda). En 1997 desenvolvéronse por primeira vez en Galiza, na cidade de Ferrol, e no 2004 no Salnés. Porén, dende o ano pasado Euskadi pasou a facer parte do conxunto de delegacións participantes, polo que os xogos acrecentaron o seu nome con tres verbas máis: "do Espazo Atlántico".

Os Xogos son, principalmente, un gran encontro dos deportes náuticos -vela, surf, kaiak, remo...- e tamén das culturas celtas, e téñense convertido nun evento ineludíbel nos veráns da Europa Occidental. Cada ano, entre 600 e 800 competidores, acompañados de varios grupos de músicos e de bailaríns da súa terra, xúntanse nun ambiente cordial, amigábel e deportivo. Os Xogos están recoñecidos polas Federacións Internacionais dos deportes náuticos.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Comentarios (4)

Ghaviotero #1 22/Outubro/2008 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, unha boa nova, máis cando nos enfrontaremos contra España?
Digo, enfrontarse con Asturias está moi ben, pero non deixa de ser unha caste de campionato rexional.

http://pueblosenlucha.blogspot...

Xistral #2 23/Outubro/2008 Xistral
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Iso, para deixalos en rídículo.
E ver a Gaviotero ondeando a súa bandeira española co aguilucho.

mineru #3 24/Outubro/2008 mineru
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quien deja en ridiculo a quien?

Ghaviotero #4 25/Outubro/2008 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non entendiche mineru? Deixar en ridículo a España.

Non sei se es indepe, pero non tes porque andar sempre á greca. E podes escribir en asturianu aquí.

http://pueblosenlucha.blogspot...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: