Xa se pode ver en youtube un adianto do vídeo realizado por Lara Bacelo da lectura do poemario, nacido nun blog e publicado por Positivas.
Eduardo Estévez dixo hai uns días en Vieiros que quería "devolver á rede" o seu poemario Construcións, o mesmo que nacera nun blog como experiencia de construción colaborativa e de work-in-progress. A presentación do libro, editado por Positivas consistiu nunha lectura a cargo do propio Estévez na Casa das Crechas de Santiago de Compostela. Ao acto acudiron moitos amigos do autor, os mesmo que dun xeito ou outro participaran na creación, a través dos seus comentarios. Estaban, por exemplo, Estevo Creus, Antía Otero ou Mario Regueira.
Lara Bacelo encargouse de gravar o vídeo, do que xa se pode ver un adianto en youtube.
¡Pero qué carallada é esta! Nace na rede, publícase en papel e volve á rede. Din que mellorado. Ou sexa, que o papel fai que mellore a rede. ¡Estes ghichos tan tolos!